Amosando publicacións coa etiqueta Día das Letras 2021. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día das Letras 2021. Amosar todas as publicacións

13/05/21

Xela Arias: Intempériome

 A banda da Loba combinou cinco poemas do derradeiro libro publicado en vida por Xela Arias, Intempériome (2003) dando como resultado este videoclip:

 


 

Vide.
Convídovos ó espectáculo de non ser para ser de todo.
Vide que vos convido
a vos ver.
Ven que te reto
a te ver a ti desde ti en ti.

Hasme oír, hasme oír:
agora busco que coxugues
ben o verbo dos posibles,
e que ti esquezas esa radio de cousas previas
amarrada sempre ós pensamentos,
sempre ós pensamentos.

Incéndiate
á calor da observación.
E repasa logo a ollada
no pouso dos afectos.

Hasme oír, hasme oír: deixa
que te percibas a ti,
que te percibas
tamén ti atropelada das palabras,
á procura de trazos que nos
describan.
que nos describan.
Intempestiva,
serse intempestiva.

E domea-la furia, e domea-la furia, e domea-la furia
á procura
da froita
madura.

Vencerse é cousa
de se tratar.

Intempériome

12/05/21

Xela Arias: Darío a Diario

 

 A banda da Loba musicou estes versos de Xela Arias pertencentes ao poemario Darío a diario (1996), obra na que nos transmite o seu sentir como nai.


 


                                                

Darío a diario.

Fantástica invasión

Invasión sen ocasión.

Invadíuseme a vida de cueiros e biberóns,

de roupiñas pequenas e xoguetes de colores,

de risas, choros, agarimos.


             Dis ma-ma-má

             e consegues oito pasos seguidos sen axuda

                  cara a nós.                 

             Dis ma-ma-má

e énchesme de forza contra o pánico.         

       

Darío a diario.

Fantástica invasión

Invasión sen ocasión                                                                           

             A túa man ocupa un cuarto da miña xigante,

             por iso detesto un pouco tantas palabras.

             Todas para ti, ¡son a raíña parlante!,

             ¡emperatriz de sonidos guturais en diante!

                                                                         Darío a diario


09/05/21

XELA ARIAS

     A medida que van pasando os días imos aproximándonos á celebración do Día das Letras, este ano dedicado a Xela Arias. Son moitos os materiais que nos permiten coñecer mellor a vida e a obra da autora homenaxeada. Destacamos o espléndido traballo do alumnado do CPI dos Dices cunha nova edición do Telexornal Letras Galegas. Completamos  o achegamento co primeiro dunha serie de seis capítulos asinada pola RAG co seguinte título: Xela Arias. A palabra esgazada. 



Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas