Amosando publicacións coa etiqueta dia da ciencia en galego. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta dia da ciencia en galego. Amosar todas as publicacións

06/11/12

CIENCIA EN GALEGO NO NOSO IES

     O IES de Curtis celebrou hoxe, 6 de novembro, o Día da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego: todo o alumnado do centro poido participar nunha serie de actividades organizadas, ao longo da mañán, no patio cuberto. 

     Profesorado e alumnos do ciclo de Mecánica, de Tecnoloxía e de Física puxeron diante de nós motores, pezas e aparellos mecánicos, experimentos do máis curioso... Coas súas explicacións, mostráronnos, unha vez máis,  que a Ciencia é cousa de todos os días e que se atopa moito máis preto de nós do que imaxinamos. 

     Finalmente a video-conferencia co CERN, para o alumnado de Bacharelato, fixo posible a presenza -iso si, virtual- dos cientifícos de carne e óso no noso centro. 

     Noraboa a todos os membros da comunidade educativa que adicaron o seu tempo e o seu traballo a este proxecto tan útil. 

05/11/10

FACENDO CIENCIA EN GALEGO NO IES DE CURTIS

Onte,4 de novembro, no IES de Curtis, profesores e alumnos mostraron como na actividade diaria do centro se fai ciencia en galego. Para iso sacáronse da aula aos corredores e ao patio cuberto actividades, obxectos... que forman parte do día a día do ensino. Podedes ver agora algunhas imaxes dun día cheo de propostas do máis variado para o alumnado dos diferentes niveis: conexión a través de videoconferencia co CERN, experimentos, exposicións, explicación do funcionamento de diferentes mecanismos...

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas