Amosando publicacións coa etiqueta Educación b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Educación b>. Amosar todas as publicacións
29/01/14
31/10/13
El arte de dar clases - Santiago Petschen
El arte de dar clases de Santiago Petschen
Prólogo de Ricardo Díez Hochleitner
A clase é unha obra de arte menor. É o primeiro dos descubrimentos que o autor deste libro realiza tras a lectura de máis de cen eminentes cronistas -autores de libros de memorias- acerca da formación educativa que recibiron na súa infancia e na súa xuventude. Outro descubrimento é o poder, testemuñado con expresións moi fondas e entrañables, que posúen os profesores para constituírse en figuras coas que identificarse profundamente. No cumio da docencia, están os mestres que aplican, libremente, o que o seu persoal carisma lles inspira. E nos entreactos, o libro trata do que se fai ben e mal a propósito da autoridade, a plasticidade, a densidade, o tempo, a presenza, o fala, os xestos... Todo un breviario de meditación pedagóxica sobre un trasfondo moi amplo de cultura contemporánea.
Vía Plaza y Valdés Editores
08/02/13
"Entre maestros": un docu-experimento sobre o que pasa si intentas innovar en clase
Non paramos de falar sobre os problemas da educación pero que ocorre cando se fai algo distinto nunha clase? Están os alumnos preparados? E o profesor?
É a premisa de "Entre maestros", un documental español a metade de camiño entre un reality e o xénero de películas épicas sobre profesores que se estrea o venres 8 de febreiro na web Filmin.es (2,95 euros) e que foi realizado en coproducción con Televisión Española.
Ver máis >>
05/02/13
Que farías da túa vida si o diñeiro non importase?
Hai quen di que non hai que estudar o que apetece senón o que é necesario Recoméndaselle aos universitarios non guiarse só por preferencias persoais ou tradicións familiares senón ter en conta as posibilidades de empregabilidade.
E si o razoamento é outro?...
16/01/13
11/12/12
17/08/12
La educación prohibida
"La Educación Prohibida" é unha película documental que se propón cuestionar as lóxicas da escolarización moderna e a forma de entender a educación, visibilizando experiencias educativas diferentes, non convencionais que expón a necesidade dun novo paradigma educativo.
A Educación Prohibida é un proxecto realizado por mozos que partiron desde a visión do quen aprenden e embarcáronse nunha investigación que cobre 8 países realizando entrevistas a máis de 90 educadores de propostas educativas alternativas. A película foi financiada colectivamente grazas a centos de coproductores e ten licenzas libres que permiten e alentan a súa copia e reprodución.
A Educación Prohibida proponse alimentar e disparar un debate reflexión social acerca das bases que sosteñen a escola, promovendo o desenvolvemento dunha educación integral centrada no amor, o respecto, a liberdade e a aprendizaxe.
Sinopsis
A escola cumpriu xa máis de 200 anos de existencia e é aínda considerada a principal forma de acceso á educación. Hoxe en día, a escola e a educación son conceptos amplamente discutidos en foros académicos, políticas públicas, institucións educativas, medios de comunicación e espazos da sociedade civil. Desde a súa orixe, a institución escolar estivo caracterizada por estruturas e prácticas que hoxe se consideran maiormente obsoletas e anacrónicas. Dicimos que non acompañan as necesidades do Século XXI. A súa principal carencia atópase nun deseño que non considera a natureza da aprendizaxe, a liberdade de elección ou a importancia que teñen o amor e os vínculos humanos no desenvolvemento individual e colectivo.
A partir destas reflexións críticas xurdiron, ao longo dos anos, propostas e prácticas que pensaron e pensan a educación dunha forma diferente. "A Educación Prohibida" é unha película documental que propón recuperar moitas delas, explorar as súas ideas e visibilizar aquelas experiencias que se atreveron a cambiar as estruturas do modelo educativo da escola tradicional.
Máis de 90 entrevistas a educadores, académicos, profesionais, autores, nais e pais; un percorrido por 8 países de Iberoamérica pasando por 45 experiencias educativas non convencionais; máis de 25.000 seguidores nas redes sociais antes da súa estrea e un total de 704 coproductores que participaron no seu financiamento colectivo, converteron a "La Educación Prohibida" nun fenómeno único. Un proxecto totalmente independente dunha magnitude inédita, que dá conta da necesidade latente do crecemento e xurdimento de novas formas de educación.
17/06/11
16/06/11
FALAMOS DE EDUCACIÓN
Viviu hai moitos anos unha raíña poderosa e sabia obsesionada con manterse no poder. Afastada do pobo por grandes murallas e profundos fosos, cada día daba ordes aos seus leais para que as condicións de vida de campesiños e traballadores fosen aceptables. Desde o seu palacio, entre luxosos tesouros, clamaba para que ningún dos seus súbditos pasase excesiva fame ou demasiado frío. Insistía aos seus homes de confianza para que as súas xentes non padecesen miserias nin sufrisen enfermidades relacionadas coa pobreza. Organizáballes grandes festas, invitábaos a viño e bailes. "Que sexan felices, que se divirtan", "Non existe ningún outro investimento que produza maiores e mellores retornos sociais e económicos que a educación. É a clave do benestar, do desenvolvemento e do progreso dun país posto que mellora a saúde e o medio ambiente, reduce a pobreza e a desigualdade, aumenta o emprendemento, a produtividade e a competitividade e estimula a liberdade e a democracia". (Guillermo de la Dehesa, economista)
España inviste en educación menos diñeiro en relación co PIB (4,3%) que o que se inviste como media na UE (5,05%) e na OCDE (5,3%). A taxa de abandono escolar (31,2%) duplica á media da UE (14,4%). Ningunha das universidades españolas aparece no ranking das 100 mellores universidades do mundo.
(Extractos recollidos do libro Reacciona, de varios autores, entre outros, Javier Pérez de Albéniz)
(Extractos recollidos do libro Reacciona, de varios autores, entre outros, Javier Pérez de Albéniz)
22/03/11
Cómo hemos cambiado - El colegio
O colexio da nosa infancia e como foi cambiando ao longo dos últimos 60 anos. Os cambios políticos, sociais e económicos modificaron a educación e tamén algunhas cousas relacionadas cos colexiais: transporte, alimentación, os xogos. O documental móstranos o desenvolvemento dun curso escolar, dende o seu inicio ata os exames de fin de curso. Tamén mostra cada un dos momentos dunha xornada escolar, faino a través de imaxes documentais pero, tamén, de secuencias de series dramáticas, sketches humorístico e cancións relacionadas co tema.
Vía Trafegando Ronseis e TVE a la carta
08/03/11
A EDUCACIÓN NON É UN CONTO
Baixo o lema A EDUCACIÓN NON É UN CONTO: POLOS DEREITOS DAS NENAS E AS MULLERES, millóns de persoas en todo o mundo mobilizaranse para recordar aos líderes políticos as dificultades que millóns de nenas e mulleres teñen para acceder a unha educación de calidade e para pedirlles que tamén recorden e cumpran o seu compromiso de destinar os recursos necesarios para facer realidade a Educación para Todos e Todas en 2015.
Para iso, a actividade central da SAME 2011 (Semana de Acción Mundial pola Educación) consistirá na GRANDE HISTORIA, é dicir, na elaboración dun gran libro de contos escritos por alumnos, alumnas, docentes e personalidades destacadas do mundo da interpretación nos que se reflicta como o acceso á educación -ou a falta desta- poden marcar a vida das mulleres e das nenas.
En España, a Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) desenvolverase do 11 ao 17 de abril. Os contos elaborados polos alumnos e alumnas, docentes e todas as persoas participantes, presentaranse nos actos que celebremos en toda España, nos que, ademais, faremos chegar as peticións aos representantes dos gobernos locais, autonómicos e do goberno estatal para recordarlles os seus compromisos. Desta forma, unirémonos á mobilización mundial que estará a ter lugar ao longo e ancho do planeta.
22/02/11
El Elemento - Ken Robinson
(...) Hai uns anos oín unha historia marabillosa que me gusta moito explicar. Unha mestra de primaria estaba a dar unha clase de debuxo a un grupo de nenos de seis anos de idade. Ao fondo da aula sentábase unha nena que non adoitaba prestar demasiada atención; pero na clase de debuxo si o facía. Durante máis de vinte minutos a nena permaneceu sentada ante unha folla de papel, completamente absorta no que estaba a facer.
Á mestra aquilo pareceulle fascinante. Ao final preguntoulle que estaba debuxando. Sen levantar a vista, a nena contestou: «Estou debuxando a Deus». Sorprendida, a mestra dixo: «Pero ninguén sabe que aspecto ten Deus». A nena respondeu: «Saberano deseguida».
Encántame esta historia porque nos recorda que os nenos teñen unha confianza asombrosa na súa imaxinación. A maioría perdemos esta confianza a medida que crecemos, pero pregunta aos nenos dunha clase de primaria quen considera que teñen imaxinación e todos levantarán a man. Pregunta o mesmo nunha clase de universitarios e verás que a maioría non o fai. (...)
21/02/11
16/02/11
Sexamos educad@s tamén na Rede
Ao outro lado do ordenador hai xente á que podemos molestar ou ofender se descoñecemos as normas básicas de comportamento en Internet.
Con non esquecer que ao comunicarnos a través de Internet (mediante o correo electrónico, chats, grupos de noticias, mensaxería instantánea, foros...) detrás hai persoas igual que nós, teremos moito adiantado. As normas de etiqueta na Rede (ciberetiqueta ou netiqueta, do inglés netiquette) non son moi diferentes ás normas sociais de conduta que nos van inculcando dende a infancia. O que hai coñecer é o equivalente na Rede aos bos modais.
Con non esquecer que ao comunicarnos a través de Internet (mediante o correo electrónico, chats, grupos de noticias, mensaxería instantánea, foros...) detrás hai persoas igual que nós, teremos moito adiantado. As normas de etiqueta na Rede (ciberetiqueta ou netiqueta, do inglés netiquette) non son moi diferentes ás normas sociais de conduta que nos van inculcando dende a infancia. O que hai coñecer é o equivalente na Rede aos bos modais.
Pica aquí se queres coñecer esas normas básicas de comportamento na Rede.
06/12/10
As fichas de póker
Vía trafegando ronseis
"...Ser pai é moi simple.
Ser mestre é moi simple.
O teu traballo é que cada rapaz co que lidas cada mañá teña máis fichas de póker cando se vaia durmir pola noite que cando espertou pola mañá. Así de simple!..."
11/07/10
10/07/10
UN GOL POLA EDUCACIÓN
A campaña 1 GOL POLA EDUCACIÓN, iniciativa da Campaña Mundial pola Educación (CME), avalada polo mundo futbolístico e o equipo directivo da FIFA, quere comprometer os líderes mundiais, xunto a futbolistas e persoas afeccionadas de todo o mundo, a que unan esforzos para lograr un impulso definitivo na consecución da "Educación para todos e todas", con ocasión da Copa do Mundo da FIFA de 2010. En España, a campaña está promovida pola Coalición Española da Campaña Mundial pola Educación (CECME).

20/02/10
12/02/10
09/02/10
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas



