Amosando publicacións coa etiqueta Patrimonio cultural europeo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Patrimonio cultural europeo. Amosar todas as publicacións

21/12/18

2018, ANO DO PATRIMONIO CULTURAL EUROPEO

      Velaquí o remate do tributo que desde o IES de Curtis se rendeu ao Patrimonio Cultural Europeo, dentro dun proxecto de biblioteca iniciado no curso 2017-18 cunha serie de videorrecensións. Os diferentes departamentos realizaron neste trimestre co seu alumnado (cen rapaces e rapazas de diferentes cursos) unha extensa tarefa de investigación que se recolle nunha exposición colocada no exterior da biblioteca, integrada polos carteis que se poden ver a continuación.

11/12/18

“A PEDRA SECA GALEGA", PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL DA HUMANIDADE











        Incluída na lista representativa do patrimonio inmaterial da Unesco como parte dunha candidatura conxunta de oito países europeos liderada por Grecia e Chipre e na que participa, entre outros, o Estado español. 
 
      A Unesco, por medio do seu Comité intergobernamental de salvagarda do patrimonio cultural inmaterial, que celebrou a súa décimo terceira xuntanza anual a pasada semana en Port-Louis (República de Mauricio), outorgoulle a súa beizón á candidatura internacional da pedra seca (ou pedra en seco), que pasa desde agora a integrar a lista representativa do patrimonio inmaterial da Unesco.

     A candidatura reunía a Grecia, Chipre, Suíza, Croacia, Eslovenia, Francia, Italia e España. Á súa vez, dentro do Estado español colaboraron Galicia, Andalucía, Aragón, Asturias, Baleares, Estremadura, Cataluña e a Comunidade Valenciana. O recoñecemento da inclusión na lista desta tradición construtiva representará o compromiso dos países na execución de medidas de salvagarda específica para que as comunidades locais, que son as súas portadoras, poidan ter as condicións para o seu mantemento e difusión.

    Na reunión da Unesco en Mauricio estivo presente a directora xeral do Patrimonio Cultural, Mª Carmen Martínez Ínsua, en representación da Xunta, que participou nesta candidatura internacional. Ao fío, como chanzo previo á inscrición, esta tradición foi incluída no Censo do Patrimonio Cultural de Galicia como manifestación do patrimonio cultural inmaterial.

Que é a pedra seca? 

     A pedra seca é unha técnica de construción tradicional na nosa terra que prescinde de calquera argamasa ou morteiro. Conforma un dos exemplos de coñecementos e usos máis relevantes das formas de vida tradicional que axuda a construír a paisaxe antrópica do país. Esta técnica fíxase e transmítese a través do milenario oficio dos canteiros e afecta á relación das comunidades co medio, creando e definindo o noso entorno.


    Muros, peches e construcións adxectivas para diferentes usos agrarios e gandeiros como alvarizas, neveiras, pombais, hórreos, pendellos, foxos do lobo ou muíños contribúen a definir e representar a estrutura da propiedade ou explotación do territorio.

    Os exemplos da pedra seca son abondosos en todo o territorio galego, mais esta técnica resulta especialmente relevante nas bisbarras de Pontevedra, Terra de Montes, Deza, Bergantiños, Terra de Soneira, Xallas, Fisterra, a Terra Chá e a Ribeira Sacra.

Vía: http://patrimoniodefuturo.webs.uvigo.es/a-pedra-seca-galega-patrimonio-cultural-inmaterial-da-humanidade-da-unesco

30/04/18

VIDEOSEMANA DO LIBRO EUROPEO (VII)


       E hoxe rematamos esta pequena viaxe pola literatura europea. Facémolo con dous vídeos: no primeiro Mateo Sánchez  vainos presentar a Víctor Hugo, un dos mellores escritores do Romanticismo Francés; no segundo, Uxía, Juan, Ainoa e Noelia recoméndannos autores e títulos da  literatura hispánica.







26/04/18

VIDEOSEMANA DO LIBRO EUROPEO (VI)


Tamén temos un espazo reservado para a lusofonía: Marcos, Juan e Mateo elaboraron o vídeo que vos imos presentar para falarnos de Poderosa, de Sergio Klein.


E xa entramos no terreo peninsular. Elena e Fátima fan unha pequena homenaxe á enorme Rosalía, representante, con maiúsculas, da literatura en lingua galega.



25/04/18

VIDEOSEMANA DO LIBRO EUROPEO (V)


Hoxe, xoves, Fátima lembra unha obra clave dentro da literatura latina: El asno de oro, de Apuleyo.



Esta viaxe no tempo e no espazo, lévanos tamén  á literatura alemana do S. XX: Yaiza e Ainoa charlan sobre O diario de Ana Frank


24/04/18

VÍDEOSEMANA DO LIBRO EUROPEO (III)


Hoxe tócalle á literatura inglesa: velaquí a recomendación que Laura nos fai de Orgullo y perjuicio, de Jane Austen; despois podedes escoitar a  Fátima e Elena falándonos de Diez Negritos, de Ágatha Christie.





23/04/18

VIDEOSEMANA DO LIBRO EUROPEO (II)


  Primeira recomendación da semana: escoitade o que nos contan  sobre Apollinaire Ainoa, Yaiza e Elena ... Por suposto, en francés!

VÍDEOSEMANA DO LIBRO EUROPEO NO NOSO IES (I)


       

    Desde Curtisbiblio estamos integrando a celebración do Día do Libro nun proxecto maior, a difusión do Patrimonio Cultural Europeo neste ano 2018. Nesta liña podedes atopar nos andeis expositores da nosa biblioteca unha mostra das diversas literaturas do continente; ademais, ao longo da semana, publicaremos neste blog videorecensións sobre títulos da literatura europea elixidos voluntariamente polo noso alumnado.
Non esquezades visitarnos. Paga a pena! E se non o credes, aquí vos deixamos o vídeo-presentación feito polos nosos rapaces...






      
      Tamén queremos facer un agasallo aos lectores do noso  IES: desde hoxe,  ó carón da entrada da biblio, hai unha mesa con libros de distinto tipo e temática (divulgación científica, literatura...) para quen os queira "adoptar". Trátase de exemplares procedentes de expurgos de bibliotecas e de doazóns de libros de segunda man. Só se pide que non se leve máis dun exemplar por persoa e que o libro sexa ben acollidos na súa nova casa... Que non é tanto pedir!  

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas