Amosando publicacións coa etiqueta Automoción b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Automoción b>. Amosar todas as publicacións
27/05/17
08/04/17
24/04/15
Motortec 2015
Visita dos Departamentos de Automoción e Administrativo do IES de Curtis á Feira Motortec, celebrada no recinto ferial de Ifema en Madrid, o 13 de marzo de 2015.
17/04/15
El motor de la Historia
Visita dos Departamentos de Automoción e Administrativo á exposición "El motor de la Historia", organizada pola Fundación Jorge Jove en Expocoruña, o día 9 de abril de 2015.
30/05/14
Automoción en Salamanca e Ávila
Visita do alumnado e profesorado de Automoción do IES de Curtis ao Museo da Historia da Automoción de Salamanca e a CESVIMAP en Ávila, os días 22 e 23 de maio de 2014
03/04/13
Visita ao Museo Eduardo Barreiros (Madrid)
Imaxes da visita realizada o 14 de marzo polo alumnado de 1º e 2º curso dos Ciclos de Automoción e Administrativo ao Museo Eduardo Barreiros.
Dende aquí queremos expresar o noso agradecemento á Fundación Eduardo Barreiros pola súa invitación e marabillosa acollida.
Dende aquí queremos expresar o noso agradecemento á Fundación Eduardo Barreiros pola súa invitación e marabillosa acollida.
11/11/12
Literatura e Automóbil
"A literatura, igual que as demais artes, atopou no automóbil non só motivo ou pretexto conxuntural, senón, con frecuencia, tamén a un novo personaxe, á vez mudo e cargado de sentido, capaz de catalizar e galvanizar as paixóns, desexos e frustracións dos máis tradicionais de carne e óso".
James Ellroy, Paul Theroux, Cees Nooteboom, Bryce Echenique, Eduardo Mendoza e Enrique Villa-Matas participaron na VII Conferencia Internacional "Literatura y Automóvil", organizada pola Fundación Eduardo Barreiros en colaboración coa Fundación MAPFRE, celebrada en Madrid do 5 ao 8 deste mes.
Durante estes catro días, nos distintos encontros que tiveron lugar durante as xornadas, este grupo de escritores, xornalistas e críticos, analizaron as moi variadas representacións do automóbil nas letras contemporáneas e debateron acerca desas relacións e do seu persoal modo de enfrontarse con elas na súa produción literaria.
Ademais, durante a cita, dous dos escritores españois máis recoñecidos internacionalmente, Eduardo Mendoza e Enrique Villa-Matas, charlaron sobre os vínculos do mundo das catro rodas e a literatura. Outro encontro, Cees Nooteboom e Paul Theroux, moderados por Juan Cruz, falaron de literatura e motor, ao redor dunha mesa titulada "Dos en la carretera".
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas