Amosando publicacións coa etiqueta Actividades. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Actividades. Amosar todas as publicacións

17/05/24

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2024

       A autora á que está dedicada este ano a festa das letras é  Luísa Villalta.  Con ela son seis as mulleres homenaxeadas no Día das  Letras Galegas. As anteriores foron Rosalía de Castro (1963),  Francisca Herrera (1987), María Mariño (2007), María Victoria Moreno (2018) e Xela Arias  (2021). A necesaria visibilidade do traballo creativo feminino vai paseniñamente ocupando o lugar que merece.



No noso centro contribuímos coa nosa pequena achega a esta celebración colectiva cunha serie de actividades realizadas  polo Equipo de Dinamización en colaboración con diferentes departamentos. Velaquí unha pequena mostra das mesmas.









16/05/24

A CELEBRACIÓN DO DÍAS DAS LETRAS GALEGAS


 Na véspera do 17 de maio, parte do alumnado de 3.º ESO fixo unha breve presentación sobre a historia das Letras Galegas ante os seus compañeiros e compañeiras de 1.º e 2.º ESO e FP.



01/11/17

A NOSA BIBLIOTECA


    Para celebrar o Día da Biblioteca queremos deixar constancia dunha pequena mostra das actividades que se desenvolven a cotío neste espazo tan especial. A nosa pretensión é que este sexa cada vez máis un punto de encontro integrador  reforzando o seu carácter multidisciplinar.


    







       
    
    
     Seleccionamos unha serie de imaxes que van dende as recomendacións lectoras que nos ofrecen membros da nosa comunidade (persoal non docente, alumnos e profesores),  pasando polos obradoiros de publicidade ou a formación de usuarios, ata a elaboración e  montaxe de exposicións de temáticas variadas.
    


            Na nosa biblioteca lemos o xornal, buscamos películas, estudamos, lemos, intercambiamos experiencias lectoras, mantemos encontros con escritores, realizamos entrevistas, gravamos vídeos... e, sobre todo, compartimos o interese por gozar dun espazo que nos  une e identifica.


A NOSA BIBLIOTECA on PhotoPeach

23/03/17

VENRES - XXIV SEMANA CULTURAL

Venres, 24 de marzo
 
08:45 – 09:35
Concerto
A cargo de alumnado do centro
Alumnado: 3º, 4º ESO e 1º BAC
Lugar: Salón de Actos

09:35 – 10:25
“Investigación e informática”
Relatora: Dra. Beatriz Remeseiro López. Investigadora Universidade
de Barcelona
Alumnado: CM de Informática, FPB Admin., 4º ESO Inf. e 1º BAC
Lugar: Aula de Música

10:45 – 12:25
“Vehículo de gasolina adaptado para o funcionamento con
hidróxeno”

Relator: José Antonio Barros Folgueira, Profesor Técnico
Alumnado: de Automoción CM e FPB
Lugar: Taller de Automoción
****************************************************************
”Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo”
Relator: Dr. Xurxo Mariño Alfonso. Neurocientífico
Alumnado: 1º e 2º BAC
Lugar: Salón de Actos

11:35 – 13:35
Obradoiro “E ti, sabes ler... publicidade”
Equipo de Biblioteca
Alumnado: 2ª metade 1º ESO “A”
Lugar: Biblioteca

12:45 – 14:25
“As infeccións multirresistentes e a ameaza da medicina a curto
prazo”

Relator: Dr. Germán Bou Arévalo. X. S. Microbioloxía do CHUAC.
Alumnado: 4º ESO, 1º e 2º BAC
Lugar: Salón de Actos

13:35 – 14:25
“Intelixencia emocional”
Relator: Guillermo Amor Roca. Medicina Natural
Alumnado de Psicoloxía de 2º BAC
Lugar: Aula de 2º BAC B





            ACTO DE CLAUSURA DA XXIV SEMANA CULTURAL DO IES DE CURTIS

22/03/17

XOVES - XXIV SEMANA CULTURAL

Xoves, 23 de marzo
 
08:45 – 10:25
Proxección da película “A lingua das bolboretas”
Alumnado: 4º ESO e 2º FPB
Lugar: Aula de Música

10:45 – 11:35
“Montaxe de motor en tempo récord”
Relatores: Alumnado de 2º de CM de Electromecánica de
vehículos
Alumnado: 4º ESO e FPB
Lugar: Patio cuberto

10:45 – 12:25
Obradoiro “E ti, sabes ler... publicidade”
Equipo de Biblioteca
Alumnado: 1ª metade 1º ESO “A”
Lugar: Biblioteca
****************************************************************
“Reprogramación de unidades de control electrónico”
Relator: Juan José Piñeiro Filgueiras, Profesor Técnico de FP
Alumnado: CM e FPB de Automoción
Lugar: Taller de Automoción

11:35 – 12:45
“Montaxe de motor en tempo récord”
Relatores: Alumnado de 2º de CM de Automoción
Alumnado: 1º BAC e CM Electromecánica de vehículos
Lugar: Patio cuberto

12:45 – 14:25
"Apagado ou fóra de cobertura. Os dereitos da mocidade a
exame"

Relator: Luís Villares Naveira. Xuíz
Alumnado: 4º ESO, 1º e 2º BAC
Lugar: Salón de Actos
****************************************************************
“Enerxías alternativas eléctricas en Oroso”
Relator: José Luís Grela Mirás. Técnico electricista e
Telecomunicacións
Alumnado: Ciclos, FPB, 1º e 2º BAC de Tecnoloxía
Lugar: Aula de Música

21/03/17

MÉRCORES - XXIV SEMANA CULTURAL

Mércores, 22 de marzo
 
08:45 – 09:35
Concerto
A cargo de alumnado do centro
Alumnado: 1º, 2º ESO e 1º FPB Auto
Salón de Actos

09:35 – 10:25
“A profesión de profesor”
Relator: Xosé A. Armas Castro. Profesor USC
Alumnado: 1º BAC
Lugar: Aula de Música

10:45 – 12:25
“O deseño como impulso da innovación”
Relatores: José Ramón Méndez Salgueiro, Dir. Esc. Deseño
Industrial e Alberto Rodríguez Montiel, Enxeñeiro Técnico
Alumnado: C.M. de Informática e Automoción e alumnado de
4º ESO A e 1º e 2º BAC de Tecnoloxía
Lugar: Salón de Actos
****************************************************************
“Iniciación ó deporte da orientación”
Relatoras: María Gómez e Elena Lourido. Profesoras
Alumnado: 1º ESO
Lugar: Exterior e Pavillón polideportivo

12:45 – 14:25
“Roborratas, cyborgs e posthumanos”
Relator: Dr. José Ramón Amor Pan. Profesor e articulista
Alumnado de 4º ESO e 1º BAC
Lugar: Salón de Actos
****************************************************************
“A danza das palabras”
Relator: César Morán Fraga. Profesor e músico
Alumado: 2º e 3º ESO
Lugar: Aula de Música
Lingua

20/03/17

MARTES - XXIV SEMANA CULTURAL

Martes, 21 de marzo
 
08:45 – 10:25
Proxección da película “A esmorga”

Alumnado: 2º BAC
Lugar: Aula de Música
****************************************************************
“Medrando a carón da estación”
Asociación Amigos de Curtis "Os Quenllos"
Alumnado: 3º e 4º ESO
Lugar: Salón de Actos

10:45 – 12:25
“A mellor maneira de facer que a morte non sexa tan inútil é a
doazón dos órganos e tecidos......Para que outros vivan”

Relator: Dr. Antón Fernández García. Coordinador de transplantes
do CHUAC
Alumnado: 3º e 4º ESO
Lugar: Salón de Actos
****************************************************************
“Sistemas de axuda á condución”
Relatores: Profesorado de Automoción.
Alumnado: CM e FPB de Automoción.
Lugar: Exterior
****************************************************************
Obradoiro “E ti, sabes ler... publicidade”
Equipo de Biblioteca
Alumnado: 2ª metade 1º ESO “B”
Lugar: Biblioteca

12:45 – 14:25
“Masterclass Música”
Relator: Alejandro G. Ugarte. Músico
Alumnado de Música
Lugar: Aula de Música
****************************************************************
“Iniciación ó deporte da orientación”
Relatoras: María Gómez e Elena Lourido. Profesoras
Alumnado: 2º ESO
Lugar: Exterior e Pavillón polideportivo

19/03/17

LUNS - XXIV SEMANA CULTURAL

Luns, 20 de marzo
 
09:35 – 10:25
“A nosa cara e expresión facial como medio de comunicación.
Unha aproximación estética e facial do século XXI”

Relator: Dr. José M.ª Suárez Quintanilla. Profesor USC
Alumnado: 1º BAC
Lugar: Salón de Actos

10:45 – 12:25
“O traballo dunha axudante de dirección nas series de
televisión”

Relatora: Sabela Pillado Villaronga. Axudante de dirección
Alumnado: 3º, 4º ESO e FPB de Administrativo
Lugar: Salón de Actos
****************************************************************
Obradoiro de escritura cuneiforme
Relator: Pedro Blanco Rubio. Profesor universitario
Alumnado: 2º ESO
Lugar: Aula de Música
****************************************************************
Obradoiro “E ti, sabes ler... publicidade”
Equipo de Biblioteca
Alumnado: 1ª metade 1º ESO “B”
Lugar: Biblioteca

12:45 – 14:25
“Patrimonio cultural da nosa comarca”
Relator: Ángel Mª. Corral Coira. Profesor
Alumnado: 1º e 2º BAC
Lugar: Aula de Música
****************************************************************
“Violencia de xénero”
Relator: Roberto Barba Alvedro. Xuíz
Alumnado de 3º, 4º ESO e FPB
Lugar: Salón de Actos
****************************************************************
Obradoiro de escritura cuneiforme.
Relator: Pedro Blanco Rubio. Profesor universitario
Alumnado de Grego
Lugar: Aula 2º BAC “B”

16:20 – 18:00
“Desde a miña experiencia”
Relatora: Isabel Risco. Actriz
Alumnado de 3º, 4º ESO e 1º BAC
Lugar: Salón de Actos

24/04/15

Motortec 2015

Visita dos Departamentos de Automoción e Administrativo do IES de Curtis á Feira Motortec, celebrada no recinto ferial de Ifema en Madrid, o 13 de marzo de 2015.


BATUCADA FUSQUENLLA - Semana Cultural 2015

Actuación da Batucada Fusquenlla de Curtis na XXII Semana Cultural do IES de Curtis

17/04/15

El motor de la Historia

Visita dos Departamentos de Automoción e Administrativo á exposición "El motor de la Historia", organizada pola Fundación Jorge Jove en Expocoruña, o día 9 de abril de 2015.


 

08/02/15

Teatro e cinema



O pasado 27 de xaneiro o departamento de Lingua Galega organizou unha saída a Santiago de Compostela para o alumnado de segundo ciclo  da ESO.

Acompañados por catro profesoras,  asistimos a unha representación a cargo da compañía de teatro Thalía. A obra,  Bicos con lingua, era  unha reflexión en clave de humor sobre  a realidade do galego.  Presentaron diferentes situacións da vida cotiá nas  que  deixamos de falar a nosa lingua cando cremos que non ten o suficiente prestixio para tratar co noso interlocutor, por pensar que o castelán  é máis fino ou para parecer máis cultos.  O obxectivo da obra é facernos reflexionar sobre a riqueza da nosa cultura e o fermoso léxico que posúe a nosa lingua e que recolle, basicamente,  a nosa identidade.
Logo de saír do teatro, desprazámonos  á Cidade da Cultura. Alí puidemos contemplar unha interesante exposición, Cinegalicia25 que  conmemora o vinte e cinco aniversario da estrea das  consideradas como as tres primeiras longametraxes de ficción galega: Sempre Xonxa de Chano Piñeiro, Continental de Xavier Villaverde e Urxa de Carlos A.L. Piñeiro e Alfredo García Pinal. Explicáronnos a traxectoria da televisión e do cinema nos últimos vinte e cinco anos como parte da nosa cultura. Ademais das longametraxes mencionadas atopamos paneis audiovisuais sobre A lingua das bolboretas, Pradolongo. O Apóstolo…Tamén tivemos a oportunidade de acceder a información sobre  series televisivas como Pratos
combinados, Matalobos ou O Faro, entre moitas outras.  A algúns ata nos deu tempo a fotografarnos cos famosos… 

                                                                                    
                                                                                                        
Brenda Pérez Rodríguez 4º ESO B

07/12/14

Concurso de Postais de Nadal

Colle o aguzalapis, prepara as cores e dálle renda solta á imaxinación para participar no Concurso de Postais de Nadal. 
En breve subiremos as bases completas, pero adiantámosche que a técnica é libre (acuarela, carbón, lapis de cores, collage...) e o prazo de presentación remata o 16 de decembro.

16/06/14

Concellos de Galicia



Autor: David Ansede, 1º ESO A


Autora: Tatiana López, 1º ESO B


Autor: Angel Nicolás Dopazo, 1º ESO B

25/04/14

Selección de Actividades Dinamizadoras de Centros: Prezzi de Mª José Martínez Paz

     A Secretaría Xeral de Política Lingüística, co fin de difundir a figura e o legado de Díaz Castro entre a comunidade educativa dos diferentes niveis de ensino non universitario, pon á disposición dos centros escolares diversos materiais.

    Entre eles, e dentro das Actividades Dinamizadoras dos Centros, foi seleccionada a actividade realizada por Mª José Martínez Paz, alumna de 2º de bacharelato do noso centro. 

Parabéns Mª José





03/04/13

Visita ao Museo Eduardo Barreiros (Madrid)

Imaxes da visita realizada o 14 de marzo polo alumnado de 1º e 2º curso dos Ciclos de Automoción e Administrativo ao Museo Eduardo Barreiros.

Dende aquí queremos expresar o noso agradecemento á Fundación Eduardo Barreiros  pola súa invitación e marabillosa acollida.


Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas