Amosando publicacións coa etiqueta Biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Biblioteca. Amosar todas as publicacións

30/09/21

AS BIBLIOTECAS E AS PALABRAS

     

    Recollemos a fermosa proposta do cartel (Pablo Otero) que nos achegan dende Bibliotecas Escolares  e reivindicamos o poder da palabra como eixo central da nosa biblioteca. 

    As palabras enchen os nosos andeis e, asemade, están presentes nas múltiples actividades que desenvolvemos ao longo do curso. Nesta liña, traballaremos para converter cada vez máis o noso espazo nun lugar de diálogo, de debate,  de intercambio de impresións, de lecturas compartidas, de recitais, de  encontros...

    En definitiva, unha biblioteca onde o alumnado tome a palabra.

24/09/19

ESTAMOS DE VOLTA

     Un ano máis Curtisbiblio abre as súas portas para iniciar un novo curso. Comezamos co empréstito de libros, alta de novos membros, recolocación de andeis... Asemade, os integrantes do equipo de biblioteca,  estamos a organizar a formación de usuarios e a celebración do Día das Bibliotecas. 
     Xa que, de momento, os exames non se albiscan moi próximos, a rapazada aproveita para  conversar  e compartir experiencias e lecturas neste espazo de cultura e lecer.

 

12/12/18

CHEGARON OS EXAMES...


      A nosa biblioteca é un lugar de movemento incesante ao longo de todo o curso. Un punto de encontro onde podemos tranquilamente ler un libro,  facer as tarefas, conectarnos a Internet,  levar libros ou películas en empréstito ou  devolvelos... Nos últimos días, coa chegada dos exames trimestrais, a actividade incrementouse notablemente chegando a ser desbordante. Ata foi necesario  habilitar a mesa redonda da dependencia anexa como lugar de estudo.  Non podemos deixar de comentar o marabilloso que é ver a biblioteca  ateigada e non nos puidemos resistir a deixar testemuña gráfica do afán co que rapaces e rapazas aproveitan ata o último minuto de repaso. 

      Ánimo! Seguro que o esforzo terá a merecida recompensa!







19/05/12

Novo servizo de empréstito para os fondos da Biblioteca de Galicia





A Consellería de Cultura porá a disposición de todos os galegos os fondos da Biblioteca de Galicia, da Cidade da Cultura, a través dun servizo de empréstito interbibliotecario.
Así informou, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, o presidente, Alberto Núñez Feijóo, que garantiu que este sistema fará "máis eficaz" os servizos de empréstito dos fondos da biblioteca, que inclúen tanto a colección xeral como a colección especializada destinada a profesionais de bibliotecomanía, arquivística, documentación e museoloxía, en total máis de 20.000 títulos e 39.000 exemplares. Así mesmo, a Biblioteca de Galicia puxo en marcha un novo servizo específico para o empréstito aos cubs de lectura.
O Consello da Xunta emitiu este venres o informe sobre o funcionamento deste sistema de empréstito, co que o departamento de Cultura fomenta a colaboración entre os centros da Rede de Bibliotecas de Galicia e achega a todos os galegos os fondos do seu catálogo co obxectivo de difundilos.
No marco deste servizo, a Xunta fixo fincapé na colección profesional da Biblioteca de Galicia, que comprende os fondos relacionados cos ámbitos da bibliotecomanía, a documentación, a arquivística e a museoloxía. O empréstito desta colección, que inclúe 4.104 títulos, é un novo servizo.

  Fonte: GaliciaHoxe.com 18.05.2012
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas