Este venres, 8 de novembro, estréase en Compostela Todo es silencio, a adaptación cinematográfica da novela homónima de Manuel Rivas, dirixida por José Luís Cuerda.
Amosando publicacións coa etiqueta Manuel Rivas b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Manuel Rivas b>. Amosar todas as publicacións
06/11/12
20/10/12
Novo libro de Manuel Rivas
O pasado mércores, 17 de outubro, presentouse na Biblioteca de Estudos Locais da Coruña As voces baixas, a última novela de Manuel Rivas. O acto contou coa presenza do director de Edicións Xerais, Manuel Bragado; do presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín; e do autor, Manuel Rivas Barrós. O novo libro de Manuel Rivas ofrece unha visión panorámica e intimista da Coruña popular dos anos 50 e 60, mesturando elementos de ficción e autobiográficos. Constitúe tamén un relato da iniciación á vida por parte dos irmáns Manuel e María Rivas. O libro incorpora fotografías do álbum persoal do autor.
“O relato dos afáns dos membros dunha familia traballadora –un albanel, unha leiteira e catro fillos, que constrúen a súa vida, primeiro na rúa da Marola do Monte Alto e logo en Castro de Elviña, onde rolan os ventos– é a novela da vida de todos os humildes e todos os anónimos” comenta o seu editor no blog de Xerais .
Pola súa parte, o autor confesou a súa intención de escribir esta novela "en cuarta persoa; unha narración entre o persoal e o colectivo e que ten lugar tamén nun tempo entre o pasado e o presente, como o parlamento de Max Estrella na cadea cun obreiro catalán en Luces de Bohemia" Coincide a presentación desta obra coa estrea do filme Todo é silencio baseado na novela homónima do escritor galego. Como xa acontecera con A lingua das bolboretas, José Luís Cuerda é o director desta adaptación cinematográfica que inaugura hoxe a 57 edición da Semana Internacional de Cine de Valladolid. A película, tal e como demos conta neste blog, foi rodada en Galicia e contou co propio autor da novela como guionista.
30/09/11
José Luís Cuerda presenta en Oza dos Ríos a súa nova película “Todo é silencio” baseada na novela de Manuel Rivas
O director manchego presentou o pasado mércores a rodaxe ( que leva varias semanas desenvolvéndose na zona da Costa da Morte) da súa próxima película, Todo é silencio, no Pazo de Santa Cruz, no concello de Oza dos Ríos.
Acompañaron ao director o produtor da cinta, Gerardo Herrero, o autor do guión , Manuel Rivas, e os seus tres protagonistas, Quim Gutiérrez, Miguel Ángel Silvestre e Celia Freijeiro.
O filme relata un complexo e emocional triángulo amoroso ambientado no narcotráfico galego da década dos 80. Non é a primeira vez que Cuerda e Rivas unen cinema e literatura, na memoria de todos está A lingua das bolboretas, baseada en tres relatos do libro Que me queres amor? Agardamos poder gozar o antes posible desta adaptación cinematográfica da fantástica novela de Rivas.
Manuel Rivas, José Luís Cuerda, Miguel Ángel Silvestre, Celia Freijeiro e Quim Gutiérrez
10/11/10
Todo ben
"25 anos despois da súa publicación, Todo ben renace cunha segunda vida tras unha completa revisión do autor.
A obra mantén a cerna dunha historia que se move en «serie negra», cunha singular ubicación no Brasil e coa corrupción no fútbol e na política como coordenadas temáticas principais.
Unha feliz re-existencia da primeira novela de Manuel Rivas, o narrador galego máis aclamado do noso tempo."
De fútbol e de política, do mundo da hampa, trata o relato. Fuxindo dun país pequeno do que semella non levar consigo máis que a poesía e un pasado do que non merece a pena lembrar case nada, o protagonista convértese en xornalista deportivo, observa o novo mundo e vese implicado nunha historia negra que non lle correspondía. Pero o final, o final é seu; é el quen decide que facer coa súa vida, se vivila, cambiala, intercambiala ou perdela.

17/10/10
Todo é silencio. Crónica de Sandra Faginas
MANUEL RIVAS RESOLVE NA ESCURIDADE DUN TEMPO NO QUE A MAFIA DETURPOU A ALMA DE BRÉTEMA, TRASUNTO DUNHA GALICIA QUE SE ENGANCHOU AO DELITO E Á MORTE
O remate da última novela de Manuel Rivas (1957) deixa no padal aínda o sabor asalitrado desa prosa súa anfibia que desta vez arrastra como o mar atlántico a historia ficcionada do narcotráfico galego. Unha obra, Todo é silencio, construída desde a mítica duns personaxes que representan a orixe dunha nova evanxelización: o demo agochado nos oráculos dos caciques contrabandistas que abandonan o vello mundo, o tabaco, e aspiran outro novo, a cocaína. Un paso que lle serve ao autor para resolver na escuridade dunha época, desde os sesenta aos oitenta, na que a mafia deturpou as almas, as institucións, e, tamén, a linguaxe. De aí que dende o título suxerido nese verso seseante rosaliano («Todo é silensio mudo, soidá, dolor») as palabras queden convertidas en sentenzas, nun xogo orixinal dun narrador implicado no celme dos sucesos da historia, que permite que os personaxes cuspan ladaíñas e refráns como a Biblia fai cos salmos.
Porque desta vez, como sucedeu en Os libros arden mal, Rivas indaga dun xeito moito máis acentuado nas relacións da linguaxe e o poder, do crime, nunha volta iniciática á orixe proverbial onde os personaxes aparecen desposuídos da fala, do reclamo, do canto da verdade, da defensa, tal e como se nos anuncia na primeira frase: "A boca non é para falar, É para calar." Este arranque mudo serve como unha salmodia, esa mesma que inspirou a obra («Os ídolos dos pobos son prata e ouro [...] teñen boca, pero non falan, teñen ollos pero non ven, teñen oídos, pero non oen») para atraernos á creación dun universo paradoxal, real e ficticio, material pero non espiritual, terreal mais non divino, no que o mar enturbia simbolicamente a relación dos personaxes, como un ser supremo, que dá e quita a vida, nun trasunto da Xénese.
Neste invisible fío é onde sucumbe o lector que queda enleado na rede tecida por Rivas nesa dobre lectura (real e mítica) na que por un lado se recoñece nuns feitos dos que se cumpren 25 anos a impunidade dunhas bandas que se instalaron no sur de Galicia e a metafórica duns seres poliédricos muxidores e vítimas desa malla delitiva (Leda, Fins Malpica, Brinco e Mariscal...) con distintas respostas ao culto idolátrico artificial representado polo capitalismo do po máxico. Pero na mirada de Rivas o que sorprende en rigor é que non hai apaixonamento, nin sequera un ápice de distancia, nin unha fenda pola que escorregue unha dobrez irónica de quen olla afastado para eses seres verdaeiramente ficticios, non, o autor narra desde dentro cara a fóra como un deles, fundido, oculto na mafia da literatura para ofrecernos unha prosopografía perfecta da outra cara de Galicia, a secreta, que agocha outro mar de almas corrompidas.
En Todo é silencio, Rivas dinamita a acción tamén para pervertela nunha estrutura cronolóxica que vaia abalando entre o ritmo frenético dos diálogos e o apousamento descritivo dunha paisaxe devoradora. É nese fímico transcorrer alicerza unha obra que non encaixa no cualificativo de novela negra, no sentido de que se ofrece a cara escura dunha sociedade que podrida sobreviviu a un tempo no que mar disfrazou a morte de cor branca ata que a boca por fin dun grupo de madres se abriu para berrar. Sandra Faginas

Todo é silencio comentado por ARUME
Manuel Rivas xoga cun serio handicap: son altas as expectativas que crea porque raras veces decepciona. Parte dunha posición condicionada, sempre por riba do esperable e, por tanto, os lectores xulgan máis esixentes as súas novas propostas. Con outros, máis novos, menos prometedores, a benevolencia evita censuras graves. Con Rivas, a lectura comeza con sospeitas, parangóns e permanente receo. Tamén é certo que a cambio os seus devotos perdoan os pequenos desfondamentos, os seus clichés demasiado familiares. Pero hai que recoñecerlle o desafío que supón sempre a súa saída á palestra cada certo tempo, cun bó grupo de lectores, nada inxenuos, que coñecen as súas zunas e o seu modo de narrar singular.
Esta novela de Todo é silencio (cuxo título rememora o verso rosaliano) tampouco defrauda esa determinación previa. Atopamos os signos inequívocos da narrativa de Rivas: a presencia simbólica e poderosa dos mapas ou da escola ou da figura do mestre ilustrado de estirpe republicana (neste caso co engadido tamén ilustrado dos indianos que construiron escolas por toda a xeografía galega); a zooloxía ou a botánica como fonte inesgotable de metáforas; os equívocos lingüísticos que Rivas anota en forma de lista no seu caderno habitual (como puiden ver eu nunha memorable para min ocasión en que tiven a honra de presentalo), as patoloxías siquiátricas (a epilepsia dun dos protagonistas, as ausencias, a adicción doutro, a tendencia melancólica que conduce á desesperación ou á negación dun mesmo) como punto de partida para o fluxo estrañado da conciencia; a onomástica ou os modismos como arranque enxeñoso de brincadeira; a épica que remata grotesca por contraste entre a gravidade do momento e o ridículo do esceario (como na anécdota do búho avisador); o lirismo marino de peixes e escuma (a descripción da praia, ese outro mapa ou croquis que un bota en falta como apéndice e que espero que Xerais achegue en vindeiras edicións); a retranca amablemente irreverente, inocua pero chusca, que impregna boa parte dos diálogos; a anatomía humana (unhas dedas, unhas unllas, o cabelo deses cancerbeiros do cemiterio) como síntoma do porvir.
Pero tamén atopamos a rica lingua de Rivas (léxico preciso, frases breves, case con ritmo de versos, parágrafos circulares, recurrentes) en perfecto estado de forma. A posible grandeza do libro reside nese aspecto, como ocorre case sempre cos seus textos, sexan novelas, contos, crónicas ou cortos artigos xornalísticos. Rivas, neste caso, escribe unha novela con claras compoñentes dramáticas. Eu auguro unha pronta versión cinematográfica ou mesmo unha posta en escea inmediata. A narración é máis ben unha sucesiva suma de escenificacións calculadas, con acotacións, descripcións precisas do lugar que ocupan no esceario (o bar, ese mundo coral de tanta teatralidade, pero tamén a escola abandonada, derruida, a comisaría, a habitación). Di el que escribe con/por golpes de mar. A composición da novela en corenta e cinco cadros, ao tempo divididos ás veces por pequenas esceas ou simplemente mediante a incorporación dun branco na páxina que ben pode representar un silencio ou a palpable mostra de que o narrador colle aire. Lembrei eu ao ler as súas declaracións o primeiro verso da famosa oda de Gimferrer: “Tiene el mar su mecánica como el amor sus símbolos.” Porque a pesar de que o libro parece escrito a pequenos e reducidos impulsos, estes, como as brazadas dos remos das dornas (esa metáfora que tanto gusta a Rivas de remar de cara á costa para ver o que vamos deixando atrás), levan un ritmo pautado, que ordenan o conxunto con precisión case matemática.
A historia que conta Rivas constitúe unha especie de epítome do mundo do narcotráfico nunha vila calquera das rías galegas. Para iso elixe unha poboación inventada, Brétema, construida por acumulación e ao tempo por síntese de todas, con eses elementos naturais (praia, peirao, duna, rochas, cons, vaos) que outorgan validez universal e identificatoria á paisaxe. O tempo, inconcreto mesmo na precisión de estacións ou de anos pero descifrable nos costumes, nas cancións ou nos modelos automobilísticos, vai desde os anos 70 do contrabando do tabaco (explicado de forma algo apresurada como derivación do estraperlo ou do comercio do wolfram) aos anos (máis ben na segunda parte) 80 ou 90 da fariña, da incorporación dos cárteles internacionais e da violencia extrema. O ambiente descrito, para quen vivira, por exemplo, no Cambados (as camisetas amarelas de fútbol tendidas ao sol) dos miñanco e dos charlíns, resulta tristemente coñecido a través dos continuos relatos que as xentes contaban naqueles días: adolescentes que contribuían ás descargas, partidas de billar ata as tantas da madrugada nun bar de carretera, as planeadoras á porta da casa en Tragove, os contrabandistas tomando o café no mesmo bar das tertulias fronte ao mar de frades. O telón de fondo e mesmo a fasquía de boa parte dos personaxes obedecen a materiais fascinantes que se poden atopar na boca de tantas persoas que viviron aquel tempo nas vilas da costa galega. Os secundarios desta novela de Rivas chegan a ter cara e rostro na miña memoria persoal: poden semellar ás veces demasiado tópicos (“Que diálogo! Mágoa de telenovela”, p. 123), pero tamén o mundo daquela tendía a recrear perfiles cinematográficos, en acenos ou en vocabulario aprendidos en películas, como recorda, entre outras, a extraordinaria Gomorra de Saviano ao describir o gusto dos capos da camorra napolitana por remedar aos gángsteres de O Padriño ou de Goodfellas ou nesta novela na predilección que amosan os protagonistas polos western, que eles chaman do oeste.
O que fai singular este relato é precisamente o que escapa a esa especie de operación de acrisolamento do narcotráfico: a colocación dos focos narrativos en tres protagonistas novos, un triángulo que nas primeiras esceas semella o modelo de Dous homes e un destino ou de Jules et Jim, que son os que dan coherencia e xustificación a todo o relato. Os primeiros cadros presentados a modo de xogos adolescentes con eles posúen unha forza extraordinaria e advirten ao lector afeito ás voces de Rivas de que todos eses momentos han cobrar interese a medida que van medrando. Fins Malpica, Leda Hortas e Víctor Rumbo forman a columna vertebral da novela e das súas propias historias van cobrándose ás dos demais. Nos paratextos desta novela se insiste na importancia doutro protagonista, o Mariscal, que aparece citado desde a primeira frase. Este personaxe, o capo máximo, cunha historia digna de ser contada polo miudo (cousa que elude Rivas, quen prefire o resumo, magnífico a pesar do teor algo esperable das peripecias), ofrece interese porque, de todos, é o único que ten algunha formación intelectual, o que lle permite a Rivas (non ao narrador que debería construirse autónomamente)* xogar coa súa innegable facilidade para as ocorrencias de corte lingüístico, aínda que abusa delas en moitas ocasións. Non é, porén, para min, e malia o intento de enriquecelo con matices contradictorios (a entrevista coa xornalista non é das mellores partes da novela), o verdadeiro protagonista do libro. Eu prefiro máis esa introspección ausente de Fins (a súa relación con Mara daría para algo máis, creo eu), a ambigua e silenciosa presencia dunha Leda contemplada desde lonxe ou a revoltosa e desacougante figura de Brinco, un dos personaxes se cadra máis atractivos da historia, a pesar da súa aparente vida salvaxe chea de tópicas anécdotas e historias máis ou menos adiviñables.
MAIS
Rivas, neste Blog

22/01/10
O día que fiquei ensimismado

Ten razón o conselleiro de Cultura. A cultura galega está "ensimesmada e acomplexada". Está pampa. Atónita. Eu diría que Galicia enteira está abraiada. Aloulada. Levítica. Como Santa Teresa, está en "ausencia". Non me estraña. De Galicia foron desaparecendo cousas até que desapareceu o nome. Iso é o que contan do spot oficial do Xacobeo. Que non hai Camiño, non hai Santiago, non hai Galicia. Lóxico que a xente ande ensimesmada, a tocarse, dispensando, as partes mesmas. Os órganos da existencia. (segue)
Manuel Rivas
El País.com, Galicia, venres 21/01/2010
19/08/09
Os Caneiros en Os libros arden mal
.jpg)
Mirou entre as taboas do valado, dende a Gaitiera. Todos os trens estaban parados e aquel silencio das máquinas pareceulle un silencio redobrado. O tren dos Caneiros endexamais saíu. Converteuse nunha locomotiva fantasma. Cando de novo se puxeron en marcha, todos os convois irían a partir de entón, dunha maneira ou doutra, en dirección á guerra. Calquera que coñocera ben os trens, sabía que cambiaran o son. As máquinas, os camiños de ferro, todo era o mesmo, mais cambiara o son.
A xira dos Caneiros
.jpg)
Levaba días preparando a xira dos Caneiros. Ia haber un tren especial. Irían logo en barcas remontando as augas escintilantes do Mandeo cara ao corazón da fraga. Habería discursos libertarios, comida a fartar, e logo música, moita música. Era un día fermoso, un día de paraíso na terra. Parecía un pecado non ser feliz.
13/08/09
Borrow llega a Galicia
Estábamos en el renombrado puerto de Fuencebadon.Es imposibles describir el puerto ni la región circunvecina, que contiene algunos de los mas extraordinarios paisajes de España; a todo lo que aspiro es a trazar un débil e imperfecto bosquejo. El viajero que sube el puerto sigue durante casi una legua el curso del torrente, cuyas márgenes, escarpadas en algunos sitios, descienden en otros suavemente hasta el agua, y están pobladas de hermosos árboles: robles, álamos y castaños. Al principio se ven numerosas aldehuelas de casas bajas, con techumbre de inmensas pizarras y aleros que casi tocan el suelo. Las aldeas son menos frecuentes a medida que el camino es más estrecho y escarpado hasta que, por último, desaparecen poco antes del sitio en que el camino se aparta del riachuelo para no verlo más si bien se oye todavía a sus tributarios mugir en el fondo de las ramblas o se los ve caer en delgados chorros por los barrancos abajo. Todo es allí de insólita y agreste belleza. La eminencia por donde trepa el camino se yergue a la derecha, mientras en el extremo opuesto de un profundo barranco se alza una montaña inmensa, a cuya cima apenas alcanza la vista. Pero lo mas singular del puerto son los campos o praderas suspendidos en lañaban, aunque parecía imposible que un hombre pudiera tenerse en pie en terreno tan escarpado; los senderillos que corren en todas direcciones parecen hilos tendidos en la falda de la montaña. Un carro de bueyes va serpenteando en torno de un pico elevadísimo; una de las ruedas queda por completo al acre sobre la espantosa pendiente; el vértigo se apodera del cerebro y hay que apartar la vista con rapidez. Una nube se interpone; cuando volvemos a mirar, los objetos de nuestra ansiedad han desaparecido. El camino es cada vez más estrecho y tortuoso. Andadas dos leguas aún queda un tercio de la cuesta por subir. Todavía no es aquello Galicia; todavía se oye hablar castellano, muy tosco, a la verdad, en las chozas miserables levantadas en los apartados rincones por donde pasa el camino.
Poco antes de llegar a lo alto del Puerto una niebla espesa envolvió las cimas de las montañas. Comenzó a lloviznar. «Estas son las nieblas que los gallegos llaman bretima –dijo Antonio–, y abundan mucho en esta tierra». «¿Ha estado usted ya otras veces en Galicia?», pregunté. «Non, mon maître; pero he servido en muchas casas donde había criados gallegos, y por eso conozco un poco sus costumbres y su lengua». «¿Y tiene usted buena opinión de los gallegos?» «En manera alguna, mon maître; los hombres, en general, parecen muy rústicos y simples, pero son capaces de engañar al filou más listo de Paris; respecto de las mujeres es imposible vivir en la misma casa que ellas, sobre todo si son camareras y acompañan a la señora; no hacen más que mover disensiones y disputas en la casa, y contar habladurías de los otros criados. Ya he perdido en Madrid dos o tres colocaciones excelentes por culpa de las camaretas gallegas. Ya estamos en la raya, mon maître; me parece que este pueblo debe de ser ya de Galicia.».
George Borrow;La Biblia en España
02/08/09
Manuel Rivas na RAG
Manuel Rivas converteuse en académico electo da RAG, logo de que así o decidise o Plenario da institución . O nome do xornalista foi proposto polos académicos Luz Pozo, Xosé Luís Axeitos e Víctor Freixanes para cubrir a praza vacante deixada por Camilo González Suárez-Llanos .Manuel Rivas Barrós naceu na rúa Marola do barrio coruñés de Montealto en 1957 e é licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. Xornalista , desde os quince anos, colabora con diversos medios de prensa, radio e televisión: El Ideal Gallego, tamén participou cos seus artigos en revistas como Teima e Man Común e en A Nosa Terra. Cofundador da revista cultural Luzes de Galiza, na actualidade mantén unha columna semanal no xornal El País,boa parte das súas mellores reportaxes están compilados en libros é un conto , Toxos e flores , Galicia, o bonsái atlántico , Galicia, Galicia , Muller no baño (2004) e Unha espía no reino de Galicia Ademais, posúe unha extensa creación literaria en todos os xéneros literarios; novelas O lapis do Carpinteiro e Un millón de vacas; Os seus traballos poéticos están recollidos na antoloxía O pobo da noite tamen Do descoñecido ao descoñecido, Costa da Morte Blues e Mohicania revisada. O pasado mes de abril publicou o poemario A desaparición da neve, nas catro linguas cooficiales.; libros de relatos Que me queres, amor?, Ela, maldita alma , A man do emigrante , As chamadas perdidas
As súas últimas obras son O heroe para teatro; os libros arden mal ,novela, e os Grouchos , ensaio xornalístico. (2004). http://sarmientobiblioteca.blogspot.com/search/label/Os%20libros%20arden%20mal
http://sarmientobiblioteca.blogspot.com/search/label/Rivas
20/06/09
Cando Flaubert falou de 'merde'
Imaxinemos un lugar no mundo onde as universidades teñan que advertir a un goberno que está lexislando en contra dos intereses do país que goberna. Imaxinemos un lugar no mundo onde a Academia da Lingua teña de tomar a excepcional decisión de manifestar en público a inquietude pola perigosa deriva dun goberno entregado a desprotexer o mellor tesouro do patrimonio cultural dese país. Imaxinemos un lugar no mundo onde os científicos, e máis aínda os que traballan en organizacións internacionais, se vexan obrigados a defender, fronte á desvalorización fomentada polo goberno, a competencia científica da propia lingua do país. Imaxinemos un lugar, en fin, onde os estudosos estranxeiros desa lingua constaten que está tan ameazada polo goberno que ten o deber de promovela que eles mesmos, os alófonos, decidan amparar con afouteza esa lingua fanada, empuxada camiño do exilio no propio país.Non estamos a falar dun lugar imaxinario, por máis que se atopen semellanzas, como Liliput ou a illa dos Papafigos. Tampouco é unha forzada caricatura dun lugar real. A narración do que está a suceder podería ser aínda máis penosa. Está a pasar diante nosa. Neste escenario e neste tempo. Dise que a boa literatura fala dende un presente lembrado. Mesmo dun pretérito de futuro, cando se trata da ciencia-fición. Xa sabemos o tempo da mala política. O futuro pretérito. A Galicia do desandar. A Galicia do recú. A Galicia provinciana que se ri da ecoloxía das linguas, incapaz de comprender que é unha compoñente fundamental dun emerxente cosmopolitismo racional.
Para unha parte da poboación galega, o estatus do galego é unha cuestión secundaria, que implicaría soamente de xeito dramático a quen traballe coas palabras. Mais, á fin, todos traballamos coas palabras. Os silencios, como ben dicía Samuel Beckett, tamén forman parte da linguaxe. Seguramente, este Goberno, para o seu Programa do Desandar lingüístico, contaba con ter da súa parte unha chea de silencios. Ese era o cálculo na partida que se puxo en marcha meses antes das eleccións. Por unha banda, un activismo que conseguiu espallar a idea da falsa "imposición" co concurso de poderosos altofalantes. En fronte, outro tipo de activismo, máis ou menos excitado, a quen se tentaría identificar cun nacionalismo maximalista. O defensor do galego como sinónimo de bloqueiro. O típico profeta do non. E o resto? O resto sería silencio. Un país habitado por silencios a rumiar.
Mais estamos a ver como ese país dos Caladiños xa non existe. Xa non leva tanta xente a procesión da Suspensión das Conciencias. Aquí, a cada vez máis persoas, e ante ese estado do Recuar, estalle a pasar o que Gustave Flaubert contaba en carta ao colega Turguenev: "Sempre intentei vivir nunha torre de marfil, mais unha marea de merda non deixa de golpear os muros, e ameaza con tirala abaixo...".
Cal é a forma que adopta aquí o que Flaubert, o da mot juste, o da palabra exacta, chamaba "marea de merda"? O doente que estaba en proceso de curación é, de súpeto, desposuído de gran parte do tratamento e, ademais, sometido a unha mala práctica médica. Ao tempo, vense a dicir de novo á sociedade, esa é a mensaxe subxacente, que este doente o mellor que pode facer é morrer dunha vez porque non serve. Non é un ser útil. Isto é o que están a facer coa lingua galega. Esta é a marea de lixo do momento.
O problema non é só que se lexisle de recú para achaparrar o galego e, de paso, estragar a propia industria cultural. Como se as editoras galegas, que fan libros, fosen empresas de menor valor que outras que fan camisolas deslocalizadas. Se cadra ese é o futuro. Velaí outro paradoxo esperpéntico. Disque o conselleiro de Industria é un experto nisto de deslocalizar. Se cadra ese é o futuro. Deslocalizarmos todo e todos. Galicia sen local. Sen razón social. Non, o problema xa non é só xurídico, senón todo o lixo, consciente e inconsciente, que se ciscou sobre a lingua e o universo da cultura galega. A pobriña. Esa carga familiar. A metáfora da Galicia hindú dos intocábeis. Rajoy gusta da palabra malleira ou palleira. Grazas pola malleira, don Mariano!
Le mot juste, a palabra exacta do gran creador de Madame Bovary, ten aquí, e verbo deste esperpento, unha versión perfecta no escrito dos departamentos de Filoloxía das universidades galegas cando se refire ao desandar deste Executivo: "O primeiro da historia da democracia que lexisla en contra da lingua do país e que goberna e actúa segundo intereses alleos a Galicia".
O idioma galego é unha pertenza de todos, tamén dos que non o falan. Como o parque do Xurés, ou as fragas do Eume ou as illas Atlánticas ou as Insuas do Miño son valores de todos, aínda que haxa xente que non saiba deles. Que pensariamos se un Goberno lexislase para achicalos? Pero, ademais, eses tesouros naturais non só pertencen a Galicia. Son valores da bioesfera. Pertencen á humanidade. E o mesmo ocorre cos valores culturais, a principiar pola lingua que naceu en Galicia. Non todos os días nace unha lingua nun lugar do mundo! Non é un asunto só persoal. Podemos pasar delas, mais temos unhas obrigas como parte da humanidade. E o idioma galego é unha pertenza da humanidade, aínda que haxa conselleiros que non pasaran o exame actualizado do imperativo categórico de Kant.
Si. O que vén de pasar foi unha marea de lixo disfrazada de grandilocuencias. Resúmese moi ben neste parágrafo da carta que dez brillantes científicos galegos, traballando en organismos internacionais, en Xenebra, Londres e Montreal, enviaron a Vieiros para saír ao paso do ousado provincianismo: "En declaracións ao Faro de Vigo, o voceiro das Asociacións de Pais de Colexios Concertados dicía: "Utilicemos el sentido común. Químicas o Físicas, con tantas nomenclaturas internacionales, no se pueden dar en gallego. No podemos retroceder". (...) Declaracións deste tipo resultan totalmente inadmisíbeis. E dicimos isto con coñecemento de causa, pois no noso ámbito de traballo estamos acostumados a ter conversas de alto nivel científico de temas moi diversos en galego. (...) E para isto é un idioma exactamente igual de válido que o francés, o alemán ou, desde logo, o castelán. Ben é certo que o galego non é empregado para as comunicacións nin publicacións científicas a grande escala, pero tampouco o é o castelán. A lingua franca é dende hai moitos anos o inglés (...) O noso obxectivo con esta carta é simplemente evitar que se empreguen argumentos falsos (ou falseados) na discusión dun tema tan delicado e importante coma este (...)".
A historia da lingua galega é como a da Sepharad das mil e unha noites. Sempre atopou o xeito de salvarse de certo tipo de perigosas mareas. Non sei o que pasará cos políticos, pero si sei que a Galicia creativa, a Galicia do desexo, vai sobrevivir no seu andar ás ceibas fronte a este tempo de enxurrada retrógrada. Se non é aquí, será, por exemplo, na universidade de Cardiff de Gales. Alí onde Craig Patterson supervisa con paixón e intelixencia a Rosa dos Ventos, nome da candidatura para Asociación Internacional de Estudos Galegos. De acordo, señor Flaubert. Contra a marea de merda, a rosa dos ventos.
20/05/09
Os libros arden mal
http://www.youtube.com/watch?v=93x0nQSrxIg

O sábado 23, ás 20:30 horas no Teatro Rosalía de Castro da Coruña celebrarase a "Homenaxe á Cidade da Liberdade", un acto literario arredor da novela de Manuel Rivas, Os libros arden mal. A entrada é de balde.A boca da literatura e a da canción, as palabras e a música, a poesía e os tangos, entrelazan e levedan nunha conmoción sen tregua sobre o escenario. A fonte que inspira este encontro é a novela Os libros arden mal, de Manuel Rivas, que ten por escenario a cidade da Coruña. Desta obra, co gallo da súa publicación en Francia, o xornal Le Monde dixo que provoca no lector “emoción, asombro, marabilla e pracer”.O punto de arrinque desta “historia dramática da cultura” é un feito real, o da queima de libros que tivo lugar en agosto de 1936 nas proximidades da dársena coruñesa. Aquelas fogueiras tentaban queimar para sempre o corazón libertario da cidade. Porque se hai unha esencia fundacional da Coruña é o amor pola liberdade.Fronte a esa pulsión totalitaria, que trata de controlar o poder as mentes, resiste e xermola a enerxía do desexo e a re-existencia, a que se expresa a través da literatura, a música e a memoria das que o historiador Ranahit Guha chamou as “voces baixas” ou silenciadas da humanidade.Esta posta en escena conta coa participación de: Manuel Rivas (narrador), Marcos Meléndrez (voz tangos), Gastón Rodríguez (guitarra), Pulpiño Viascón (voz, gaita, serrucho). Está prevista a participación doutros músicos invitados.
16/04/09

A edición inclúe un cd no que Rivas recita catorce dos poemas do libro, acompañado pola música de Pulpiño Viascón e César Morán. Son poemas combativos algúns, e poemas líricos outros, inzados "dunha saudade exenta de tristura", dedicados a persoas vivas ou que xa nos deixaron, como Marcos Valcárcel (Existe outra saudade/ Existe o tren onde viaxa unha saudade/ desposuída), Lois Pereiro (En Ítaca estaban todos mortos), Avilés de Taramancos (Os homes falaban con bocados de fume (...) Había mulleres que pronunciaban cores) ou Antón Mouzo (Quería que os seus cadros fosen felices/ Ou máis ben/ portadores dunha saudade desposuída/ de tristura/ Talvez por iso o primeiro que reparou/ foi as cordas dos violíns).
01/03/09
Lavandeiras

Era o oficio tradicional das mulleres de Castro, o de lavar para a burguesía da Coruña. As lavandeiras, para ben ou para mal, eran doutro mundo. Mesmo pola forma, pola súa figura na rúa. Corpos cun lote, cunha enorme esfera enriba da cabeza. Deres anfibios, das aldeas, os ríos e os regatos, que levaban a roupa sucia e volvían con ela limpa. Mesmo ás veces coferro pasado e cun recendo a rosas.
26/02/09
As misteiras
Moitas das cigarreiras da Fabrica de Tabacos da Palloza e das misteiras da Fábrica de Fósforos de Castiñeiras vivían nas aforas da cidade como Olinda. Saían moi cedo, aínda noite, cos seus candís ou buxías para alumear os camiños. Aquelas fileiras luminosas ían converxendo. Orientábanse, víanse unhas a outras como carreiros de vagalumes na noite. Además de luminaria, aqueles carreiros en movemento levaban palabras. Construían murmurios, cancions ou noticias co aporte de cada buxía. As veces faltaba unha das luces, había un baleiro no camiño. unha falta na frase, no murmurio, na canción. Iso é que alguén desaparecera.
25/02/09
Comadronas e aborteiras
23/02/09
Pescantina
22/02/09
As aguadeiras de San Andrés e Fama

Na fonte se Santa Margarida tomou un grolo de auga. Era un rito obrigado. Arturo da Silva dicía que era a mellor auga da Coruña . Había mulleres con sellas e rapaces con porróns. El só quería un grolo e deixáronlle paso para que usara un picho. Pareceulle tamén que calaran de súpeto. A auga , non. A auga cantigaba o seu tango.
Pasa, pasati.
Enxugou a cara co dorso da man e deu as grazas. Foi entón cando os outros falaron.
20/02/09
A Zamorana
En realidade A Zamorana non é unha esmoleira. Ten un traballo só pago con propinas, pero moi importante para a cidade.(...) A muller mendiga é unha vixía. Cando se achega algún trasatlántico, ela baixa pola rua da Torre e vai dando aviso puntual de que o barco está a chegar. E é moita vida que da un trasatlántico. A voz da Zamorana soa como unha rouca buguina. Hai barco, señor Ferreiro, hai barco. Hai barco, señor Ben, hai barco. Hai barco.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas