Amosando publicacións coa etiqueta Actualidade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Actualidade. Amosar todas as publicacións

14/12/11

"Time" elixe ao personaxe do ano: o manifestante

En 2011 o Personaxe do Ano para a revista "Time" non é unha persoa en concreto, senón millóns. A prestixiosa revista elixiu ao manifestante (The protester en inglés), en sentido global. A publicación explica a súa elección pola repercusión das protestas que este ano convulsionaron o mundo en 2011: "Desde a primavera árabe a Atenas, desde Occupy Wall Street a Moscova", lese no destacado da portada.

"Time" define á Persoa do Ano como alguén que, para mellor ou para peor, influíu nos acontecementos do ano e nese sentido O Manifestante cumpre os requisitos.

Os manifestantes que saíron ás rúas de medio mundo "fixeron historia", segundo a revista. "Time" fai un percorrido cronolóxico deste ano tan convulso, desde a morte en Tunisia de Mohamed Bouazizi, un vendedor da rua que a finais de decembro de 2010 queimouse ao bonzo para protestar contra a ditadura de Ben Alí e prendeu a faísca da revolución nos países árabes, ata o movemento Occupy Wall Street.

Todo cambiou para sempre e xa nada volveu ser o mesmo.

Vía Público

02/02/11

Exipto - Vellas tecnoloxías burlan o bloqueo a Internet

Miles de persoas chegan á praza Tahrir para
participar nunha manifestación multitudinaria
(Axencia EFE)

O último dos operadores que daban acceso a internet en Exipto caeu onte. As redes móbiles tamén están a ser obstaculizadas. Pero hai buratos. Coa axuda de hackers e empresas como Google e Twitter, os exipcios están a usar vellas tecnoloxías como o fax e as  emisoras  de   radioafeccionados para facer chegar a súa mensaxe á rede.
Tras o apagamento ordenado polo Goberno o pasado venres, a reacción dos activistas, tanto dentro coma fóra, foi botarlle imaxinación.
Á onda iniciada por hackers e activistas sumáronse tamén grandes empresas de internet, como Google e Twitter. " ao igual que moitas persoas, estivemos pegados ás noticias que veñen de Exipto e pensando no que poderiamos facer para axudar á xente sobre o terreo" escribiron onte dous dos enxeñeiros de Google no blog oficial da compañía. Dedicaron o fin de semana a crear Speak2tweet, un sistema para que calquera exipcio poida deixar unha mensaxe de voz. O programa converte automaticamente a voz nun texto que aparece en Twitter. E de aí, a todo o mundo.

11/06/10

A estratexia do "pan e circo"

O ascenso da selección a potencia futbolística mundial supón, segundo The New York Times, a oportunidade perfecta para que o Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero poida facer esquecer, polo menos por un tempo, a crise económica en España e á súa "montaña de déficit e un desemprego que creceu ao 20% " cun triunfo no Mundial de fútbol.

"Dende logo, un bo Mundial é certamente importante"
O artigo fai unha retrospectiva da utilización, en tempos do Imperio Romano, da estratexia do "pan e circo" para facer esquecer as penurias á poboación con distraccións doutro tipo.

Como exemplo, The New York Times faise eco de que a resolución das negociacións sobre a reforma laboral coincidirá co debut de España no Mundial de Suráfrica o día 16 ante Suíza.
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas