15/10/18

FORMACIÓN DE USUARIOS

     

Nestas primeiras semanas de outubro, o equipo de biblioteca está a levar a cabo sesións de Formación de Usuarios  en 1º e 2º de ESO: o obxectivo é mostrar ao novo  alumnado - e recordarlles aos que xa levan con nós un ano-  como funciona este espazo, que poden vir buscar nel e para que pode empregarse.



   
  A actividade comprende varias partes: primeiro recórrese a biblioteca cos rapaces e móstraselles como os fondos están organizados por materias e cal é a ubicación física de todos os materiais dos que poden dispoñer. A continuación, a través dun recurso dixital, explícase como funciona a catalogación de fondos segundo a CDU, fundamental para que eles poidan buscar libros, DVD...


         Para rematar, cada clase, organizada en grupos, fai unha busca de fondos de distinto tipo por toda a biblioteca: con esta actividade final, moi dinámica, compróbase o grao de comprensión e de efectividade das dúas anteriores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas