Amosando publicacións coa etiqueta Animación á lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Animación á lectura. Amosar todas as publicacións

28/01/21

75 ANOS DA LIBERACIÓN DE AUSCHWITZ


     O 27 de xaneiro de 1945 produciuse a liberación dos prisioneiros do campo de concentración  e  exterminio de Auschwitz (Polonia). Alí morreron máis dun millón de persoas nas cámaras de gas,  por inanición ou torturas.
     75 anos despois segue a ser necesario reinvidicar a memoria das vítimas para que esta páxina tan terrible da historia da humanidade nunca se volva a repetir. As múltiples historias que chegan a nós a través da literatura colaboran nesa imprescindible tarefa. 


Lecturas para non esquecer a historia por Begoña Centoira

10/04/20

DISTOPÍAS


     A estraña realidade que estamos a vivir provocada pola pandemia do coronavirus semella propia dunha película de ciencia-ficción.  Parece como se de súpeto estiveramos inmersos  nun mal soño que supera todas as nosas fantasías máis inquietantes.  Esta reflexión colectiva sobre a irrealidade que se converteu na nosa realidade cotiá relaciónase co concepto de distopía.
    Para entendermos o concepto de distopía ou realidade distópica cómpre aclarar previamente o significado da palabra utopía.  Esta refírese a un mundo ideal,  unha situación ou sociedade perfecta pero que é considerada como un proxecto irrealizable ou imposible de levar a cabo.  É a representación imaxinativa dunha sociedade futura exenta de todo tipo de adversidade ou contrariedade. Ao concepto de utopía oponse o de distopía que se concreta basicamente como unha sociedade onde impera o sufrimento, unha realidade indesexable. Ambas poden relacionarse coa análise de determinadas estruturas sociais nun determinado contexto pero dende perspectivas moi diferentes.  A utopía é a realidade soñada e a distopía a temida.
     De onde veñen estes conceptos?
    A palabra utopía, que provén do grego e significa literalmente “non hai lugar” foi acuñada por  Tomás Moro, un pensador e teólogo renacentista que describe na súa  obra homónima (Utopía, 1516) unha sociedade idílica e pacífica, unha proxección do Estado ideal. O concepto de utopía aparece normalmente asociado a unha realidade inalcanzable ou imposible de realizar.
    O termo distopía tamén denominado antiutopía é bastante máis recente.  O seu significado relaciónase co de “mal lugar”. O primeiro uso coñecido da palabra produciuse nun discurso no Parlamento Británico en 1868.  A primeira ficción distópica apareceu en 1921 cando o autor ruso Yeygeni Zamiatin publica a súa obra Nosotros. Nela presenta unha sociedade privada de liberdades  onde a ciencia e a tecnoloxía están ao servizo do poder que escraviza a humanidade.
    As distopías concíbense como avisos límite das actuais convencións sociais e das posibles dexeneracións futuras. Frecuentemente son advertencias sobre o perigos potenciais que poden chegar a presentar certas ideoloxías, condutas ou prácticas como o consumismo, a dependencia tecnolóxica, o avance da robotización... Desde o punto de vista literario son moi comúns dentro do subxénero da ciencia ficcíón.
      A seguir unha escolma de distopías dende as pioneiras ata as máis recentes:


01/04/20

SEGUIMOS LENDO

       Quedamos na casa mais non cesamos a actividade e moito menos a referida ás lecturas que nos acompañan e nos distraen nestes tempos tan complexos. 
        A través da plataforma GaliciaLe podemos acceder a máis de 4.500 libros,  revistas, películas e documentais que nos axudan a facer máis levadeiros estes días de confinamento.
 
 

14/12/17

MOCHILAS VIAXEIRAS

     Por fin chegan as mochilas viaxeiras que xa quedan á disposión do alumnado como proposta de lectura para toda a familia, co fin de aproveitar conxuntamente o tempo de lecer.  Será posible levalas á casa durante 21 días; son uns materiais pensados para reforzar o vínculo entre familia e escola no seu labor común de formación dos lectores e das lectoras máis novos. Entre os seus compoñentes destacan: unha novela xuvenil, unha novela de adultos, un cómic, unha revista,dúas películas e un libro de divulgación.

  
       Esperamos que gocen destas lecturas que viaxan e que levan consigo o afecto e a experiencia común do acceso ao coñecemento.



27/06/17

EU LEO PORQUE...

 Para rematar o curso  deixámosvos un vídeo elaborado polos rapaces e rapazas de 2º ESO onde nos contan as razóns polas que a lectura é tan importante para eles.



Ler from mbcentoiraclase on Vimeo.

04/05/17

A maxia dos libros

Con motivo da celebración do Día do Libro, a Biblioteca Sarmiento quixo render unha pequena homenaxe a Agustín Fernández Paz, un dos escritores galegos máis recoñecido e valorado polos lectores. O autor, falecido no mes de xullo do pasado ano, legounos unha herdanza de incuestionable valor: máis de cincuenta títulos que atravesan as fronteiras das idades e que transcenden pola sinxeleza coa que presenta os grandes temas da vida. En todas elas aparece unha dobre constante: as múltiples referencias a obras e autores da literatura universal e a continua presenza de personaxes que len, que valoran os libros como fontes de coñecemento, que se preocupan por transmitir ese hábito aos seus fillos e fillas … Velaquí unha escolma dalgúns deses fragmentos, nos cales o inesquecible autor nos convida a mergullarnos na maxia dos libros.

28/10/15

NOVO DISPOSITIVO



           Este dispositivo chámase libro 
             e ao usalo estarás lendo.
           Deste xeito a xente instala
         novas aplicacións nos seus cerebros.
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas