![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjxqMDB1OvdjYXGzCe4kGStdvwJTBSoAePnV_T44vCw_ZLSSiNDMebdtytOpHcrYR54VQulYGbU1UznoN5vYtXKW7VUgXI4TgNkOgqsZp0R0CjNQ_1lWAKjGogPYLitVJxqn0h9nJhJH8c/s400/marroquis.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhEp6Jh4yPjyht5ucisu1nCD1zwfxajOml-Iqclnti6CQ_bCMTGmo5pUOpX-UScWLcrxZb2WMA5gW1FJOtsed_vAp2GFeC7b4-EvWzu_nfVFMpSZFFTCriEPkkfc0l0XG3SqgsoZu7fPR4/s400/ollos+de+agustin.jpg)
.S.B.N.: 9788497825566
Lúa do Senegal
Agustín Fernández Paz
Editorial: Edicións Xerais Año: 2009 Páginas: 200
Formato: Rústica
Precio: 8.50 €
Lúa do Senegal está dedicada ,entre outros, “a Ousmane Sembène, mestre”
É unha novela sobre a emigración que narra en primeira persoa a historia dunha rapaza de 1o anos, Khoedi, que ten que vir do sur de Senegal , Casamence,porque o pai levaba uns anos en Vigo e pide a reagrupación familiar. O que conta Agustín no libro é o proceso de adaptación da nena desde que chega ata que comeza o primeiro día de clase. a vida é dura para Khoedi: non coñece a ninguén e todo lle resulta diferente. Está en Europa, mais a súa cabeza e o seu corazón continúan en África. O único lazo entre a nova realidade e o mundo que deixou atrás é a Lúa que brilla no ceo polas noites, que serve, ademais, para marcar o paso do tempo.
Khoedi é unha contadora de historias. Foi a súa avoa a persoa que lle aprendeu esa arte, ese gusto por inventar historias e contalas en voz alta.
A novela fala do desarraigo e do conflito emocional que supón ter que comezar desde cero nun lugar do que nada se coñece, Aínda que o tema é a emigración, non está abordado desde un punto de vista sociolóxico, senón o que predomina é o feito de cambiar de cultura, de lingua, de casa, de paisaxe... Todo é diferente, menos a lúa. De aí o título.
Agustín, coma Paco Martín, coma Xabier P. Docampo, amigos, chairegos (uns máis que outros) e compañeiros de xeración os tres, esa que Manuel Bragado deu felizmente en chamar “Xeración Lamote”. A débeda que temos contraída con eles é impagábel.A cidade dos desexos abriu en 1989 unha carreira, a do vilalbés, inzada de premios.
ResponderEliminarAs flores radiactivas, Cos pés no aire e Corredores de sombra son algúns dos títulos que fan grande a un autor apreciado e querido, que recibe centos e centos de cartas deses mozos e mozas que fixeron de Cartas de inverno un fito da nosa literatura con case setenta mil exemplares vendidos en lingua galega. Contos por palabras, unha marabilla, supuxo o seu recoñecemento internacional ao ser incluído na listaxe de honra do IBBY en 1992, igual que Aire negro, escollido de novo polo IBBY en 2001 e pola Jugenbibliothek de Munich que outorga os prestixiosos White Ravens. Cando lle concederon o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil o ano pasado polo seu volume de relatos O único que queda é o amor, Santiago Jaureguizar deulle a volta á noticia no seu blog: o importante non era que Agustín gañara o Nacional, senón que o Nacional gañara a Agustín. Non lle faltaba razón. Era o premio o que ficaba honrado ao acollelo na súa listaxe de vencedores, ao destacar un escritor cuxa ausencia case resultaba escandalosa.