Amosando publicacións coa etiqueta CIENCIA NA BIBLIOTECA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CIENCIA NA BIBLIOTECA. Amosar todas as publicacións

16/12/22

NOVEMBRO E DECEMBRO: VIR Á BIBLIOTECA TENCHE MOITA CIENCIA!

   Ao longo do mes de novembro e tamén agora, en decembro, a biblioteca do noso IES visibilizou, grazas á colaboración de profesorado de numerosos departamentos didácticos, a importancia que neste espazo xoga a ciencia nas súas diferentes ramas. A seguinte presentación ofrece unha pequena mostra dos traballos, exposicións e experiencias levadas a cabo  neste espazo, todas elas posibles grazas ao traballo e implicación do profesorado e do alumnado. 



VIR Á BIBLIOTECA TENCHE MOITA CIENCIA!


24/01/20

LENDO CIENCIA NA BIBLIOTECA


    Neste mes de xaneiro chegaron á biblioteca novos  fondos relacionados coa divulgación científica: o PLAMBE e as suxestións dos departamentos didácticos relacionados co mundo da ciencia permitíronnos enriquecer as posibilidades de lectura que podemos ofrecer tanto ó alumnado coma ó profesorado. 



    O alumnado, por conta propia ou acompañado por membros do profesorado, pode estes días baixar e mergullarse nestes novos títulos que veñen facer da nosa biblioteca un espazo cada vez máis plural e multidisciplinar.




Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas