Curtisbibio e o Club de Lectura Fendetestas queren
lembrar a memoria do escritor Xabier P. Docampo falecido no día de onte.
Tivemos a honra de contar en varias ocasións coa súa presenza no no noso centro
e de deleitarnos coas historias que nos contou. Recuperamos do noso arquivo unha fotografía do súa última visita.
Obras como O misterio das badaladas, O pazo baleiro, O país adormentado, A illa de todas as illas, A nena do abrigo de astracán... poboan os andeis da nosa biblioteca e forman parte do noso patrimonio cultural. Unha das máis coñecidas
é, sen dúbida, Cando petan na porta pola
noite. Este conxunto de relatos foi proposta de lectura no noso club en
varias ocasións. Queremos lembrar, a xeito de homenaxe, a referencia ao fermoso epílogo deste libro no que o autor fala daquelas cousas que o
atemorizan e a versión persoal que fixo do mesmo un grupo do noso Club de Lectura.
Nós
temos medo a…
Á morte
Ás enfermidades
A durmir e non espertar
A perder a memoria
A quedar só
Ás abellas, ás avespas, aos ratos…
A que desaparezan os animais
Aos tolos
Ao manicomio
A que me tomen por tolo
A deixar de ser un neno
A perder a imaxinación
A suspender un exame ou unha
materia
Á deforestación
A que me enterren vivo
Aos xihadistas
Á eternidade
Á nada
..............
E vós, a
que lle tedes medo?
Fendetestas de 1º ESO curso 2014-2015
Ningún comentario:
Publicar un comentario