Desde Curtisbiblio estamos integrando a celebración do Día do Libro nun proxecto maior, a difusión do Patrimonio Cultural Europeo neste ano 2018. Nesta liña podedes atopar nos andeis expositores da nosa biblioteca unha mostra das diversas literaturas do continente; ademais, ao longo da semana, publicaremos neste blog videorecensións sobre títulos da literatura europea elixidos voluntariamente polo noso alumnado.
Non esquezades visitarnos. Paga a pena! E se non o credes, aquí vos deixamos o vídeo-presentación feito polos nosos rapaces...
Tamén
queremos facer un agasallo aos lectores do noso IES: desde
hoxe, ó carón da entrada da biblio, hai unha mesa con libros
de distinto tipo e temática (divulgación científica,
literatura...) para quen os queira "adoptar". Trátase de
exemplares procedentes de expurgos de bibliotecas e de doazóns de
libros de segunda man. Só se pide que non se leve máis dun exemplar
por persoa e que o libro sexa ben acollidos na súa nova casa... Que
non é tanto pedir!
Ningún comentario:
Publicar un comentario