Amosando publicacións coa etiqueta Bob Dylan. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Bob Dylan. Amosar todas as publicacións

13/10/16

BLOWIN IN THE WIND, UN PEQUENO TESOURO

     
       Quen coñeza a letra e a música desta peza do recén nomeado Premio Nobel de Literatura, poderá entender sen gran esforzo, o acerto da Academia sueca.
     
      A concesión deste galardón  a B. Dylan, ademais de premiar con xustiza a longa e fértil carreira do cantautor, subliña a intención de facer consciente á sociedade da riqueza e modernidade da literatura, infinita nas súas posibilidades, capaz de  saltar os límites do libro e camiñar, unha vez máis, do brazo das demais artes.

                                           https://www.youtube.com/watch?v=qY5J60No7KY

BOB DYLAN, NOBEL DE LITERATURA


O cantautor Bob Dylan foi galardoado co Premio Nobel de Literatura. A academia sueca valorou ao xenio de Minnesota pola facilidade coa que integra a expresión poética coa tradición musical americana.

Este galardón é un recoñecemento á  Xeración Beat e á unión entre a poesía e a música. Así o expón o profesor galego Vicente Araguas , todo un estudoso da obra deste músico universal no que centrou a súa tese de doutoramento.

A literatura non só está nos libros…

  

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas