Amosando publicacións coa etiqueta Formación de usuarios. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Formación de usuarios. Amosar todas as publicacións

07/10/21

EN MARCHA UN CURSO MÁIS!

     Aquí estamos novamente, un curso máis, con moitas ganas e coa firme intención de abrir a diario as nosas portas para todos aqueles que queiran entrar: a nosa biblioteca ten que ser de todos e para todos os que a diario traballamos no instituto. 


      Nesta semana iniciamos as formacións de usuarios: o alumnado  novo no centro visita a biblioteca e recibe a información precisa para aproveitar os recursos dispoñibles e para moverse de maneira correcta neste espazo. Ós máis veteranos refrescámoslles a memoria cunha sesión de "repaso", que boa falta lles fai...  Engadimos ás visitas a entrega dun tríptico que recolle a información básica para desenvolverse neste espazo. 



14/10/20

UN CURSO MÁIS FORMANDO OS NOSOS USUARIOS

        Malia as limitacións que este curso temos na biblioteca para funcionar, por mor da pandemia e dos protocolos preventivos, seguimos adiante coas formacións de usuarios en pequenos grupos: 1º e 2º de ESO, e mais 1º de Bac están a baixar nesta semana para visitar este espazo e coñecer ou lembrar as súas normas de uso e funcionamento. Velaquí os trípticos informativos que cada alumno leva consigo tras a visita e que esperamos lles sirvan para un mellor aproveitamento da bibblioteca. 





15/10/18

FORMACIÓN DE USUARIOS

     

Nestas primeiras semanas de outubro, o equipo de biblioteca está a levar a cabo sesións de Formación de Usuarios  en 1º e 2º de ESO: o obxectivo é mostrar ao novo  alumnado - e recordarlles aos que xa levan con nós un ano-  como funciona este espazo, que poden vir buscar nel e para que pode empregarse.



   
  A actividade comprende varias partes: primeiro recórrese a biblioteca cos rapaces e móstraselles como os fondos están organizados por materias e cal é a ubicación física de todos os materiais dos que poden dispoñer. A continuación, a través dun recurso dixital, explícase como funciona a catalogación de fondos segundo a CDU, fundamental para que eles poidan buscar libros, DVD...


         Para rematar, cada clase, organizada en grupos, fai unha busca de fondos de distinto tipo por toda a biblioteca: con esta actividade final, moi dinámica, compróbase o grao de comprensión e de efectividade das dúas anteriores.

29/10/14

BENVIDOS Á BIBLIOTECA DO NOSO IES...


        Vimos de rematar, un ano máis, as sesións de FORMACIÓN DE USUARIOS pensadas para o alumnado de 1º de ESO do noso instituto.
       Como se trata de rapaces e rapazas novos no centro, o equipo de biblioteca adica neste primeiro trimestre, como xa é costume,  un par de sesións a presentarlles o funcionamento deste espazo común do IES. Fálase con eles dos tipos de fondos dos que poden dispoñer, da distribución dos mesmos neste espazo, do funcionamento da CDU, dos blogs que poden visitar e nos que poden participar... Despois de ofrecer esta información, agárdalles unha tarefa por equipos na que competirán para ver quen aplica con maior acerto e rapidez o aprendido á hora de facer a busca de media ducia de materiais de distinto tipo. Que gañe o mellor!


22/10/13

ABRIMOS AS PORTAS PARA OS NOVOS USUARIOS DE BIBLIO

    Ao longo desta semana o Equipo de Biblioteca está a desenvolver unha serie de actividades co alumnado de 1º de ESO, encamiñadas a formalo como usuario dentro do espazo da biblioteca.
 
 
 
 
 
 
      
    Móstraselles o funcionamento do sistema de empréstito, explícaselles a organización dos fondos e como poden atopalos por si mesmos nos andéis... Todo isto faise dun xeito lúdico e interactivo mediante unha actividade deseñada coa aplicación  JClic.

07/02/12

Unha orixinal formación de usuarios




A dramatización da canción "The Final countdown" de Europe é a escusa para realizar unha actividade de formación de usuarios co obxectivo de formar aos lectores no manexo da CDU (Clasificación Decimal Universal), o sistema para clasificar os libros dunha biblioteca por materias.  Un fermoso traballo do equipo de  Biblioteca Fontem Albei de Fonsagrada.
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas