A nosa biblioteca é un lugar de
movemento incesante ao longo de todo o curso. Un punto de encontro onde podemos
tranquilamente ler un libro, facer as tarefas, conectarnos a
Internet, levar libros ou películas en empréstito ou devolvelos...
Nos últimos días, coa chegada dos exames trimestrais, a actividade
incrementouse notablemente chegando a ser desbordante. Ata foi
necesario habilitar a mesa redonda da
dependencia anexa como lugar de estudo.
Non podemos deixar de comentar o marabilloso que é ver a biblioteca ateigada e non nos puidemos resistir a deixar
testemuña gráfica do afán co que rapaces e rapazas aproveitan ata o último
minuto de repaso.
Ánimo! Seguro que o esforzo terá a merecida recompensa!
Ningún comentario:
Publicar un comentario