Para rematar o curso, Curtisbiblio oferta o seu novo Menú de verán cun feixe de lecturas que esperamos que vos gusten.
19/06/26
29/05/26
AQUAMANÍA: O PODER DA APRENDIZAXE INTERDISCIPLINAR
A presenza dun acuario na nosa biblioteca non só concita a diario a curiosidade do noso alumnado, senón que está dando tamén un importante rendemento didáctico. A participación do noso IES en Voz Natura trouxo consigo a elaboración dun proxecto arredor deste pequeno ecosistema, asentado sobre a colaboración interdisciplinar dos departamentos de Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía, Informática e Debuxo.
Partindo da idea de que un acuario non é sen máis un recipiente con auga e peixes, senón un hábitat complexo no que interactúan organismos vivos e factores físico-químicos, o proxecto Aquamanía nace co obxectivo de recrear o equilibrio entre estes dous factores dentro dun entorno educativo.
O alumnado pode así observar directamente procesos naturais coma a fotosíntese, o ciclo do nitróxeno ou as relacións tróficas. Un dos materiais elaborados dentro desta proposta didáctica é un rechamante e motivador xogo de mesa educativo que vén reforzar os contidos aprendidos de xeito dinámico e participativo.
26/05/26
ROTEIRO LITERARIO POLAS TERRAS DE ROSALÍA DE CASTRO
Os rapaces de 3º de ESO e de 1º de Bacharelato do IES de Curtis visitamos a Casa Museo de Rosalía de Castro e realizamos tamén un pequeno roteiro polas rúas de Padrón. Alí contemplamos a fermosa estatua que a autora ten na vila e casa da Rúa do Sol na que pasou parte da súa infancia. Despois de ver a Casa Museo nunha interesante visita guiada, desprazámonos ata o cemiterio da Adina para descubrir a placa que lembra que Rosalía estivo alí soterrada antes de ser trasladada ao Panteón de Galegos Ilustres.
En definitiva, foi unha saída ben interesante que nos serviu para mergullármonos de cheo na figura da nosa poeta máis universal. Sempre Rosalía!
Velaquí unha breve crónica fotográfica da actividade.
20/05/26
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
A celebración do Día das Letras no IES de Curtis consistiu nunha actividade centrada na escritora e xornalista Begoña Caamaño. Acompañamos esta homenaxe dedicada á autora de Circe ou o pracer do azul e Morgana en Esmelle coa proxección de varios vídeos de música galega como a canción do grupo Malvela en colaboración coa cantante Uxía que leva por título "Begoñísima" e coa de "Matriarcas" de Guadi Galego. A nosa achega a esta celebración veu da man da actuación musical das pandereiteiras de 2º ESO que nos deleitaron coas súas magníficas interpretacións.
A actividade complementouse coa exposición de libros en galego realizada en Curtisbiblio e coa mostra sobre as orixes da escritura a cargo do Equipo de Dinamización Lingüística.
24/04/26
REVOLUCIÓN DOS CRAVOS
Durante o mes de abril, os/as alumnos/as de portugués de 1ºBACH estiveron preparando unha exposición para conmemorar o 52 aniversario da Revolución dos Cravos portuguesa, que puxo fin a 48 anos de ditadura, a máis longa de Europa.
Cada grupo centrouse nunha disciplina artística concreta. Eis os resultados:
- Filmes do 25 de Abril, por Antía Gómez e Iria Roade.
- Poesia do 25 de Abril, por Gonzalo Espiñeira e Miguel González.
- Música do 25 de Abril, por Carme Roel e Alba Sánchez.
- Artes plásticas do 25 de Abril, por Lucía Oliver e Juliana Díaz.
22/04/26
PRIMEIRO QUERO LER, DESPOIS VOU LER UN POUCO E SEGURAMENTE ACABE LENDO...
Un ano máis festexamos o Día do Libro e, con tal motivo, algúns profesores e a nosa rapazada recoméndamosvos, a partir da experiencia lectora de cadaquén, títulos que vos poden ser ben proveitosos. Que vivan os libros! Que sería de nós sen ese tesouro tan cercano como marabilloso?
10/04/26
07/04/26
CONCURSO A VER SE O SABES
Entre as actividades da Semana Cultural, dende a biblioteca organizamos o concurso A ver se o sabes dirixido ao alumnado de 2ª de ESO. Contamos coa colaboración de diferentes departamentos para a creación das preguntas, nas que intentamos recoller aspectos culturais variados.
ENCONTRO LITERARIO CON ANTÍA YÁÑEZ
Dentro das actividades da Semana Cultural do IES de Curtis puidemos contar coa presenza da escritora Antía Yáñez que nos falou dos seus libros Senlleiras e O clan das barbies. O encontro, organizado polo Club de Lectura en colaboración co departamento de Lingua Galega e Literatura, desenvolveuse na biblioteca. A autora falounos das súas obras poñéndoas en relación co tema das desigualdades aínda existentes na sociedade actual. Acompañou a súa exposición dunha presentación con recortes de prensa da época na que se ambienta Senlleiras e tamén da actualidade. Nestas noticias evidenciábanse os estereotipos presentes en casos de violencia de xénero.
Moitas grazas Antía pola túa amabilidade e por compartir connosco tan interesantes reflexións!
31/03/26
VISITA A BETANZOS
O pasado 26 de marzo a rapazada do IES de Curtis puido desfrutar dunha visita ao Museo das Mariñas e dun percorrido polo casco vello da vila betanceira. A nosa guía Elena, técnica de cultura do Concello de Betanzos, acompañounos nunha visita ben entretida na que descubrimos moitos recunchos e datos ben interesantes. Moitas grazas pola súa simpatía e amabilidade!
27/03/26
UN ANO MÁIS A VOLTAS COA PUBLICIDADE
Nesta Semana Cultural volvemos a usar a publicidade actual coma ferramenta para facer medrar a capacidade crítica do noso alumnado de 1º de bacharelato.
Nunha actividade promovida polo equipo de biblioteca a rapazada deste curso, tras unha primeira parte teórica sobre técnicas e linguaxe publicitaria, aborda en gran grupo a análise de anuncios actuais en formatos diversos (icónico, audiovisual...) buscando teses, tipos de argumentos, falacias emocionais, contidos subliminais... Con todo iso, seguimos traballando para termos cidadáns reflexivos e críticos nesta complexa sociedade inundada de información.
PRESENTACIÓN ACERCA DE COMO LER PUBLICIDADE
11/03/26
MULLERES (8 M)
Deixamos aquí, tamén, para todo o profesorado que queira acceder a materiais para traballar desde as aulas todo o que conleva o espírito do 8M os seguintes enlaces:
PROPOSTAS DIDÁCTICAS DESDE STEG
UN POUCO DE TODO: CINE, INVENTOS, PREMIOS NOBEL...
06/03/26
Lectura de Pardalita de Joana Estrela
Durante esta segunda avaliación, os/as alumnos/as de portugués de 1ºBach desfrutaron dunha lectura conxunta da banda deseñada Pardalita, da ilustradora e escritora portuguesa Joana Estrela. Con esta obra, que ten como tema central a descuberta da identidade durante a adolescencia, os/as alumnos/as puideron tamén coñecer expresións e vocabulario informal máis próximo á sua realidade e á sua forma de se comunicar no día a día.
Despois da lectura, cada alumno/a escolleu o seu momento favorito da historia e acompañouno dunha imaxe do libro.
- Iria Roade, 1º Bach-B:
Uma das minhas partes favoritas é quando Raquel entra no grupo de teatro com a Pardalita. No início está muito nervosa e quase não fala, mas pouco a pouco vai encontrando um lugar onde pode estar sem fingir, onde se sente confortável sendo ela própria. Gosto desta parte porque mostra que crescer às vezes não é mudar de personalidade, mas encontrar um espaço onde pertencemos.
- Miguel González, 1º Bach-B:
A minha parte favorita foi quando Raquel e a sua amiga Luísa cortaram o cabelo uma à outra. É divertida e marca um punto de inflexão na história.
- Alba Sánchez, 1ºBach-A:
A parte da que mais gosto está na parte final do livro, na qual se descobre quem é a Pardalita. É a minha parte preferida já que até o momento em que a Raquel não faz referencia à rapariga chamando-lhe Pardalita não se sabe a que se refere o pseudónimo: se a um sentimento, a uma pessoa…
- Antía Gómez, 1º Bach-B:
A minha parte favorita do livro for o seu final, pois a Raquel mostra a sua grande mudança: termina uma relação na qual não se sente bem e descobre os seus sentimentos pela Pardalita. Um gesto cheio de valentia-
- Carme Roel, 1º Bach-B:
A minha parte favorita do livro é a do final onde Pardalita e Raquel terminam juntas falando e sentadas olhando para o mar porque porfim confesam os seus sentimentos e dá-se a entender que são correspondidas e terminam juntas. Além disso, nesta parte vemos o crescimento pessoal da Raquel e como aprendeu a gestionar os seus sentimentos, compreender o que sente e ver que não tem de ter vergonha ou medo por isso. Esta situação reflete a realidade emocional da adolescência.
- Gonzalo Espiñeira, 1º Bach-B:
A minha parte favorita é quando Pardalita começa a perceber e a aceitar os seus sentimentos, mesmo sentindo medo do julgamento dos outros. Gosto deste momento porque mostra a vulnerabilidade da personagem de forma muito realista. Essa parte é especial porque representa o amadurecimento.
- Juliana Díaz, 1º Bach-B:
A minha parte favorita é quando Raquel e Pardalita ficam juntas. Nesta cena, depois de todas as dúvidas e nervosismo, elas expressam os seus sentimentos e mostram que o amor é correspondido. Mostra o final feliz: a aceitação dos sentimentos de Raquel e a felicidade de poder estar com quem se ama.
- Lucía Oliver, 1º Bach-B:
A minha parte favorita é o final da história, em que Raquel e Pardalita terminam juntas com os seus sentimentos declarados e partilhados. A última imagem do livro mostra às raparigas sentadas juntas, olhando para o mar. Isto mostra uma etapa da nossa vida que começa quando procuramos a nossa identidade e termina de tal forma que ficamos bem connosco mesmos.
10/02/26
SEMPRE ROSALÍA...
Unha vez máis celebramos o Día de Rosalía enchendo de poesía os corredores da biblioteca. Este ano contamos coa exposición elaborada pola Deputación da Coruña grazas á xestión do Equipo de Dinamización do centro. A través dos paneis que compoñen a exposicion podemos achegarnos á vida e obra da nosa poeta máis universal.
30/01/26
COÑECER PARA NON VOLVER A TROPEZAR NA MESMA PEDRA...
28/01/26
DÍA DA ILUSTRACIÓN 2026
O día 30 de xaneiro celébrase o Día da Ilustración. Esta edición está dedicada ao debuxante, pintor, xornalista e escritor Siro López. Compartimos os carteis elaborados polo Departamento de Plástica en colaboración co Equipo de Dinamización do centro para difundir esta efeméride.
17/12/25
15/12/25
ANIVERSARIO DE JANE AUSTEN
Jane Austen foi unha novelista inglesa nada o 15 de decembro de 1775 en Stevenson, Hampshire. É amplamente recoñecida polas súas agudas observacións sobre a sociedade do seu tempo e a súa habilidade para retratar as complexidades das relacións humanas. A pesar de ter vivido nunha época na que as mulleres tñan poucas oportunidades para desenvolver unha carreira literaria, Austen escribiu seis novelas completas que se converteron en clásicos da literatura inglesa. As súas obras foron publicadas, principalmente, de xeito anónimo durante a súa vida. Destacan polo seu enxeño, ironía e crítica social.
Jane Austen faleceu o 25 de xullo de 1817 en Winchester, deixando un legado perdurable que segue engaiolando a lectores de todo o mundo.
Dende Curtisbiblio queremos render unha homenaxe a esta escritora no aniversario do seu nacemento con esta pequena exposición:





















.jpg)









