Amosando publicacións coa etiqueta Día dos Dereitos Humanos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día dos Dereitos Humanos. Amosar todas as publicacións

17/12/17

A NETA DO SEÑOR LINH

      A celebración do Día dos Dereitos Humanos deunos a oportunidade de baixar dos andeis da nosa biblioteca unha selección de libros e películas onde se nos ofrecen diferentes visións relacionadas con este tema.   Lendo tamén aprendemos a respectar  e a comprender mellor o mundo no que vivimos.
      Jim Lei Dong recomenda  no blog do noso club de lectura o libro  A neta do señor Linh de Philippe Claudel.  
 




 A lectura  desta obra produciume moitos sentimentos negativos de rexeitamento contra a sociedade que permite a existencia das guerras e das graves consecuencias que estas provocan. A parte positiva sería, sen dúbida, a amizade que os dous homes comezan e a esperanza que este feito implica.  Como emigrante que son sentinme moi identificado coa temática  do libro e co personaxe do señor Linh. É moi duro estar nun país que non é o teu, moitas veces sentes como a maioría da xente non se comporta adecuadamente contigo. Eu recomendaría este libro a aquelas persoas que sexan sensibles e que queiran poñerse no lugar dos que sofren.

         Rematamos cunha famosa sentencia do autor latino Publio Terencio Africano que recolle perfectamente a reflexión que queremos transmitir:  Humani nihil a me alienum puto (Nada do humano me é alleo).

Recensión completa en  Fendetestas 

15/12/17

10 DE DECEMBRO, DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

 




"En definitiva, onde empezan os dereitos humanos universais? En pequenos lugares, preto da casa, en lugares tan próximos e tan pequenos que non aparecen en ningún mapa [...]. Se eses dereitos non significan nada neses lugares, tampouco significan nada en ningunha outra parte. Sen unha acción cidadá coordinada para defendelos na nosa contorna, a nosa vontade de progreso no resto do mundo será en van"     Eleanor Roosevelt.



 
Na biblioteca do noso centro celebramos o 10 de decembro resaltando a importancia da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, que celebra o vindeiro ano o seu 70 aniversario.

 

Destacamos en diferentes murais imaxes conmemorativas deste Día dos dereitos humanos.

 

 







 

10/12/17

DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

    
      Hoxe, 10 de decembro, celébrase o Día Internacional dos Dereitos Humanos coincidindo coa data na que a Asemblea Xeral adoptou a Declaración Universal de Dereitos Humanos no ano 1948.  

      O seguinte vídeo atopado na rede ofrécenos un interesante achegamento ao tema.  Comeza coa  a visión que a cidadanía ten do concepto de dereito,  explica a  súa orixe a través da historia da humanidade e  remata lembrando cales son os principais dereitos.



    No segundo dos vídeos preséntase unha campaña para celebrar o que será o 70 aniversario  deste importante acontecemento no vindeiro 2018.  Inclúe unha proposta consistente en realizar unha gravación lendo un ou varios dos 30 artigos que compoñen a Declaración dos Dereitos Humanos.


10/12/12

LEMBRA QUE HOXE É O DÍA DOS DEREITOS HUMANOS





Desde a Biblioteca do noso IES seguimos traballando, como en cursos anteriores, para que o respecto cara ós dereitos dos demais medre día a día dentro da nosa comunidade educativa. Os libros, o cine, a fotografía e a música son as ferramentas coas que traballamos e que compartimos con todos aqueles que as queiran manexar. Sen dúbida, paga a pena. 



Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas