09/04/22

E TI, SABES LER...PUBLICIDADE? VERSIÓN 2022

 

    Nesta Semana Cultural que vén de rematar, como xa é habitual, levamos adiante unha nova edición do Obradoiro de lectura crítica de publicidade E ti, sabes ler...publicidade? Incorporamos, coma sempre, mensaxes publicitarias de plena actualidade. Nesta ocasión destinouse ao alumnado de 3º de ESO e de 1º de BACHARELATO cunha duración de dúas sesións por curso. Obviamente, non se poden proxectar todos os anuncios seleccionados: están postos aí para que cadaquén escolla os que mellor lle parezan. No guión onde se explica como combinamos nós a parte expositiva da presentación coa proxección de anuncios, aparecen destacados en amarelo os que finalmente manexamos nós, condicionados pola duración da actividade e, como non, polo tema e a estética que cremos que pode conectar mellor co alumnado.  

Finalmente, como xa fixemos o curso anterior, elaboramos unha versión en galego e outra en castelán da presentación,  para que o profesorado que bote man destes materiais poida escoller aquela lingua que mellor se adapte aos seus fins. 


 

Aquí vos deixamos enlaces a todos os materiais empregados. Non dubidedes en utilizalos se son do voso interese:

PRESENTACIÓN EN GALEGO

 PRESENTACIÓN EN CASTELÁN

ANUNCIOS DISPOÑIBLES PARA USAR NA PRESENTACIÓN

GUIÓN PARA EXPOÑER A PRESENTACIÓN E COMBINALA COA PROXECCIÓN DE ANUNCIOS 

FICHA DE ANÁLISE PARA ANUNCIOS (INDIVIDUALIZADA)  

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas