Pechamos a XXV edición da nosa Semana Cultural con dúas interesantísimas charlas sobre bioenerxética e medicina xenómica a cargo de Miguel Santiago Alonso e Ángel María Carracedo.
23/03/18
22/03/18
SEMANA CULTURAL, XOVES
Comezamos xornada coa proxección da longametraxe A lingua das bolboretas de José Luís Cuerda. A continuación teremos un obradoiro de xornalismo a cargo de Olalla Liñares e unha charla sobre a inclusión educativa e social impartida por Lucía Casal de la Fuente.
21/03/18
SEMANA CULTURAL, MÉRCORES
20/03/18
SEMANA CULTURAL, MARTES
19/03/18
SEMANA CULTURAL, LUNS
Iniciamos a XXV edición da Semana Cultural do IES de Curtis con dous obradoiros de olería e cestería. Na sesión da tarde contaremos coa presenza de Marisa del Río que compartirá os seus coñecementos sobre publicidade co alumnado e o profesorado integrante do equipo de biblioteca.
11/03/18
ENCONTRO CON MARISOL ORTIZ DE ZÁRATE
Nesta segunda semana que xa remata tivemos a sorte de poder abrirlle as portas da nosa biblioteca á novelista vasca Marisol Ortiz de Zárate, quen nos contou como entrou no mundo da literatura, como se fixo escritora e de onde arrincan os motivos que inspiran algunhas das súas narracións.
Como viaxa con certa frecuencia, esas viaxes e o que observa nelas sérvenlle a miúdo como fonte de inspiración: agora entendemos por que La Canción de Shao Li está ambientada en Londres e Las lágrimas de la matrioska en Kiev...
Esta "contadora de historias" -é como ela se define- e gran lectora da inmensa obra de J. Verne recomendou ao seu público xuvenil a obra Hoyos, de Louis Sachar, escritor no que se inspira con frecuencia á hora de crear novas ficcións.
Desde aquí dámoslle as grazas por compartir con nós as claves do seu oficio e dos seus atractivos mundos de ficción.
09/03/18
QUEN É ESA MULLER? (VENRES, 9 DE MARZO)
E hoxe chegamos xa ao remate do concurso, so queda adiviñar a identidade destas catro mulleres. Xa vedes que pasou moi, moi rápido. ¡ Moita, moita sorte e grazas pola vosa participación !
07/03/18
QUEN É ESA MULLER? (MÉRCORES, 7 DE MARZO)
Xa estamos no terceiro día de concurso e vemos que sodes uns bos investigadores. Aquí vos deixamos un novo reto. Esperamos que o resolvades con éxito!
06/03/18
QUEN É ESA MULLER? (MARTES, 6 DE MARZO)
Aquí vos deixamos as pistas de hoxe. Veña, equipos, veredes como o conseguides!
Non esquezades entregar na biblioteca, ao longo do día de hoxe, as respostas de onte; recollede, cando as deixedes, as novas tarxetas.
04/03/18
QUEN É ESA MULLER ( LUNS, 5 DE MARZO)
Aquí vos deixamos as pistas e as imaxes que vos axudarán a descifrar a identidade das catro mulleres propostas para o día de hoxe. Cando teñades a solución, escribídea nas tarxetas. Moita sorte e a conseguir o maior número de acertos posible!
RECITANDO A ROSALÍA
No IES de Curtis queremos contribuír á homenaxe colectiva rendida a Rosalía de Castro co motivo do aniversario do seu nacemento (Día de Rosalía). Compartimos estas creacións do alumnado en formato de vídeo a xeito de mostra representativa da nosa resposta á convocatoria espallada polas redes de recitado de poemas rosalianos.
Marcos Bermejo de 3º ESO A e Leonardo Ríos de 4º ESO B poñen voz a dous dos seus poemas: "Pasa río, pasa río" de Cantares gallegos e "Soia" de Follas Novas.
.
01/03/18
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas






















