Amosando publicacións coa etiqueta Actividades complementarias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Actividades complementarias. Amosar todas as publicacións

08/03/17

XA TEMOS EQUIPOS GAÑADORES DO CONCURSO AMOR OMNIA VINCIT!


 Reunido o grupo de traballo da Biblioteca Sarmiento encargado de avaliar as respostas presentadas ao concurso Amor omnia vincit, emítese o seguinte fallo:


Resultado de imaxes para cupido

1º PREMIO:

 Andrea Juncal, 1º bacharelato B

Laura Lagares, 1º bacharelato B



2º PREMIO:

Marta Varela Bello,  1º bacharelato B

María Vaamonde Lesta, 1º bacharelato B


      A entrega de premios farase ao longo da Semana Cultural do noso IES, entre o 20 e o 24 deste mes. Parabéns ás gañadoras.

11/05/16

A XXIII Semana Cultural do IES de Curtis en imaxes


A Comunidade Educativa do IES de Curtis agradece a colaboración de: 
  • Begoña Garrido
  • Luís Sendón
  • Blues do País
  • Carlos Ferrás
  • Lorena Pose
  • Pilar García Agra
  • Constantino del Río
  • APEM
  • Esther Nouche
  • Antonio Míguez Macho
  • Manuel Pombo Fernández
  • Luís Caruncho e Pinto de Herbón
  • Carlos Alberto Salgado Torres
  • Alumnado de música
  • María del Río Araújo
  • Cristina Expósito
  • María Lado e Lucía Aldao
  • Rubén Pedreira
  • UTE do centro penitenciario de Teixeiro
  • Antonio Mourelos
  • Equipo de traballo Biblioteca Sarmiento
  • GES Curtis
  • Asociación Xuvenil Fusquenlla
  • Escola Galega de Consumo
  • Concello de Curtis 
  • Secretaría Xeral de Política Lingüística



02/05/16

Visita á Casa Museo de Manuel María e ao Museo Provincial de Lugo


 
O pasado 18 de abril a rapazada de 1º ESO foi de excursión a Lugo. Velaquí a crónica da viaxe e a reportaxe fotográfica.


Na primeira parte da mañá visitamos a Casa Museo de Manuel María, chamada Casa de Hortas. Alí, un guía falounos de distintos aspectos da vida e da obra deste autor ao que este ano se lle dedica o Día das Letras. Ademais fixemos unha visita guiada pola casa na que naceu o poeta e que foi recentemente restaurada. Alí chamounos a atención que había poemas impresos polas paredes e nas contras dunha ventá. Tamén visitamos o cemiterio onde está enterrado o escritor e alí recitáronse poemas. Asemade, a outra metade do grupo fixo unha pequena ruta ata a beira do río.

Na segunda parte da mañá desprazámonos ata a cidade de Lugo para ver o Museo Provincial. Alí fixemos unha actividade relacionada cun libro que estivemos lendo e comentando nas clases de Lingua: Contos do Museo. Son catro relatos de temática misteriosa que se desenvolven en maior ou menor medida no citado museo. Algúns dos seus autores son tan coñecidos como Agustín Fernández Paz ou Xabier Docampo. A actividade consistiu en responder unha serie de cuestións relacionadas cos contos ou con obxectos do propio museo. Dividíronnos en catro grupos e a cada un asignáronnos un conto. A partir deste momento buscamos por todo o museo as respostas e cando rematamos reunímonos para facer a posta en común e o reconto das acertadas. Foi unha actividade moi entretida. Mágoa que xa era hora de volver á casa e non nos deu tempo a ver con máis detemento o museo!


Visita á Casa Museo de Manuel María e ao Museo Provincial de Lugo on PhotoPeach

20/04/16

25 de abril, I Xornada de Adiovisual Galego do IES de Curtis



O 25 de abril agárdanos unha xornada ateigada de obradoiros, coloquios e relatorios con algúns dos mellores especialistas do noso audiovisual. Mira que programa,  de cine! 

  • Fernando Cortizo, O Apóstolo: a maxia do stop-motion (Proxección, relatorio e obradoiro)
  • Marta Piñeiro, Audiovisual e igualdade: aprendendo a cambiar o conto (Proxección, coloquio e obradoiro)
  • Marisa Otero, Quero facer unha curta (Proxección de Nebra e relatorio)


E ademais:

Quico CadavalA escena

Proxección de curtas e videoclips


Agradecemos a colaboración da Asociación Cultural Senunpeso e de CREA (Asociación de directores e realizadores de Galicia), así como o asesoramento amigo de Illa Bufarda e Nani Matos. 

O cartel debémosllo a outra colaboradora habitual: Ana Seoane de pintalamona.com

17/03/16

Xoves na Semana Cultural

Hoxe temos connosco a: 

  • Charla: Silencio que empeza a publicidade, por Marisa del Río Araújo, profesora de Comercialización e Investigación de mercados da  USC.
  • Concerto alumnado que cursa estudos nos Conservatorios de Música.
  • Obradoiro: Xeoxebra, por Cristina Expósito, profesora de Matemáticas.

16/03/16

Mércores na Semana Cultural

Hoxe estarán connosco: 

 E ademais, proxección de La ladrona de libros e A esmorga

 

    15/03/16

    Martes na Semana Cultural


    Hoxe teremos:

    • Razóns de morte. A violencia, o franquismo e a memoria histórica, por Antonio Míguez Macho, profesor da Facultade de Hª USC

    • Obradoiro: Imos contar mentiras, por Elena Gallego, xornalista e escritora

    • Obradoiro: Xeoxebra, por Esther Nouche, profesora de Matemáticas

    • Obradoiro: E ti.... sabes ler publicidade?, por Equipo da Biblioteca Sarmiento

    • Videoconferencia: Coñece os teus dereitos como persoa consumidora, por Escola Galego de Consumo

    • Obradoiro: Diagnose electrónica e hidráulica en vehículos agrícolas, por Constantino del Río Ferreiro, xefe de taller agrícola en Curtis

    • Prevención de enfermedades mentais en adolescentes, por APEM

    14/03/16

    Arranca a XXIII Semana Cultural

    Empezamos! 
    Hoxe teremos: 

    • Obradoiros de Arqueoloxía, por  Begoña Garrido, arqueóloga, responsable de Xeitura (Sociedade Cooperativa Galega para a xestión integral do patrimonio cultural).
    • O meu traballo é divertido, por Luís Sendón, ilustrador e deseñador gráfico
    • Blues do país
    • E se a agricultura fose a solución ao desemprego xuvenil?, Carlos Ferrás, profesor de Xeografía da USC, coordinador do Máster en Planificación e Xestión do Desenvolvemento Territorial. Proxectos: Galicia auténtica, Granxa familiar.
    •  Lingua e medios de comunicación. O uso do galego na TVG, por Lorena Pose, xornalista de RTVG, presentadora de A Revista. 
    • Obradoiro Matemático, por Pilar García Agra, profesora de matemáticas e membro da directiva de AGAPEMA.
    •  Entre a dinámica e o xogo, para promocionar estudos de Historia, por Begoña Garrido, arqueóloga, responsable de Xeitura (Sociedade Cooperativa Galega para a xestión integral do patrimonio cultural).
    •  Obradoiro: E ti... sabes ler publicidade?, por Equipo de Traballo da Biblioteca Sarmiento.



    25/01/16

    O vindeiro 3 de febreiro, ás 12:45, Antón Riveiro Coello visitará o noso centro. Os alumnos e alumnas de 1º bacharelato debateremos con el sobre A quinta de Saler. 

    30/11/15

    Eu son...

    Se queres ser universal, fala da túa aldea
                                                                                                              León Tolstói
    A exposición Eu son… naceu cun dobre obxectivo: por unha banda pretendía render homenaxe a Memorias dun neno labrego, obra singular na historia das nosas letras e, por outra, ofrecer un tributo aos nosos antergos, a todas aquelas persoas que teceron coas súas vidas os nosos presentes.
    Galicia estivo chea de nenos e nenas labregas con historias sentidas que contar. As que aquí se recollen reflicten a vida da aldea, da escola, dos traballos do campo, da emigración, da represión, do amor, da ditadura… Esas historias de vidas anónimas forman parte do noso pasado e tamén do noso presente: elas son a nosa raizame e é de xustiza que non caian no esquecemento.
    Velaquí as nosas memorias  que hoxe, máis ca nunca, convértense nunha sentida homenaxe ao creador de Balbino.
     

    24/04/15

    II CERTAME ESCOLAR DE BLOGS DO IES DE CURTIS


     O ENDL do IES de Curtis convoca o II Certame Escolar de Blogs cos seguintes obxectivos:
    • Valorar a importancia dos blogs como ferramenta didáctica para o desenvolvemento de contidos curriculares e a súa utilidade para a motivación do alumnado.
    • Fomentar o emprego activo das TICs e a creación de espazos que favorezan asociacións positivas para a lingua.
    • Estender o uso da lingua galega na rede.
    • Promover o coñecemento de distintos aspectos da cultura galega, en especial os relacionados co ámbito do lecer.
    • Complementar a formación académica do noso alumnado con contidos que contribúan á súa inserción no mundo laboral.
    • Procurar a formación continua e a colaboración educativa entre pais, nais, profesorado e persoal non docente do IES de Curtis.

    BASES
    DESTINATARIOS
    Calquera membro que pertenza á Comunidade Educativa do IES de Curtis durante o curso académico 2014-2015. 

    FORMACIÓN
    1. Se houber demanda, realizaranse xornadas de formación fóra do horario lectivo.
    2. A asistencia ás xornadas de formación non é obrigada para concursar no certame, pero todas as persoas que asistan deberán necesariamente presentar un blog.

    REQUISITOS
    1. A lingua empregada na redacción dos blogs será a galega.
    2. Os blogs poderán realizarse de maneira individual ou en grupo.

    TEMÁTICA
    A temática é libre, pero valoraranse positivamente aqueles blogs que dean a coñecer aspectos da cultura galega e desenvolvan contidos relacionados co ámbito do lecer e as preocupacións da xente nova: música, literatura, arte, ciencia, patrimonio, audiovisual, medioambiente, voluntariado, asociacionismo cultural, novas tecnoloxías, graffiti, banda deseñada, deportes, motor, videoxogos...

    INSCRICIÓN NO CONCURSO
    Realizarase durante o mes de abril nun espazo que, con tal fin, se habilitará no blog Son de noso. O autor ou autora deberá cubrir un formulario no que indique o seu nome e apelidos, o curso ou estamento ao que pertence no seo da Comunidade Educativa e a URL (enlace) do seu blog.
    Os traballos faranse públicos o 17 de maio, Día das Letras Galegas e da Internet, en Son de noso (http://sondenoso.blogspot.com.es/). Ata ese momento os autores e autoras deberán alimentar o seu blog que terá que conter un mínimo de oito entradas. 

    PREMIO
    Concederase un único premio consistente nun Tablet para o mellor blog presentado polo alumnado. 

    CRITERIOS DE VALORACIÓN
    Teranse en conta os seguintes criterios:
    • Calidade lingüística
    • Interese dos contidos
    • Deseño e orixinalidade
    • Inclusión de contidos propios
    • Actualización e número de entradas
    • Recursos e enlaces de interese relacionados co tema elixido
    • Aproveitamento das posibilidades que ofrece o blog: inserción de textos orixinais, vídeos, imaxes, audio...
    • Participación e comunicación coa comunidade virtual (seguidores, difusión nas redes sociais, comentarios, visitas...)
    Descualificaranse os blogs que conteñan insultos, contidos discriminatorios e /ou linguaxe non adecuada.
    Penalizaranse, así mesmo, as malas prácticas; entre elas, a non inclusión das fontes das que se extraen imaxes e información. 

     XURADO
    Estará formado por membros do ENDL, profesorado de Informática do centro e un blogueiro/a de recoñecido prestixio.
    A súa valoración suporá un 60% da puntuación total. O 40% restante será outorgado pola comunidade virtual que votará os blogs presentados dende o 17 de maio ata o 31 do mesmo mes.
    O fallo farase público na primeira semana de xuño e o premio será entregado polo blogueiro/a convidado.


    Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
    Deseño logo: shouvas