Amosando publicacións coa etiqueta Cunqueiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cunqueiro. Amosar todas as publicacións

06/11/11

A lingua sabe a pan


A Lingua sabe a Pan from cpivirxedasaleta on Vimeo.



 "Sobre unha idea de Álvaro Cunqueiro, naceu a letra de A Lingua Sabe a Pan. Contou coa participación de todo o alumnado (CPI Virxe da Saleta) e dos músicos Pedro Feijoo e Charly Lincoln que gravaron, misturaron e produciron nos estudios Muu! de Vigo"

19/10/11

2011 Ano de Álvaro Cunqueiro

 O vindeiro 22 de decembro cúmprense cen anos do nacemento de Álvaro Cunqueiro. Con motivo desta celebración foron moitas as actividades organizadas para dar a coñecer a vida e a obra do escritor mindoniense. Dende a biblioteca Sarmiento queremos contribuír con esta  pequena homenaxe ao recoñecemento desta figura das nosas letras.

 Sirva esta pequena selección de textos, carteis  e obras que expoñemos na biblioteca e nos taboleiros dos corredores e das aulas, para que o alumnado do noso centro se achegue ao universo deste orixinal e xenial escritor.

27/03/09

O incerto señor Don Hamlet


Poucas veces vin caer das negras nubes tanta auga como o martes e mércores pasados. O mércores, en Lugo, ás doce da mañá, estaban as ben abastecidas nubes tan preto da terra, e traía o poderoso vendaval tan apertada o auga sobre a cidade, que se fosen antigos tempos e a muralla pechásese con fortes portas, eu, Rexidor Maior, mandase abrilas deseguido, de medo que a cunca da que son borde as murallas romanas enchésese e reventara. E regresando pola noite a Mondoñedo, outra que tal. "Memorable data, 15 de abril de 1959. Comezou o Diluvio Universal II. Que a recorde quen se salve". E sorpréndeme a min mesmo recordando que segundo o arzobispo de Usher, da Igrexa de Inglaterra, o Diluvio Universal I terminou precisamente un 15 de abril, o do ano 2730 antes de Cristo, ás doce da mañá.
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas