Amosando publicacións coa etiqueta Conmemoracións b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Conmemoracións b>. Amosar todas as publicacións
23/04/17
04/11/15
23/04/15
07/12/14
Concurso de Postais de Nadal
Colle o aguzalapis, prepara as cores e dálle renda solta á imaxinación para participar no Concurso de Postais de Nadal.
En breve subiremos as bases completas, pero adiantámosche que a técnica é libre (acuarela, carbón, lapis de cores, collage...) e o prazo de presentación remata o 16 de decembro.
04/11/14
03/11/14
08/03/14
Día da Muller - 8 de marzo
23/04/13
Día Mundial do Libro 2013
"Este día brinda a oportunidade de reflexionar xuntos sobre o mellor xeito de difundir a cultura escrita e de permitir que todas as persoas, homes, mulleres e nenos, accedan a ela, mediante a aprendizaxe da lectura e o apoio ao oficio da edición, as librarías, as bibliotecas e as escolas. Os libros son os nosos aliados para difundir a educación, a ciencia, a cultura e a información en todo o mundo".
(Mensaxe de Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO co gallo da celebración do Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, o 23 de abril de 2013)
06/12/12
As 27 nais da Constitución
AS 27 NAIS DA CONSTITUCIÓN
Vía el diario.es
É a primeira película documental sobre as 27 mulleres (21 deputadas e 6 senadoras) que desde o seu traballo parlamentario na lexislatura constituínte de 1977, foron protagonistas do cambio político cara á democracia en España.
A cineasta gaditana Oliva Acosta recuperou no documental "Las Constituyentes" o traballo das senadoras e congresistas que participaron activamente no debate e desenvolvemento da actual Constitución. Acosta quixo reivindicar así o papel de nais da Carta Magna destas mulleres que narran a través dos 70 minutos de duración desta longametraxe as dificultades e satisfaccións que atoparon desde a súa perspectiva de xénero. Este documental chega aos cines o 14 de decembro.
Vía el diario.es
30/11/12
6 DE DECEMBRO. DÍA DA CONSTITUCIÓN
Aquí deixámosvos a magnífica Unidade Didáctica elaborada por Ana López Sampedro, a nosa compañeira e profesora de filosofía.
23/11/12
19/11/12
20 de novembro: Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e das Nenas
Vídeo de Indígenas sin Fronteras
24/10/12
14/02/12
10/12/11
10 de decembro - Día dos Dereitos Humanos

63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.
Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.
Mais aínda así cabe pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.
E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"

* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.
Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!
Se queredes unirvos á iniciativa de Álbumes para o Bubisher, só tedes que poñer os vosos datos xunto ao resto das Bibes Galegas.
Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)
01/12/11
1 decembro - Día Mundial da Loita conta a SIDA
Hoxe celébrase o 30 aniversario do descubrimento do virus do SIDA (VIH). Con este día o que se conmemora é un chamamento á acción para axudar a erradicar esta enfermidade.
Desde a plataforma ONE, invítannos a utilizar a nova ferramenta dixital 2015quilt.com, unha peza ou mural de arte urbana para que através dela, podamos achegar o noso graniño de area ou a nosa pequena mostra de apoio para loitar por un fito histórico: unha nova xeración SEN SIDA en máis de 30 anos. Este é o vídeo da campaña:
Moitos famosos uníronse a esta campaña. Annie Lennox, Kate Hudson, Gisele Bundchen e outros moitos famosos xa participaron na creación dun marco para ser engadido no gran mural de 2015 QUILT (quilt significa edredón en inglés). Anímate a participar creando o teu propio marco para engadilo a este grandísimo panel.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas










