Un ano
máis sumamos as nosas forzas para denunciar a violencia de xénero. O poema
de Carlos Negro fálanos das relacións tóxicas inzadas de actitudes machistas que desembocan, con frecuencia,
en casos de maltrato. A ilustración foi unha das gañadoras do
concurso organizado pola Xunta de Galicia dirixido aos centros educativos con
motivo do 25N.
Bilingüismo Harmónico
Xa tardabas, ho.
En canto unha moza che leva a contraria,
disparas.
Pero non creas que me arredo.
Porque aprendín a vivir noutro idioma
e cando ti me chamas zorra
coma quen cospe un esgarro
eu entendo adrede outra cousa
e subo lixeira
nese carriño con esquís
que me leva montaña abaixo
lonxe
moi lonxe
de ti,
como unha Heidi feliz
que non precisa dun Pedro feroz.
Carlos
Negro: Aplicación Instantánea