27/11/25
24/11/25
CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, SEMPRE!
Como facemos todos os cursos, desde o equipo de biblioteca facilitámosvos o acceso a unha serie de recursos que son, sen dúbida, ferramentas ben útiles para facer que o noso alumnado contribúa a crear unha sociedade máis xusta, onde as mulleres se vexan ceibes do maltrato e de quen o executa:
CANDO CRES QUE NON... (VÍDEO DE PUBLICIDADE INSTITUCIONAL)
PREME AQUÍ para accederes a unha listaxe de materiais extraídos da rede, con diferentes propostas (cine, cómic, cancións, disposicións legais,,,) destinadas a diferentes etapas educativas. O traballO con calquera deles nas aulas contribuirá a facer cidadáns máis reflexivos e máis respectuosos.
18/11/25
MES DA CIENCIA EN GALEGO
24/10/25
CELEBRANDO O DÍA DAS BIBLIOTECAS
Un ano máis chega o Día das bibliotecas e non queremos pasalo por alto: a biblioteca no noso IES, coma noutros moitos, é un espazo vivo, onde profesorado, alumnado e persoal non docente atopa diferentes opcións acordes ás súas necesidades, apetencias ou gustos. A nosa é unha BIBLIOVIVA!!
Enchemos, ademais, os paneis de referencias a este marabilloso espazo e poñemos novamente a disposición da comunidade educativa o baúl cos LIBROS PARA VÓS, iniciativa xa clásica no noso centro, onde aproveitamos donacións para poñelas a disposición de quen queira levalas en propiedade e integralas na súa biblioteca particular.






