Amosando publicacións coa etiqueta AMOR OMNIA VINCIT. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta AMOR OMNIA VINCIT. Amosar todas as publicacións

19/02/24

AMOR OMNIA VINCIT! SEN DÚBIDA!

 

      Hoxe empeza o concurso no que podedes demostrar os vosos coñecementos sobre as máis curiosas historias de amor de todos os tempos. Aquí vos deixamos unha parte dixitalizada da exposición que tedes no corredor da biblioteca, concretamente a referida á antigüidade clásica. 

Moita sorte para os participantes!



16/02/17

RECONSTRUIMOS NAS AULAS HISTORIAS DE AMOR... DE TODOS OS TEMPOS


      Con motivo do Día dos namorados promovemos desde o Equipo de biblioteca a reconstrución escrita e gráfica de historias de amor de todos os tempos, relacionadas coa literatura, co cinema, coa arte, coa historia... Grazas aos departamentos de linguas do noso IES conseguimos, co traballo na aula, artellar unha fermosísima exposición feita con paneis en castelán, galego, francés e inglés onde se recollen imaxes e narracións de máis de cincuenta historias sentimentais que forman xa parte da nosa cultura: Píramo e Tisbe, Romeo e Julieta, Ana Karenina e Bronski, Calisto e Melibea, Cyrano e Roxane, Celso Emilio e Moraima... Estes e moitos máis personaxes enchen o corredor da entrada neste mes, no que o concurso Amor omnia vincit, artellado sobre a información dos paneis, espera poder premiar aos máis curiosos... e aos máis habilidosos na busca de información.

 
Save

13/02/17

NOVA EDICIÓN DO CONCURSO AMOR OMNIA VINCIT


       Con motivo da celebración do Día dos Namorados, mañá, 14 de febreiro, colocaranse no corredor da biblioteca máis de 50 carteis elaborados polo alumnado do IES baixo a coordinación do profesorado de linguas (inglés, francés, latín e grego, galego e castelán). Neles recóllense historias de amor de todos os tempos e de diferentes ámbitos da realidade (literatura, mitoloxía, cinema, pintura, ciencia...). 

         O equipo de biblioteca convoca, coa axuda do profesorado arriba citado, unha nova edición do concurso Amor omnia vincit, no que o alumnado inscrito deberá respostar tres cuestións diarias sobre información diversa recollida na exposición: animádevos, os dous equipos que acaden mellores resultados teñen o premio asegurado!! 



Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas