Amosando publicacións coa etiqueta Día da Muller. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da Muller. Amosar todas as publicacións

08/03/21

AS LOITAS DAS MULLERES GALEGAS

   A nosa antiga alumna Uxía Iglesias Reviejo asina no xornal Galicia Confidencial esta interesante reportaxe sobre as mulleres galegas en cinco momentos da nosa historia:  As loitas laborais das mulleres na historia de Galicia: das cigarreiras da Coruña ás matronas de Verín.

                      Cigarreiras traballando na fábrica de Tabacos da Coruña

 

09/03/20

LENDO SOBRE MULLERES


        
          Nesta semana queremos achegarvos diferentes libros e películas onde a muller ten unha pegada importante: biografías, novelas creadas ou protagonizadas por mulleres, películas... Na mesa da entrada da nosa biblioteca podedes atopar todo isto e máis: se é do voso interese parádevos e adicádelle un anaco do voso tempo, aquí ou no voso fogar. Merece a pena! 



08/03/19

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA 1


     Desde Curtisbiblio queremos facer unha pequena homenaxe a todas aquelas mulleres que traballaron e traballan, en diferentes campos laborais,  para conseguir que vivamos nunha sociedade que sexa cada día mellor. Por iso, imos presentarvos cada día (desde o 8 de marzo ata o 8 de abril) unha muller: fixádevos nela e tede en conta que grazas ó seu grao de area conseguimos ser o que hoxe somos. 



08/03/14

Día da Muller - 8 de marzo


http://aulatic-terradeferrol.blogspot.com.es/

O grupo de pop El canto del Loco recolle nesta canción un claro recoñecemento da importancia da muller na realidade en que vivimos cada un de nós. Disfrutádea.



08/03/13

Día Internacional da Muller

No ano  en que se cumpren 150 anos da publicación de Cantares Gallegos e no Día da Muller , os versos da nosa poetisa máis universal déixannos unha fermosa reflexión:




Daquelas que cantan ás pombas i ás frores,
todos din que ten alma de muller.
Pois eu que n'as canto, Virxe da Paloma,
¡ai! ¿de que a terei?

Rosalía de Castro, Follas Novas
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas