Amosando publicacións coa etiqueta Violencia de xénero. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Violencia de xénero. Amosar todas as publicacións

25/11/13

25N - Día Internacional contra a Violencia de Xénero

703 vidas segadas polos asasinos machistas

    Dende que se iniciou o reconto dos crimes machistas, en 2003, 703 mulleres foron asasinadas polas súas parellas ou exparellas en España.

    En 2004, empezaron a analizarse outras variables que seguen botando un panorama desolador. Só 130 das vítimas mortais da violencia de xénero denunciara ao seu agresor. Esa porcentaxe, ademais, foi diminuíndo cos anos -en 2013, 8 das 45 asasinadas acudiran ás autoridades-, un dato que pode indicar, segundo os expertos, que non eran conscientes do risco que corrían, pero tamén de que a denuncia é eficaz.

    As institucións alertan da "violencia silenciosa" contra as mozas. A directora de Atención ás Vítimas da Violencia de Xénero sinala que o 33% das victimizacións afectan a mulleres novas e que, moitas veces, esta violencia exércese nas redes sociais e co "control a través do WhatsApp ou do Tuenti".

15/01/13

Mostra Cartas de Amor (I)


O noso instituto ilustra estes días as súas instalacións coas pezas da exposición Cartas de Amor, unha mostra gráfica para sensibilizar á poboación máis nova sobre a existencia de violencia nos seus modos de relacionarse, axudar a detectala e, en definitiva, erradicar formas de relación asimétricas e violentas.

Cartas de Amor é unha mostra do cómic galego sobre violencia de xénero, con debuxos dos artistas Miguel Calatayud, Patricia Castelao, Fausto Isorna, José Luís Méndez, Jack Mircala, Javier Olivares, David Pintor, Pirusca, Primitivo, Sonia Pulido, Paco Roca, Sergi San Julián, Eva Vázquez, Óscar Villán e Anxos Suma.

Esta mostra pretende motivar a reflexión sobre o paralelismo entre o mundo romántico das primeiras relacións de parella e a crueldade que, ás veces, vai asociada a elas, ante o incremento que se está a detectar dos casos de violencia verbal ou física nas relacións de parellas entre adolescentes.

Complementando esta mostra, deixamos aquí a Unidade Didáctica sobre Violencia de Xénero, elaborada polo Departamento de Orientación do noso centro.


25/11/12

NO IES DE CURTIS... TAMÉN É O DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

     No IES de Curtis non somos indiferentes a ese problema que golpea día tras día as nosas conciencias cando acendemos a tele, cando lemos o xornal ou cando escoitamos falar algún veciño na rúa ou na tenda: quen non sinte noxo ao saber de asasinatos ou maltrato físico ou psicolóxico?  Quen non sentiu algunha vez a humidade das bágoas nos ollos ante imaxes vergonzantes produto da violencia e do abuso?

     Profesores, pais, nais e alumnado temos que ser conscientes de que a nosa sociedade ten que eliminar esta lacra, cómpre que palabras como acoso, maltrato, violencia, desprezo... non teñan oco no noso dicionario. Para iso hai que traballar día a día, nas aulas, nas casas, nas rúas... É tarefa de todos.

    Velaquí unha serie de recursos de utilidade (música, cine, literatura, campañas televisivas...) que estamos a manexar en diferentes niveis do noso centro. Non o dubidedes: hai que facer algo e nós podemos axudar.



        Se vos gusta o relato curto, a xenial Pardo Bazán deixounos moitas narracións que nos mostran que a violencia doméstica non é un mal moderno: hai cen anos era xa algo do máis habitual. De paso,  podemos preguntarnos, ¿avanzouse todo o que cabería esperar nun século?. Recomendámosvos El indulto, El encaje roto, La dentadura e Las medias rojas. 

Tamén hai longametraxes moi interesantes:



E curtas tan impactantes coma útiles: Amelia e as sereas. 

      Nos vindeiros días estrearase tamén en TV o último anuncio preventivo do goberno. Nel participan  actores ben coñecidos, como a cantante Rosana e os actores Imanol Arias, Juanjo Artero, Mario Casas, Emilio Aragón ... Podedes ver unha pequena reportaxe da súa elaboración, con declaracións dalgúns participantes se premedes aquí.

 

27/11/11

25N -Recompilación

Como todos os anos, Trafegando Ronseis ofrécenos esta recompilación das entradas dos blogues escolares e de normalización con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.


preme na imaxe

24/11/11


                          
"El final del cuento de hadas": videoclip realizado por Felipe G. Gil para El Chojin
Vía: biblomelide

Que é unha relación?

- Unha relación é cando dúas persoas se queren, respéctanse e divírtense estando xuntas.
- É aceptarse mutuamente e querer á outra persoa coas súas virtudes e os seus defectos.
- É tratarse ben, con tenrura e sen faltarse ao respecto.
- É saber escoitar á outra persoa e poder contarlle os teus problemas, inquietudes e desexos.
- É unha unión de sentimentos, no que unha persoa non se impón sobre a outra.
- É ter confianza mutua e non comprobar se o que fai ou di a túa parella é verdade.
- É ter diferentes puntos de vista e poder dialogar sobre eles sen que ningún impoña a súa opinión. Na variedade está o gusto.
- É compartir experiencias e momentos xuntos e é poder gozar de tempo e espazo para un/a mesmo/a, para estar coas amizades, a familia ou realizar a nosa afección favorita sen que nos moleste que a nosa parella tamén o faga.
- É non abusar da parella pedíndolle constantemente que faga cousas polo outro.
- É poder expresarnos con toda liberdade e sen temor a que a nosa parella se enfade por dicir o que pensamos ou a que nos prohiba algo.
- É cando ningún se enfada se o outro nos leva a contraria.
- É valorar o esforzo e o traballo da miña parella.
- É cando ninguén impón a súa vontade.
- É aceptar e respectar as opinións, os gustos, actividades e amizades da outra persoa.
- É apoiarse e axudarse mutuamente en plans e proxectos aínda que estes non sempre coincidan.
- É recoñecer cando nos pasamos ou equivocamos.
- É entender que ás veces hai que ceder para estar de acordo nunha decisión.
- É cando as decisións que nos afectan aos dous son o resultado dun acordo mutuo.

Concepto erróneo de relación

- Nunha relación non debe haber problemas, discusións nin pelexas.
- O ideal é que as dúas partes da parella queiran estar sempre xuntas e que compartan todo.
- Nunha relación, todas as necesidades están cubertas.
- Nunha relación é mellor que os dous sexan iguais, que teñan os mesmos gustos e que teñan as mesmas afeccións.
- Nunha relación hai que ter as mesmas amizades obrigatoriamente.
- Nunha relación o home sempre ten que tomar a iniciativa e decidir sobre as cuestións importantes.

Unha relación é de dominio e control (pode terminar en violencia) ...

- Se non soporta aos teus amigos/as e prefire que quededes sempre os dous a soas.
- Se sempre é el quen decide cando quedar, a que hora, onde...
- Se che di que non lle gusta que vaias a ningunha parte sen el e xustifícacho dicindo que non pode estar sen ti.
- Se controla o teu xeito de vestir, maquillarte, falar ou comportarte.
- Se se mostra protector e paternal cara a ti dicindo cousas como: "eu sei o que é bo para ti", " sei o que che convén"...
- Se para conseguir o que quere hai veces que te fai sentir culpable.
- Se te chantaxea se non queres manter relacións con el, pondo en dúbida os teus sentimentos cara a el.
- Se te fai responsable da súa infelicidade.
- Se o pon dos "nervios" que lle leves a contraria.
- Se che di que sería "capaz de calquera cousa" se o deixases.
- Se ás veces “ se quenta” e diche que lle dan ganas de pegarche.
- Se non soporta non saber o que fas ao longo do día.
- Se necesita saber todo o que din os teus colegas del.
- Se intenta ter controlado o teu móbil para saber con quen falas.
- Se ten a sensación de que o estás provocando para que "salte".
- Se non se fía do que lle contas e compróbao.
- Se lle custa moito desculparse, e máis se é diante túa.
- Se sente que, como home, ten que protexer ás mulleres.
- Se non está disposto a ocuparse das tarefas da casa e escaquéase todo o tempo conseguindo que lle dean todo feito.
- Se é el o que toma as decisións importantes da parella.
- Se se burla de ti e avergóñate en público.
- Se critica constantemente as túas opinións ou a túa forma de pensar.
- Se non se interesa polas túas cousas.
- Se algunha vez se pon tan nervioso contigo que descontrola e sentes medo.
- Se te trata coma se foses menos competente que el.

Ten coidado con aqueles que pensan:

As mulleres son inferiores e deben obedecer aos homes.
As tarefas domésticas e os fillos "son cousas de mulleres".
A muller debe seguir ao marido, aínda que teña que renunciar aos seus proxectos.
O máis importante na vida dunha muller é casar.

Coidado, o machismo mata!!

Receita do amor


Ingredientes:

• Cuarto e metade de respecto
• Medio quilo de confianza
• Un litro longo de comunicación
• Culleradas sopeiras de atracción
• Unha nube de imaxinación
• Un chorro constante de paixón, afecto e comprensión.

Elaboración:

• Mestúranse todos os ingredientes, deixando reservadas a imaxinación e a paixón. Remóvese ata que quede unha masa fluída pero con textura.

• Engádese a imaxinación para aireala un pouco e métese no forno aos 200ºC dos primeiros momentos. A masa empezará a subir, revísase cada dez minutos para ver se todo marcha ben e cando xa está ao gusto sácase do forno.

• Déixase repousar a temperatura ambiente e salfírese coa paixón.

Está delicioso!

E cando se acaba ou os ingredientes non foron os adecuados o mellor que se pode facer é aceptar que non saíu a receita.

Sabes? Hai quen opina que é necesario engadirlle algunha cullerada de celos, pero asegúroche que amarga apenas o metes na boca.

Hai veces que incluso nos empeñamos en comer, pese a que sabemos que a confianza estaba caducada, ou que a comunicación era en gran e  necesitabámola en po, ou que no tarro da paixón non quedaba nin unha pinga. Nestes casos o prato pódenos sentar mal e facer dano ao estómago. Non hai que seguir comendo dun prato que non senta ben.

Fonte: extraído do conto "Amor" da Campaña de Prevención de Violencia de Xénero da Federación de Mujeres Jóvenes.

25/11/10

TOLERANCIA CERO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO NO IES DE CURTIS

Un ano máis queremos suliñar nas nosas aulas a idea de que a violencia en ningún caso é admisible como instrumento de comunicación. A biblioteca e o corredor de acceso á mesma recollen materiais á man de toda a comunidade para destacar o que todo o mundo debería considerar como obvio: o respecto ó corpo, ó pensamento e á liberdade dos demais.

25 - N Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

A violencia de xénero supón unha pandemia mundial. É a principal causa de morte entre as mulleres de entre 15 e 44 anos en todo o mundo, por diante da suma das mortes provocadas polo cancro, a malaria, os accidentes de tráfico e as guerras, segundo datos da Organización Mundial da Saúde ofrecidos polo Fondo de Desenvolvemento de Nacións Unidas para a Muller (UNIFEM).



A conmemoración hoxe do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller recórdanos, sinala a UNESCO, as proporcións epidémicas que está a cobrar este problema de "nefastas consecuencias para a saúde e o benestar persoais das mulleres, así como para o desenvolvemento social e económico en xeral".
Segundo os datos da ONU, unha de cada tres mulleres no mundo foi obxecto de violencias físicas, viuse forzada a manter relacións sexuais ou foi vítima doutros malos tratos na súa vida. Cada quince segundos unha muller é agredida, segundo o Fondo de Desenvolvemento de Nacións Unidas para a Muller. 


span>

I Congreso sobre Literatura e Violencia de Xénero

De Miss Marple a Lisbeth Salander é o título do I Congreso sobre Literatura e Violencia de Xénero que se está a celebrar en Santiago os días 24 e 25 de novembro. Ángeles Caso, Susana Fortes, Marilar Aleixandre, Fina Casalderrei ou Luísa Castro son algunhas das autoras que estarán presentes no encontro. Ademais de autores, no encontro presentaranse diferentes investigacións que analizan a presenza da violencia de xénero na tradición literaria e a súa evolución.

24/11/10

Camiñan descalzas polas rochas, Ana Romaní


Camiñan descalzas polas rochas,
fantasmas de sal habitan as sombras,
saben que as últimas mareas
esqueceron na praia os restos do naufragio.


As mulleres recollen cada noite
os tesouros de auga, líquidos e fráxiles,
rebélanse contra a Historia,
constrúen co mar as estatuas
que nunca permanezan.

As mulleres de sal, con sargazos de sombras,
xorden das últimas mareas
e tecen tesouros de auga cada noite
contra a Historia.
Elas, que saben que o efémero permanece.

                                         
Ana Romaní

Camiñan descalzas polas rochas


Camiñan descalzas polas rochas é  unha recopilación de relatos, poemas e debuxos de 21 escritoras e ilustradoras galegas, editado por Amnistía Internacional e a editorial Tris Tram.

A violencia sexual, o maltrato de xénero, os abusos sexuais nos conflitos armados ou a violación como arma de guerra, son algunhas das temáticas que abordan os relatos, de Camiñan descalzas polas rochas, volume co que Amnistía Internacional quere resaltar a universalidade dos abusos dos dereitos humanos das mulleres, cuxa raíz é a discriminación, pero á vez, quere destacar tamén o papel activo destas como axentes de cambio e defensoras de dereitos.

O poema de Ana Romaní Camiñan descalzas polas rochas 
-incluído no poemario Das últimas mareas (Ed. Espiral Maior)- dálle título ao libro e está acompañado na cuberta por unha ilustración de Noemí López. O libro conta tamén cos versos de Yolanda Castaño, os relatos de Rosa Aneiros, Paula Carballeira, Anxos Sumai, Carmen Blanco, Marilar Aleixandre, María Reimóndez, Helena Villar Janeiro, Ana Expósito e Marica Campo e as ilustracións de Nuria Díaz, Noemí López, Almudena Aparicio, Ánxeles Rodríguez Ferrer, Marina Seoane, María Lires, Car (Carmela González), Ana Pillado, Aurora López e Rebeca López. Todos eles relatos e ilustracións que as autoras crearon para a ocasión. 

5 x 2 = 9 Diez miradas contra la violecia de género

5 × 2 = 9 Diez miradas contra la violencia de género de Angeles Caso, Espido Freire, Rosa Regàs, Eugenia Rico e Lourdes Ventura.

 

Unha reflexión narrativa e documental sobre a violencia de xénero contada por cinco importantes escritoras españolas.

Cinco escritoras españolas comprometidas contra a violencia de xénero -Anxos Caso, Espido Freire, Rosa Regàs, Eugenia Rico e Lourdes Ventura- reuníronse individualmente con outras tantas mulleres de distintas idades e clases sociais que nalgún momento das súas vidas, en ocasións ao longo de moitos anos, sufriron malos tratos por parte das súas parellas. A palabra da quinta desas mulleres, asasinada anos atrás polo seu maltratador, cobrou vida en boca do seu fillo, e ese relato pecha o libro e tamén lle dá título: a morte, a ausencia que provoca a morte, fai que cinco por dous sexan nove. (Silvia Pérez y Fernando Marías, editores)

"Ao aprecio literario que teño ás autoras únese o interese dun tema que xera unha fonda preocupación social e que está enfocado dunha forma novidosa. A integración dos testemuños sobrecolledores das vítimas cos comentarios agudos e escritos con elegancia literaria das escritoras dá por resultado un libro de biografías veraz, que denuncia o drama da violencia contra a muller cunha linguaxe exenta de tecnicismos e que pode ser de grande interese para moitos potenciais lectores". (Enrique Echeburrúa, catedrático de Psicoloxía Clínica – Universidade do País Vasco)

13/11/10

25 de noviembre. Contra a violencia.

PLAZA DE LAVAPIES

Llueve a mares y baja por la cuesta de Ave María
el líquido amniótico de los sueños.
Bajan las cicatrices, las llamadas perdidas,
la barbie abandonada y un árbol del amor,
los condones suicidas y los huesos de pollo,
el llanto de las razas,
los mensajes borrados,
la belleza sin sitio, las fotos del eclipse…
Los juguetes enfermos, los dioses que no cambian,
los extractos del banco, las sillas de tres patas.
Sale la luna en Sombrerería y sale el sol en Olivar.


Un río ineludible de preguntas
desciende a la boca del Metro,
un ángel que volaba hacia atrás,
el alquitrán del miedo,
un corazón con brazos del Ikea,
frascos de jarabe caducado.
Pecados que no vieron amanecer,
belleza que no encuentra reposo.
Está lloviendo a mares en plaza de Lavapiés
y soy esa mujer que lleva escrito un No.

[Angel Petisme - Demolición del Arco Iris]



--------------------------------------------------------------------------------

04/09/10

Erica Jong

La mejor esclava
no necesitará ser golpeada.
Se golpeará a sí misma
…con el agudo látigo
de su lengua
y el golpeteo sutil
de su inteligencia
contra su inteligencia
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas