Amosando publicacións coa etiqueta Día das bibliotecas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día das bibliotecas. Amosar todas as publicacións

24/10/21

NON ESQUEZAMOS O VALOR DAS NOSAS BIBLIOTECAS

 

    

    O 24 de outubro vénse celebrando, desde o ano 1997, o Dia das Bibliotecas. Trátase dunha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o Ministerio de Cultura e as administracións autonómicas.


    A Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2021:


    "A edición deste ano, baixo o lema Bibliotecas: ler, aprender, descubrir”céntrase en destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e o coñecemento, a partir da lectura e do conxunto de recursos que permiten a aprendizaxe e posibilitan o descubrimento doutras ideas, outras persoas, outras culturas e outros mundos."

    As nosas bibliotecas escolares son, sen dúbida, unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa que día a día ofrece recursos, información e apoio.Cómpre reivindicalo e celebrar que son xanelas para ler, espazos onde aprender e lugares para descubrir.


NON ESQUEZAMOS NUNCA O SEU VALOR NOS CENTROS

 EDUCATIVOS 



06/11/20

AMPLIACIÓN DO PRAZO PARA ENTREGAR RELATOS DISTÓPICOS

 

       Por mor da coincidencia entre o remate do concurso de creación BUSCANDO DISTOPÍAS e un bo número de exames nos diferentes cursos de ESO e BAC amplíase ata o día 11 de novembro (incluído) a data de entrega. Responde, esta modificación, á petición expresa do alumnado interesado en participar. 

    Acordádevos que cómpre entregar na biblioteca o relato en formato dixital, cun seudónimo e acompañado dun sobre onde se garde, no interior o nome real de quen escribe o texto e onde, por fóra, figure ese seudónimo elixido.  Veña, a ver que sorprendentes historias saen desas imaxinacións!!! 

23/10/15

UN ANO MÁIS NA NOSA BIBLIOTECA


    Desde hai un mes a Biblioteca Sarmiento do IES de Curtis está a rodar novamente como unha peza máis dentro da engranaxe que fai respirar o noso centro día a día. Como sempre, abrimos as portas deste espazo cheos de ilusión e co obxectivo ofrecer á comunidade educativa un lugar agradable onde se poida ler de xeito tranquilo, consultar información diversa ou facer tarefas académicas. 



  
     Nesta semana conmemórase o Día das Bibliotecas e, o mesmo ca outros anos, queremos facer a nosa pequena homenaxe a eses espazos tan pequenos e, á vez, tan grandes que hai nos nosos centros educativos. Sen o seu funcionamento, todo sería máis difícil, non vos parece? 




23/10/13

LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ... DO IES DE CURTIS

       Co gallo da celebración o próximo 24 de outubro do Día das Bibliotecas (e baixo o lema proposto pola Asesoría: Ler Ciencia na Biblioteca, ) vimos de montar na zona de entrada do IES unha exposición (libros especializados, divulgativos, novelas, DVD, materiais de laboratorio...), creada para sacar dos andeis e vitrinas o saber científico e aproximalo, deste xeito, ao alumnado.
 
      A inestimable colaboración do profesorado de CCNN, Física e Química e Bioloxía fixo posible que o Equipo de Biblioteca puidera levar adiante con éxito un dos primeiros proxectos do curso.

 

24/10/12

NO IES DE CURTIS HOXE É O DÍA DAS BIBLIOTECAS



 












     Hoxe, Día das Bibliotecas, colocamos no corredor da entrada do noso IES  unha exposición impulsada polos profesores do Equipo de Biblioteca e feita por varios alumnos do centro: nela recóllese información sobre o léxico relacionado con estes espazos e tamén se fala sobre as mellores bibliotecas do mundo; nos paneis infórmase, ademais,  sobre as orixes da escritura e sobre as bibliotecas máis antigas. Todo iso salpicado de poemas e citas relacionadas coa importancia dos libros ó longo da historia da humanidade.


         Agardamos que o noso traballo e o dos demais compañeiros participantes resulte de proveito para todos aqueles que se sintan atraídos por estes espazos máxicos que son as bibliotecas.
         
                                                                                                                   Alumnado de 4º C ESO   
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas