Amosando publicacións coa etiqueta Celso Emilio Ferreiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Celso Emilio Ferreiro. Amosar todas as publicacións

16/12/12

100% CEF



O poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro amósase coa estrea da longametraxe documental “100% CEF”, dirixida por Aser Álvarez e con Luís Tosar como protagonista, interpretando o escritor nas  súas paisaxes e tecleando nunha vella máquina de escribir. Este traballo audiovisual, que ve a luz xusto cando fai os 100 anos do nacemento de Celso Emilio, pecha os actos de conmemoración do centenario dunha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX.

    O documental, gravado en Celanova, Acevedo, Vigo, Pontevedra, Santiago, Asturias e Ourense, está baseado en máis de 50 entrevistas, colaboracións artísticas, lecturas de poemas e musicacións que axudan a debuxar un retrato contemporáneo do escritor. A complexidade e amplitude da figura de Celso Emilio é reconstruída a través de entrevistas con familiares, expertos, historiadores, literatos e amigos e conta coa participación de persoas anónimas e coñecidas que recitan, len, rapean e cantan os seus poemas.
    
“100% CEF” é o resultado dun intenso traballo de investigación e achega á vida e obra do poeta. Este retrato poliédrico do autor de “Onde o mundo se chama Celanova” faise a través da conversa cos seus fillos, Isabel e Luís; os seus biógrafos, Xesús Alonso Montero e Ramón Nicolás; o seu amigo e paisano, o actual presidente da RAG, Xosé Luis Méndez Ferrín; Xosé Neira Vilas, Suso de Toro ou Xosé María Álvarez Cáccamo, entre outros. Os poemas chegan pola voz de cantantes como Luís Emilio Batallán, Xiana Lastra e Mini e Mero, pero sobre todo co punk dos Labregos do Tempo dos Sputniks e co rap máis contemporáneo de Ferriman, Nuno e Fred. O documental tamén conta coa colaboración de artistas como Baldo Ramos, Francisco Leiro, Manolo Paz ou Baldomero Moreiras.

26/01/12

Un poema para a paz

                                                                   




LIBREMENTE

Nós queríamos libremente

comer o pan de cada día. Libremente

mordelo, masticalo, dixerilo sin medo,

libremente falando, cantando nas orelas

dos ríos que camiñan pra o mar libre.

Libremente, libremente,

nós queríamos somente

ser libremente homes, ser estrelas,

ser faíscas da grande fogueira do mundo,

ser formigas, paxaros, miniños,

nesta arca de Noé na que bogamos.

Nós queríamos libremente surrir,

falarlle a Dios no vento que pasa

-no longo vento das chairas e dos bosques-

sin temor, sin negruras, sin cadeas,

sin pecado, libremente, libremente,

coma o aire do mencer e das escumas.

Coma o vento.

Mais iste noso amor difícil rompeuse

-vidro de soño fráxil-

nun rochedo de berros

e agora non somos máis que sombras.
 
 
 Celso Emilio Ferreiro, Longa noite de pedra

09/02/11

Fundación Libélula


Fundación Libélula
Autora: Yashmina Hawki Aziz
Editorial: Xerais

Gladys, Helena e Laura arrastran vidas moi difíciles. Ningunha delas elixiu o pesado lastre dunhas circunstancias provocadas pola escravitude sexual, polo maltrato familiar ou pola precariedade laboral que sofren atadas de pés e mans. Serán os fíos de apoio que a avogada María Xosé Muradas e as súas compañeiras van tecendo dende o xermolo da “Fundación Libélula” de axuda ás mulleres en situación precaria os que lles permiten enxergar a posibilidade de comezar unha nova vida. Mais, a pesar das esperanzas acuñadas deberán seguir loitando, xa que as cousas ás veces empeoran antes de mellorar.

Vía Xerais

18/08/10

O Seixo, A Xesteira, O Leixoso, As Lamas de Arriba, Trascastro, A Pena do Pico, A Canceliña, o Rabistel, A Laceira, As Gallas, Monte Furado, O Seixo B


Unha vez houbo un home
que nunca dixo, meu.
Petou nas portas do mundo,
chamou no meu corazón.
Falaba con palabras
que semellaban pombas.
As cousas á súa beira
púñanse brancas.
Nascíalle nos ollos un abrente
coma un río de luz,
ou coma un mar lonxano de gueivotas.
Un bálsamo de amor
tiña aquil home
pra ista miña dor
sin nome.

21/11/09

O lóxico


Unha de dúas:

se é certo

que cada minuto

morren de fame

cen persoas no mundo,

entón é falso

aquelo de que

en todas partes

se cocen fabas.

31/08/09



A silandeira sombra sen consolo
daquil que fun, decote vai comigo.
Lonxano amor, hedra que medra e medra
dentro de min subíndome amodiño.
Aquil que fun non son, por iso estamos
xuntos os dous. Aquil que entonces era
coma un río fuxiu, pero quedouse
coma o río que pasa e sempre queda.
Fecunda sementeira o pasado,espello meu,
única vida viva,todas as cousas morren e esmorecen
somente ti, lembranza, te eternizas.
Espello meu, no que me estou ollando
:ise que agora son xa non existe.
O tempo faise estatua na saudade
e eu morro de saudades cada intre.

05/04/09


O profesor Ramón Nicolás acaba de publicar, en Xerais, Conversas con Celso Emilio Ferreiro , un libro de conversas co poeta celanovés no que ofrece unha escolma de respostas dadas por este a varias das entrevistas que lle fixeron, e que apareceron publicadas en diversos medios escritos. Ademais incluie algunhas cartas e textos do escritor.

29/01/09

Celso Emilio



"Digo bomba de fósforo.

Apenas digo nada.

Digo lombriga e larva de carne podrecida.

Digo nenos de napal,

terror de noite e de selva,

fedor de cidade e cloaca.

Fame, suor, aldraxe,

pugas de aceiro, antropofaxia.

Digo guerra bestial,

tremos de terra,

crime, lume, lava,estoupido, verdugo

e mortandade en masa.

Digo gas abafante.

Apenas digo nada.

Celso Emilio



Digo yanqui invasor,depredador de patrias.Digo plutonio, pentágono,esterco bursátil, palanca,Presidente, gasoupa,chuvia, amargura, baba.Digo petróleo, ferro,Mineral, trampa,lobo, caimán, polaris, cóbrega,miseria, diplomacia.Digo devastación que USA, usa.Apenas digo nada.Digo Vietnam i está xa dito todocunha soa palabra.Pra abranguer a vergonza do mundo,digo Vietnam e basta."

29/12/08

Olla meu irmao


Olla meu irmao honrado, o que acontece con Daniel
Os que o tiñan desterrado agora falan ben del
O palurdo de alma lerda
O tendeiro desertor
O vinculeiro da merda, disfrazado de señor
O lerdo carca refrito, o monifate de entroido
O aprendiz de señorito, marqués de quero e non poido
O badoco endomingado
O franquista pousafol
O forricas desleigado, o pequeño burgués mol
O devoto do onanismo
O feligrés de pesebre
O tolleito de cinismo, o que dá gato por lebre
O rateiro do peirao
O refugallo incivil
Válense de Castelao
para esconder a caste vil
Escoita puto nefando
Criado na servidume
Non pasará o contrabando
dese teu noxento estrume
Grotesco escriba sandez
Inxertado nun raposo
Castelao nunca foi teu,
porque Castelao é noso
I anque a ti che importe un pito
Sabrás que é cousa sabida
Que estás incurso en delito
de apropriación indebida.
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas