Amosando publicacións coa etiqueta Mochilas Viaxeiras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mochilas Viaxeiras. Amosar todas as publicacións

12/11/18

AS MOCHILAS VIAXEIRAS REINICIAN A SÚA ANDAINA

  

      Chegan, outro ano máis, as mochilas viaxeiras que xa quedan á disposión do alumnado como proposta de lectura para toda a familia, co fin de aproveitar conxuntamente o tempo de lecer.  Novamente, a continuidade deste proxecto permitirá levar libros e material diverso á casa, durante 30 días. Dentro de cada mochila poderedes atopar: novela xuvenil, novela de adultos, cómic, revista, películas e un libro de divulgación.



 
 
     
    Esperamos que gocedes destas lecturas que viaxan e que conforman o afecto e a experiencia común do acceso ao coñecemento!!!


14/12/17

MOCHILAS VIAXEIRAS

     Por fin chegan as mochilas viaxeiras que xa quedan á disposión do alumnado como proposta de lectura para toda a familia, co fin de aproveitar conxuntamente o tempo de lecer.  Será posible levalas á casa durante 21 días; son uns materiais pensados para reforzar o vínculo entre familia e escola no seu labor común de formación dos lectores e das lectoras máis novos. Entre os seus compoñentes destacan: unha novela xuvenil, unha novela de adultos, un cómic, unha revista,dúas películas e un libro de divulgación.

  
       Esperamos que gocen destas lecturas que viaxan e que levan consigo o afecto e a experiencia común do acceso ao coñecemento.



17/12/10

MOCHILAS VIAXEIRAS LISTAS PARA O NADAL

Xa están a vosa disposición na Biblioteca Sarmiento as MOCHILAS VIAXEIRAS, para que gocedes delas vós e as vosas familias. En cada mochila hai unha selección de material para que todos poidades pasar momentos entretidos coa lectura. Tamén hai un caderno no que todos os membros da familia poderán facer apuntamentos sobre a actividade, engadir suxerencias, comentarios das lecturas…


O compromiso de todos nós a coidar do material axudará ao bo funcionamento da actividade.

Por certo, no taboleiro exterior da biblioteca e aquí, no blog, podedes consultar o contido de cada mochila.

Esperamos que sexan do voso agrado!

QUE PODEDES ATOPAR NAS MOCHILAS VIAXEIRAS?

Mochila 1
El juego del ángel, CARLOS RUIZ ZAFÓN
DVD Pradolongo, IGNACIO VILAR
Ciudades en el tiempo: Pompeya, RICHARD PLATT
As aventuras de Tom Sawyer, MARK TWAIN
O único que queda é o amor, AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
El mal trago de Obelix, GOSCINNY E UDERZO
National Geographic, Noviembre 2010


Mochila 2
Lo que esconde tu nombre, CLARA SÁNCHEZ
DVD Oliver Twist, ROMAN POLANSKI
Me pregunto por qué los roamnos llevaban toga, FIONA MACDONALD
Historias para ler á noite, PACO MARTÍN
Asterix e Cleopatra, GOSCINNY E UDERZO
Revista Casa Nova nº 8
National Geographic, Septiembre 2010



Mochila 3
Mil soles espéndidos, KHALED HOSSEINI
DVD Guantanamera, TOMÁS G. ALEA
25 Poemas ilustrados, MIGUEL HERNÁNDEZ
Mitos e lendas da vella Grecia, ANISIA MIRANDA
Cousas, CASTELAO
Asterix o Galo, GOSCINNY E UDERZO
Revista Casa Nova nº 9
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas