Amosando publicacións coa etiqueta Entrega premios. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Entrega premios. Amosar todas as publicacións

03/03/11

Dez nominacions para Un cranio furado nos María Casares

Nesta ocasión entre as nominacions atopamos nominado a Rubén Ruibal polo texto orixinal da montaxe Limpeza de sangue, da compañía Espello Cóncavo . Compite na mesma categoría con Roberto Salgueiro e o seu maestro Vidal Bolaño por As Actas escuras
Dos 37 espectáculos con posibilidades de premio, soamentes once acadaron representación nestes galardóns que convoca a Asociación de Actores e Actrices de Galicia.
A montaxe O cránio furado,unha produción de PT Excéntricas, parte como favorita dos Premios con dez nomeamentos, entre eles os de maior peso, como mellor montaxe, mellor dirección ou mellor interpretación masculina.
Un cranio furado (A Skull in Connemara) é unha obra mestra do Teatro contemporáneo continúa The Beauty Queen of Leanne, un bellísimo drama social do angloirlandéss Martin McDonagh pertecenta a sua Triloxía de Leanne (por transcorrer o tres obras no devandito pobo).

19/04/09

Edición de 2009 dos galardóns da Crítica


En narrativa en lingua galega a Marcos Calveiro, por Festina Lente. O autor é coñecido no país polas súas obras infantís. O carteiro de Karrada foi galardoada co XVIII Premio Ala Delta . A este público vai dirixido tamen Rinocerontes e quimeras, así como Sari, soñador de mares.
Tamen foi ganador do premio O Barco 2008 con a novela O canto dos peixes.
En Festina Lente, pásase á novela histórica dende unha perspectiva crítica. O autor sitúa a acción en Santiago de Compostela de 1627 e conta as vida do encadernador Ambrosio Cavaleiro, personaxe que lle sirve para facer unha refleción sobre a literatura nos tempos escuros do Medievo.

17/04/09

Pedrón de Ouro-2009

Xosé Luís Rivas e Baldomero Iglesias foron distinguidos co premio Pedrón de Ouro-2009 polos esforzos e o traballo que realizan desde 1972 para recuperar e transmitir o patrimonio oral de Galicia.
O Pedrón de Ouro recoñece a personalidade ou entidade viva e residente en Galicia "que máis destaque na defensa e na promoción das diversas facetas da cultura nacional" ao longo do ano ou na traxectoria dunha vida.
Mini e Mero, que pertencen actualmente ao grupo de música tradicional 'A Quenlla', manifestaron en declaracións a EFE que o Pedrón de Ouro supón para eles unha "gran satisfacción", ademais dun "empurrón" para seguir recompilando cancións, refráns, lendas e outras expresións da cultura oral galega.
Ademais, Mini sinalou que ese galardón "tamén se lle está dando a moitas persoas" que desenvolven tarefas similares "en silencio", e asegurou que nin el nin Mero "o merecen", porque o seu traballo "é un acto egoísta, é beber dunha fonte na que outros non poden".
Os dous musicólogos coincidiron en que o "mérito en si" é ter a oportunidade de "redescubrirse a si mesmos" a través da investigación cultural que emprenderon hai case corenta anos, e que continúa hoxe en día, porque lles axudou a "vivir dun modo harmónico co ser de Galicia".
Mini e Mero recompilaron material por toda a xeografía galega, pero, fundamentalmente, na súa comarca natal, a Terra Cha, e as zonas de Boimorto e Mesía, onde exercen de profesores. Os etnógrafos aseguraron que é "imposíbel" contabilizar o material recompilado estes anos, arquivos que pretenden "difundir" e "poñer nun gran foro" porque "son patrimonio de todos".
Para iso, existe un proxecto de colaboración co Museo do Pobo Galego que permitirá acceder a unha base de datos de todo o patrimonio oral recollido durante estes anos polos novos Pedrón de Ouro, dentro dun ano, aproximadamente.
http://sarmientobiblioteca.blogspot.com/2009/03/mini.html

25/03/09

EQUIPOS GAÑADORES DO CONCURSO "QUEN É ESA MULLER?"

O pasado luns, 23 de marzo, fíxose entrega dos premios aos equipos gañadores do concurso "Quen é sea muller?". As alumnas pertencían a diferentes niveis educativos: o primeiro clasificado estaba formado por catro alumnas de 2ºBach. de humanidades, o segundo integrábano catro alumnas do ciclo medio de Administrativo e o terceiro estaba formado por tres alumnas de 1º de ESO.
O equipo de biblioteca quere dar as grazas a todo o alumnado que participou nesta primeira edición do citado concurso e anímaos a continuar nesta liña.


Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas