Amosando publicacións coa etiqueta Carlos Negro b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Carlos Negro b>. Amosar todas as publicacións
17/01/23
25/11/18
25 NOVEMBRO
Un ano
máis sumamos as nosas forzas para denunciar a violencia de xénero. O poema
de Carlos Negro fálanos das relacións tóxicas inzadas de actitudes machistas que desembocan, con frecuencia,
en casos de maltrato. A ilustración foi unha das gañadoras do
concurso organizado pola Xunta de Galicia dirixido aos centros educativos con
motivo do 25N.
Bilingüismo Harmónico
En canto unha moza che leva a contraria,
disparas.
Pero non creas que me arredo.
Porque aprendín a vivir noutro idioma
e cando ti me chamas zorra
coma quen cospe un esgarro
eu entendo adrede outra cousa
e subo lixeira
nese carriño con esquís
que me leva montaña abaixo
lonxe
moi lonxe
de ti,
como unha Heidi feliz
que non precisa dun Pedro feroz.
Carlos
Negro: Aplicación Instantánea
02/04/16
Masculino singular, nova obra de Carlos Negro
Despois Makinaria e Penúltimas tendencias, chega Masculino singular, nova obra de Carlos Negro. O autor, co que hai tres anos tivemos un encontro inolvidable, defínese a si mesmo como "vendedor de palabras", nunha entrevista realizada hai pouco por Belén López.
24/04/13
Entrevista a Carlos Negro na XX Semana Cultural
Entrevista realizada por Silvia Mourín e Noelia Fontecoba, alumnas do Club de Lectura "Fendetestas", ao escritor Carlos Negro durante a XX Semana Cultural do IES de Curtis.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas


