04/05/17

A maxia dos libros

Con motivo da celebración do Día do Libro, a Biblioteca Sarmiento quixo render unha pequena homenaxe a Agustín Fernández Paz, un dos escritores galegos máis recoñecido e valorado polos lectores. O autor, falecido no mes de xullo do pasado ano, legounos unha herdanza de incuestionable valor: máis de cincuenta títulos que atravesan as fronteiras das idades e que transcenden pola sinxeleza coa que presenta os grandes temas da vida. En todas elas aparece unha dobre constante: as múltiples referencias a obras e autores da literatura universal e a continua presenza de personaxes que len, que valoran os libros como fontes de coñecemento, que se preocupan por transmitir ese hábito aos seus fillos e fillas … Velaquí unha escolma dalgúns deses fragmentos, nos cales o inesquecible autor nos convida a mergullarnos na maxia dos libros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas