Cando aínda resoan os ecos da
celebración do Día Contra a Violencia de
Xénero, cómpre lamentar, por desgraza, unha nova vítima que pasa a engrosar a
cruel listaxe. De novo, unha muller que
non puido exercer o seu dereito de circular libremente pola vida. Unha historia persoal truncada, unha familia devastada
e unha sociedade conmocionada e indignada.
No IES de Curtis quixemos erguer a nosa
voz lembrando a Laura Luelmo, profesora de Educación Plástica
asasinada en Huelva.
Ningún comentario:
Publicar un comentario