Amosando publicacións coa etiqueta cinema. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cinema. Amosar todas as publicacións

30/09/11

José Luís Cuerda presenta en Oza dos Ríos a súa nova película “Todo é silencio” baseada na novela de Manuel Rivas

O director manchego presentou o pasado mércores a rodaxe ( que leva varias semanas desenvolvéndose na zona da Costa da Morte) da súa próxima película, Todo é silencio, no Pazo de Santa Cruz, no concello de Oza dos Ríos.

Acompañaron ao director o produtor da cinta, Gerardo Herrero, o autor do guión , Manuel Rivas, e os seus tres protagonistas, Quim Gutiérrez, Miguel Ángel Silvestre e Celia Freijeiro.
O filme relata un complexo e emocional triángulo amoroso ambientado no narcotráfico galego da década dos 80. Non é a primeira vez que Cuerda e Rivas unen cinema e literatura, na memoria de todos está A lingua das bolboretas, baseada en tres relatos do libro Que me queres amor? Agardamos poder gozar o antes posible desta adaptación cinematográfica da fantástica novela de Rivas.

                              Manuel Rivas, José Luís Cuerda, Miguel Ángel Silvestre, Celia Freijeiro e Quim Gutiérrez

28/09/11

'Pa Negre', en catalán, ós Oscar en representación de España



A película 'Pa negre' de Agustí Villaronga foi seleccionada pola Academia das Artes e Ciencias Cinematográficas para representar a España na 84ª edición dos  Oscar de Hollywood no apartado de mellor película de lingua non inglesa. A cinta do director mallorquín tamén nos representará  nos Premios Ariel da Academia de Cine Mexicana.
Os intérpretes Verónica Echegui e José Coronado foron os encargados de dar a coñecer na sede da Academia a produción seleccionada polo xurado.
'Pa Negre' desenvólvese nos anos da posguerra rural en Cataluña. Andreu, un neno que pertence ó bando dos perdedores, atopa no bosque os cadáveres dun home e o seu fillo. As autoridades queren facer responsable a seu pai destas mortes, pero el, para axudarlle, intenta averigüar quen son os auténticos responsables. Neste percorrido Andreu desenvolve unha conciencia moral fronte a un mundo de adultos que está alimentado polas mentiras e, para sobrevivir, traizoa as súas propias raíces para acabar descubrindo o monstruo que habita nel.


              Xornal.com     28/09/2011 - 14:34 h.
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas