Amosando publicacións coa etiqueta Marta Dacosta. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Marta Dacosta. Amosar todas as publicacións

13/02/10

Papas de arroz



Papas de arroz
un paiño de canela na man
e o arrecendo que nos envolvé.
que escarva na memoria e fai saír
a lembranza máis doce dos poucos anos,
da pequena estatura remexendo,
tirando o limón e a tona,
mesturando arroz, azucre e canela.
A mesma camisa azul
os chichos de sete anos
e a mornura do leite e do arroz
case sen espesar cando chegaba a noite.
Cun paiño de canela traio ao presente
as paredes blancas e as lacenas de obra,
as mesmas en que me agachaba
o día que escoitaba unha canción para min.
Foi casi a primeira casa
a casa das papas de arroz,
das patacas loiras,
dos fritos con pouco leite,
da carioca que mordía o rabo.
A casa en que xoguei soa
e a cociña era un mundo en si mesmo
un mundo con unha ventá aberta
sobre o camiño que viña da escola.
que ía a ningures,
o camiño que obsevaba e repasaba,
mentras cantaba a soidade.
As mesmas papas de arroz
que callaron un día,
tal como ensinaban as anciás,
no vómito e no anuncio do meu sangue.
http://www.blogoteca.com/acuatica07/index.php

02/10/09

Dos puntos de vista


Ésta, con Olga

http://www.youtube.com/watch?v=wPJlBxkWuj4

Y ésta, con Marta
http://www.youtube.com/watch?v=sodOWNlvq3o

La original; Doña Concha

http://www.youtube.com/watch?v=Y_VqHglTRkk

A poesía leva por estraños camiños, e non sei ben como cheguei a esta canción a partir da lectura deste poema de Marta Dacosta, hoxe, no seu blog.


Tamén eu de ollos verdes prendidos
ignorando a vertixe da fervenza
e a certidume dos pozos
(inmensos pegos)
andei o camiño de leite que Lúa deu
e convertinme para sempre en afogada,
tamén eu,
que coñecía as lendas e os perigos

tamén eu andei na Poza Maior
e aínda que os meus cabelos non eran negros
quixen o corpo esvelto
que Lúa levou sen présa
ao fondo da poza
ao silencio definitivo da auga

a illa estaba
do outro lado da noite

25/05/09

Blog Maneiro


Onte visitando o sempre interesante blog de Marta Dacosta, http://www.blogoteca.com/acuatica07/
,sorprendímonos coa nova de que nos agasallara co título de blog Maneiro.
Marta é una das nosas poetísas favoritas, polo que nos vemos enchidos de honra e agradecemento.
Os que aínda non conozcades a obra de Marta Dacosta premede aquí
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas