Amosando publicacións coa etiqueta Ramón Piñeiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ramón Piñeiro. Amosar todas as publicacións

07/05/09

Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia (1961-1984)

Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia (1961-1984), de Ramón Piñeiro e Basilio Losada, editado por María Xesús Lama e Helena González. Entre 1961 e 1984, Ramón Piñeiro e Basilio Losada mantiveron unha intensa correspondencia (453 cartas en total), que a Editorial Galaxia vén de publicar. A través desas cartas pódense coñecer polo miúdo os proxectos desenvolvidos polos grupos galeguistas durante a ditadura, as conexións incorporación dos estudos de galego nas universidades de Compostela e Barcelona, a galeguización do Centro Galego de Barcelona, os avances no recoñecemento da lingua a nivel institucional e popular e as revoltas contra o réxime. A finais dos anos sesenta J.A. González Casanova entra en contacto co galeguismo e mantén un intenso contacto cos grupos máis activos, incluído o propio Piñeiro.

04/05/09

Camiño ao 17 de maio

A obra de Ramón Piñeiro non é moi abundante, e céntrase, na súa totalidade, na que se deu en chamar "filosofía da saudade". Así, a comezos dos 80, publicou Siñificado metafísico da saudade, notas pra unha filosofía galaico-portuguesa e Filosofía da saudade. Tamén destacan as súas traducións, en colaboración con Celestino Fernández de la Vega, das obras de Pokorny e Heidegger, que supuxeron no seu momento, segundo a RAG, "un paso decisivo na normalización do galego como lingua con capacidade para expresarse en todos os campos do saber, superando a súa cualificación como lingua "rural e poética" na que a tiñan encadrada moitos intelectuais españois da posguerra.
Saudade é unha especie de vaga lembranza nostálxica e cariñosa dun ben especial que está ausente, acompañado dun desexo de volver a velo ou posuílo. É unha única palabra para designar todas as variedades dese sentimento. Aínda que moi semellante á morriña, diferénciase desta en que non require un afastamento físico do obxecto amado, e nin sequera que este sexa algo concreto.
Este termo é case exclusivo do vocabulario da lingua galega e da portuguesa. A palabra vén do latín "solitas, solitatis" (soidade), posiblemente influída polos termos "saúde" e "saudar".
No fado, e en xeral na música popular galego-portuguesa, a saudade e a partida son temas constantes. Múltiplos artistas galegos, ademáis de Piñeiro, incluíron este tema nas súas obras; entre eles cabe citar a Rosalía de Castro, ou Eduardo Pondal.
Castelao, no seu libro Sempre en Galiza, analiza tamén este sentimento "tan galego".

27/04/09

Ramón Piñeiro na Grial


Ramón Piñeiro, foi fundador e director da revista Grial . A revista dedícalle o seu número 181 ao escritor de Láncara sumándose así ás actividades que lembran o ensaísta co gallo do Día das Letras Galegas. O vindeiro mércores ás 20.00 horas, a editorial Galaxia fará a presentación pública deste exemplar -Olladas sobre Ramón Piñeiro- na Fundación Torrente Ballester, na que intervirán os seus codirectores, Víctor F. Freixanes e Henrique Monteagudo, xunto con Justo Beramendi, Carlos Fernández, Andrés Torres Queiruga e Damián Villalaín, que achegan textos á publicación.
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas