Amosando publicacións coa etiqueta Novidades de lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Novidades de lectura. Amosar todas as publicacións

27/01/15

NOVIDADES DE LECTURA



                                                                               

              Nas pasadas semanas e ao longo desta seguen a chegar a nosa biblioteca novos títulos de literatura diversa: o novo dos Megatoxos, lendas de Bécquer en formato gráfico, os microrrelatos de Núñez Singala e de Luis Mateo Díez, novela para lectores avezados (En el café de la juventud perdida, de P. Modiano) e para outros máis novos 
(Desde unha estrela distante, de A. Fernández Paz)...
  Non o esquezades:
Ler fainos máis grandes... e mellores




11/01/13

El kit de la lucha en Internet

Poucas dúbidas caben xa de que Internet converteuse nun terreo de batalla crucial para o futuro do desenvolvemento da crítica, a transformación e os propios movementos sociais. A partir dalgunhas das principais propostas ciberactivistas que se desenvolveron nos últimos anos como WikiLeaks, Anonymus ou Hacktivistas, este libro aposta pola liberdade en Internet, a loita contra a censura e a falsa escaseza dos bens inmateriales.

O seu propio mimetismo coa lóxica da Rede (aberta, distribuída, flexible), permitiulles aportar novas ferramentas, métodos novedosos e elementos de organización orixinais que resultan cada vez máis imprescindibles xa non só para as loitas en Internet, senón tamén para todos aqueles que tratan de afrontar eficazmente a transformación das democracias capitalistas tardías.

Margarita Padilla é enxeñeira informática e ex Directora de revísta Mundo Linux, pertence a esa escasa minoría de mulleres capaces de crear e manter sistemas, e gústalle dicir que traballa "facendo Internet". Xunto a outros hackers, fundou Sindominio.net. Aprendeu GNU/Linux e os usos sociais e políticos das novas tecnoloxías en centros sociais okupados. Algo que na Universidade nunca lle ensinaron. Forma parte da cooperativa Dabne-Tecnoloxías da Información, unha empresa especializada na implementación de bibliotecas e arquivos digitales, desenvolvemento de aplicacións web, proxectos de integración de tecnoloxías na educación, consultoría e implementación de proxectos con software libre.

Entrevista a Margarita Padilla para o documental 15M-cc

Vía traficantes de sueños

24/11/12

A nova novela de John Boyne: unha parábola en favor da diversidade


Barnaby Brocket é un neno especial que pertence a unha familia demasiado normal. Os seus pais e os seus irmáns son xente aburrida e respectable e non lles gusta nada chamar a atención. 

Pero o día que nace Barnaby o seu mundo ponse patas arriba, para horror e vergoña dos seus pais Barnaby parece desafiar as leis da gravidade e flota. Despois de pasar por médicos e máis médicos, o diagnóstico é concluínte: Barnaby non obedece ás leis da gravidade e o seu estado natural é flotar. Desesperado por compracer aos seus pais, fai todo o que pode para deixar de flotar, pero lle é imposible. 

Entón, un fatídico día, a nai de Barnaby que xa está cansa dos xornais e dos chismes dos seus veciños, decide que Barnaby ten que irse...
Traizoado, asustado e só, Barnaby comeza unha máxica viaxe por todo o mundo, na que coñece un grupo de novos amigos extraordinarios, e decátase de que nada pode facerte máis feliz que ser ti mesmo.


Unha divertida e enxeñosa historia da man do autor de O neno co pixama de raias.


16/11/12

Premio Castelao de Banda deseñada 2011

Hoxe venres 16 de novembro presentarase en Komic Librería, en Compostela, a obra Titoán, segunda entrega do proxecto que os autores de O pobre tolo consagraron á vida de Castelao.

A pesar da súa publicación posterior a O pobre tolo, Titoán céntrase nunha etapa cronoloxicamente anterior da vida do autor rianxeiro: a transición da xuventude á madurez, unha vez finalizados os seus estudos de medicina, e a partir da súa relación con Titoán, un veciño de Rianxo.

Titoán foi a obra gañadora do Premio Castelao de Banda Deseñada 2011.

08/05/12

NOVIDADES NA NOSA BIBLIO.

Xa están á vosa disposición, no moble de novidades, as recentes adquisicións. Velaquí algúns dos títulos... Lembrade que os libros agardan, con ansia, que alguén os abra e descubra as mil vidas que se agochan en cada un deles... 1. Relatos de terror, Lovecraft (en Xerais). 2. Los juegos del hambre, S. Collins 3. Os fillos do mar, Pedro Feijoo. 4. El enredo de la bolsa y la vida, Eduardo Mendoza.

20/03/12

NOVIDADES EN GALEGO E CASTELÁN: APETÉCEVOS LER?



    Abrimos a porta na nosa biblioteca para que entren novidades na literatura galega e castelá actuais. Sabede que están á vosa disposición os seguintes títulos, entre outros:


 

- El temblor del héroe  de Álvaro Pombo.

- Auslander de Paul Dowsweel.

- Una maestra en Katmandú de Vicki Subirana.

- Consumir preferentemente de Raúl Vacas.

- Esto y ESO de Raúl Vacas.

- Donde los árboles cantan de Laura Gallego.

- Fantasmas de luz de Agustín Fernández Paz.

- Lúa do Senegal de Agustín Fernández Paz. 

- Febre de Héctor Carré.

- Ninguén de Fran Alonso.

- Nómades de Xosé Tomás.

- O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro. 

- Extramunde de Xavier Queipo.
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas