10/12/19

COMA SEMPRE, EN DEFENSA DOS DEREITOS HUMANOS

   

     Hoxe, 10 de decembro, é o Día Mundial dos Dereitos Humanos. Coma sempre desde a biblioteca do noso IES poñemos o noso grao de area para que cada día a nosa comunidade educativa sexa máis sensible co respecto aos dereitos das persoas nos diferentes campos da súa vida.  


    Para iso mostramos os carteis da zona da entrada onde, ademais de imaxes e poemas , podedes ler a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Xa dentro da zona de lectura e traballo, atoparedes unha mesa con literatura e cine ó servizo da loita pola dignidade humana, sexa cal sexa a raza, o idioma ou a cultura dos personaxes que animan as páxinas e as imaxes.


  

      Para rematar, aquí vos deixamos o enlace a dez vídeos con cancións que recollen mensaxes a prol dos dereitos humanos. Sempre é útil escoitalas... na casa e nas aulas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas