Amosando publicacións coa etiqueta Fernández Paz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fernández Paz. Amosar todas as publicacións

21/06/09

Fernández Paz recibiu a Letra E da AELG



Interviron no acto o presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias, a secretaria xeral da AELG, Mercedes Queixas, e o propio homenaxeado. A continuación, o Centro Cultural Recreativo de Vilalba acolleu a entrega da Letra E, unha peza escultórica realizada por Silverio Rivas. Fernández Paz súmase así á nutrida nómina de homenaxeados, na que tamén figuran Bernardino Graña, Avilés de Taramancos, Manuel María, María Xosé Queizán, Neira Vilas, Xosé Chao Rego ou Manuel Lourenzo.

http://www.xornal.com/artigo/2009/06/20/cultura/agustin-fernandez-paz-aspiro-chegar-todos-lectores-estou-marca/2009062001562075150.html

20/06/09

Libros para o veran



.S.B.N.: 9788497825566
Lúa do Senegal
Agustín Fernández Paz
Editorial: Edicións Xerais Año: 2009 Páginas: 200
Formato: Rústica
Precio: 8.50 €
Lúa do Senegal está dedicada ,entre outros, “a Ousmane Sembène, mestre”
É unha novela sobre a emigración que narra en primeira persoa a historia dunha rapaza de 1o anos, Khoedi, que ten que vir do sur de Senegal , Casamence,porque o pai levaba uns anos en Vigo e pide a reagrupación familiar. O que conta Agustín no libro é o proceso de adaptación da nena desde que chega ata que comeza o primeiro día de clase. a vida é dura para Khoedi: non coñece a ninguén e todo lle resulta diferente. Está en Europa, mais a súa cabeza e o seu corazón continúan en África. O único lazo entre a nova realidade e o mundo que deixou atrás é a Lúa que brilla no ceo polas noites, que serve, ademais, para marcar o paso do tempo.
Khoedi é unha contadora de historias. Foi a súa avoa a persoa que lle aprendeu esa arte, ese gusto por inventar historias e contalas en voz alta.
A novela fala do desarraigo e do conflito emocional que supón ter que comezar desde cero nun lugar do que nada se coñece, Aínda que o tema é a emigración, non está abordado desde un punto de vista sociolóxico, senón o que predomina é o feito de cambiar de cultura, de lingua, de casa, de paisaxe... Todo é diferente, menos a lúa. De aí o título.

06/04/09

Lendo /Lido


Corredores de sombra fala dun esqueleto descuberto nunhas obras de restauración do pazo pertecente á familia da narradora. E ainda que o final adiviñase sen problemas deseguida, a lectura é agradable e manten o interés hasta o final .Ten un desenvolvemento perfecto, silandeiro, coma as tardes que pasa a protagonista no seu mirador, en silencio, lendo. Case semella que estamos vivindo todo canda ela.Agustin Fernandez Paz fai sempre unhas personaxes estupendas. Ainda que os seus libros son curtos, sabe que rasgo de identidade dar a coñecer en cada intre para que asi nós sexamos os que adiviñemos o resto. Igualiño que coma cando se coñece a alguen.Isto provoca que cando rematamos o libro, os botemos a faltar.E bueno, este libro cumple con todo iso, claro. Ademais de tratar os segredos de familia, o madurar dunha rapaza, as vidas nos pobos, a Guerra Civil, as tradicións…
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas