
No teu sangue granado en romanceiro
-dende tanta elexia fusilada-
en medio estás
de ventos tremerosos como a espiga
que cimbra na túa alma poderosa
de puro poderío
á espera da palabra, da noite
,da ardora na marisma.
Semella todo en comunión co inverno.
Ou todo
extraña xuventude cara á nadado nunca do camiño.
E recordas chegar dos teus dominios
a un norte sen soles nin olivos
,e oficiar en madrigal ou cópula brillante
algo de luz cua língua
dun Pais chamado, por exemplo
Galicia ou Negra Sombra ou Rosalía.
E recordas, acaso, caerte dos teus ollos
para adentro
deste escuro suceso de vivir,
para adentro do hálito palpable andalusí
(Aquel mundo sen portas chegando de extinguirse].
E recordas de azul as rúas e as camisas.
¿Recordas?
Pero ti acendes de moreno o corazón co verso
,exerces tan plácido a lúa e o seu sangue
oculto con adentros luminosos,
¡tan inhóspito o Sur e os cabalos de sombra!,
que, aínda hoxe en Compostela,
nin A Morte se atreve a coñecerte.