Amosando publicacións coa etiqueta Manuel Lourenzo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Manuel Lourenzo. Amosar todas as publicacións

19/11/11

Manuel Lourenzo González gaña o premio Eduardo Blanco Amor

Manuel Lourenzo González, autor de Irmán do vento   ( obra de lectura para 4º ESO neste primeiro trimestre), foi o gañador da XXIX edición do premio de novela longa Eduardo Blanco Amor .

O xurado, despois das correspondentes deliberacións acordou conceder o premio de novela longa Blanco Amor á obra presentada baixo o lema ATL, que unha vez aberta a plica resultou ser da autoría de Manuel Lourenzo González.
Tal e como recolle a acta, o xurado valorou “moi positivamente a coherencia do universo literario empregado. A intriga que desenvolve a trama está ben dosificada e consegue captar a atención do lector. O mundo futuro no que se desenvolve resulta sólido e sen estridencias. E, ao mesmo tempo, ATL ocúpase dos problemas da identidade e o sentido da vida que son manexados de maneira eficaz. O dinamismo da historia, a escrita entretida e áxil e a credibilidade do futuro no que nos sitúa, foron valores aprezados por este xurado para escoller a ATL como a novela gañadora desta edición do premio Blanco Amor.”
Manuel Lourenzo, Licenciado en Pedagoxía, é profesor de Lingua e Literatura Galegas no instituto Torrente Ballester de Pontevedra. Autor polifacético, cultiva a narrativa de adultos, aínda que el mesmo indica que se sente especialmente cómodo como creador de literatura xuvenil e de contos para cativos. Tamén ten varios libros de teatro e de ensaio no ámbito da didáctica da lingua, así como libros de texto. Obtivo varios premios coma o Xerais de Novela, Pedrón de Ouro, Carvalho Calero, Café Dublín, García Barros, Narrativas quentes e Merlín en narrativa; O Facho e Estornela en teatro e máis recentemente o Premio de Literatura Infantil Barco de Vapor. Agora, ese listado vén agrandarse cos este Premio de Novela Longa Eduardo Blanco Amor.

 Os nosos parabéns polo premio e o desexo de   poder incorporar en breve  esta nova novela de Manuel Lourenzo aos fondos da nosa biblioteca.
Fonte: GaliciaHoxe.com 19.11.2011


20/10/09

Flores de Dunsinane



Unha peza sobre a conciencia humana que se inspira no Macbeth de Shakespeare coa que Manuel Lourenzo resultou onte gañador da edición 2009 do Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais, galardón que recibiu de mans do conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña, no acto de apertura da XVII Feira Galega das Artes Escénicas
O xurado destacou do texto gañador o seu ritmo, así como "o emprego dunha linguaxe rica, poética e expresiva dramaticamente". En Flores de Dunsinane, Lourenzo reinterpreta o Macbeth de Shakespeare, centrando o argumento en Fleance, fillo de Banquo. O compañeiro de armas de Macbeth, a quen este mandara asasinar, emprega a súa astucia para chegar a rei de Escocia e agora, vello e moribundo, recibe a visita dos seus antecesores, os Macbeth, cos que revive o reinado sanguento destes.
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas