Amosando publicacións coa etiqueta Lectura compartida. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lectura compartida. Amosar todas as publicacións

03/05/10

A lectura compartida

Sempre me gustou ler con outros. Recordo cando lía con meu amigo Xaime Toxo, irmán nos sentimentos e nas palabras, Cien años de soledad, logo gustábamos comentar os descubrimentos que íamos facendo o longo do libro, foi unha lectura repetida o longo de 4 anos na que cada vez descubríamos algo novo. Logo limos a Le Carre, a Coetze, Banbille e moitos outros, e, a pesar da distancia xeográfica que nos separa, podía sentir o meu amigo compartindo aquela lectura o meu carón. Logo apareceu Ana e descubrín a Mateo Díez, Quin Monzó e paixases e lugares que xa están na memoria.
Hoxe recibín este correo do meu amigo Xaime, contestanto a outro anterior meu sobre a lectura dos clásicos, que non me resisto a transcribir:

De: Domínguez Tojo, Jaime
Para: 'Santiago José Soliño Díez'
Asunto: A vosa biblioteca virtual.
Data: 03/05/10 08:28:57

Grazas por enviarme a túa escolla con ese texto tan clarificador de Rosa Montero sobre os clásicos e a maneira de tratalos, dándolle de cando en ves un bo repaso.

Cando eres un lector novo e tes enerxía dabando para case todo, aos clásicos hai que lelos e aburrirse con eles. Non sei quen decía que un libro, unha novela, necesita polo memos cincuenta páxinas ilexibles ou aburridísimas para ser considerada unha boa novela.

O cansanzo e o aburrimento que produce ler páxinas e páxinas ilexibles vaiche permitir, se sigues sendo lector, no futuro, cando medres, ter esa mirada intelixente e propia sobre os textos que escollas.

Ler tamén é unha experiencia, e apréndese a ler a base de repasar, de botarlle horas, de esforzo por intentar comprender.

Neste tempo trapalleiro e banal no que vivimos, que tende a frivolizar e cosificar as experiencias humanas coma se fosen mercancia que se puidese vender e mercar, tamén hai un proceso de degradación das experiencias estéticas.
Estou de acordo con Rosa Montero que a Montaña Máxica pode ter páxinas que son un auténtico muermo, mais convén tamén enfrentarse a elas; polo menos, na primeira lectura do libro.
Saúde.
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas