Un novo curso bota a andar e con el volven as actividades e os concursos. Nesta ocasión, a temática está relacionada coa natureza na estación outonal que nos agasalla unha contorna chea de fermosísimas cores.
Ao longo desta semana, o alumnado do noso IES participou nun concurso de deseño de cestas feitas con este produto tan típico do outono galego. Aquí deixámosvos unha pequena mostra.
Finalmente, como clausura, hoxe venres houbo una degustación de deliciosos manxares culinarios, elaborados con todo cariño por Pepa e Cristina. Moitas grazas pola colaboración de tod@s.
Un ano máis andamos a voltas cos cogumelos: hoxe xoves saímos, como xa é tradición, cunha parte do alumnado do centro para recoller mostras das especies máis habituais nas terras de Curtis. Velaquí unha mostra do que se recolleu, á vista de todos os que queiran visitala (zona de entrada ).
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.