Amosando publicacións coa etiqueta Emilia Pardo Bazán. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Emilia Pardo Bazán. Amosar todas as publicacións

29/09/11

MERECIDA HOMENAXE Á FIGURA DA PARDO BAZÁN

  A TVG vén de presentar onte no teatro Rosalía de Castro de A Coruña a longametraxe Emilia Pardo Bazán: a condesa rebelde. O feito non resulta en absoluto intrascendente, se temos en conta que é a primeira vez que a vida desta escritora se traslado ao audiovisual.
A directora, Zaza Ceballos, presenta un traballo que rezuma calidade e rigor a partes iguais, á hora de retratar a loita desta muller que se adiantou, con gran valentía, ó seu tempo: un exemplo de proxecto persoal levado adiante ata ó inimaxinable que debería facernos reflexionar sobre o valor do esforzo e a determinación persoal.
Feita para a Televisión de Galicia, emitirase tamén noutras canles autonómicas. Altamente recomendable.

A condesa rebelde

13/04/11

Hoxe connosco: Xulia Santiso Rolán - Conservadora da Casa Museo Emilia Pardo Bazán

Naceu en Vilagarcía de Arousa, Pontevedra. Dende hai anos reside na Coruña.
Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago, especialidade Museoloxía.
Especialista en Arte Contemporáneo.
Autora de numerosos artigos e conferencias en torno á figura de Emilia Pardo Bazán.
Dende o ano 2000, Conservadora da Casa Museo Emilia Pardo Bazán.
Premio Pedra do Destino 2008 á defensa, conservación e divulgación do Patrimonio Cultural de Galicia concedido pola Asociación de Amigos dos Museos de Galicia.


A Casa Museo, entidade pública que depende da Real Academia Galega, está ubicada no primeiro piso da na vivenda familiar da condesa, no número 11 da rúa Tabernas de A Coruña.
O proxecto da Casa Museo, con Xulia Santiso á cabeza, ten dous obxectivos: a musealización, que presenta e contextualiza a súa figura, e a dinamización, que formula iniciativas que a inclúen no espazo sociocultural que por dereito lle corresponde.
En xeral móstrase o universo íntimo da autora en espazos historicistas e, utilizando unha radical posta en escena, faise fincapé na súa faceta literaria.
O museo pretende ser anfitrión de experiencias sempre gratificantes, por iso priorízase a faceta educativa e propóñenllela aos visitantes que o desexen.


Enlaces:




24/09/10

Achegas á obra de Pardo Bazán


Emilia Pardo Bazán a autora de Los pazos de Ulloa (1886) chegou a escribir sobre a distancia que afastaba a conciencia nacional galega e a catalá e que sintetizaba na ausencia de usos cultos da lingua de Galicia: "No así en Cataluña, donde todas las clases sociales, para todos los usos de la vida, se sirven del habla provincial". O profesor Yago Rodríguez Yáñez vén de exhumar un texto que modifica "un pouquiño" esta imaxe. Na primeira plana do número 693 do xornal bonaerense Correo de Galicia, o 3 de agosto de 1919, aparecía un artigo asinado pola Pardo Bazán de título A música galega.
O artigo refírese á "idiosincrasia rexional" a través de compositores como Pascual Veiga -o autor da melodía do Himno Galego- ou Juan Montes -o compositor de Negra Sombra sobre o célebre poema de Rosalía de Castro-. Salienta o investigador, que, amais da lingua empregada "chea de castelanismos e dialectalismos" "Chega a falar da defensa da terra".

25/11/08

El indulto


Antonia é unha muller moi humilde que traballa como asistenta e leva a diario a roupa a enxaboar no lavadoiro público de Marineda, aterecida polos fríos do inverno. O seu propio marido asasinou á súa nai e paga a súa pena no cárcere, mentres ela vese condenada a sobrevivir en condicións de extrema miseria criando a un pequeno. A pobre muller confía en que vinte anos é abondo para curar o medo. Pensa ela que pode o seu home morrer no cárcere, ou podo morrer eu, ata aló falta moito tempo aínda. A morte natural nunca a asustou: só a aterroriza de verdade a posibilidade da volta do cónxuxe criminal.
O nacemento dun herdeiro de El-Rei, facilita un indulto que deixa ao preso libre na rúa. A Xustiza dálle ademais o dereito a compartir a casa onde vive a súa muller e onde el cometera noutrora o seu grave delito. Antonia vive angustiada, pensando na hora dese regreso, temendo ser ela a próxima vítima da violencia do bruto liberado. Chega o día fatídico e é obrigada a acollelo no fogar e a compartir leito co asasino. El non chega a matala. O corazón non puido máis: Antonia morre de medo.
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas