17/12/10

MOCHILAS VIAXEIRAS LISTAS PARA O NADAL

Xa están a vosa disposición na Biblioteca Sarmiento as MOCHILAS VIAXEIRAS, para que gocedes delas vós e as vosas familias. En cada mochila hai unha selección de material para que todos poidades pasar momentos entretidos coa lectura. Tamén hai un caderno no que todos os membros da familia poderán facer apuntamentos sobre a actividade, engadir suxerencias, comentarios das lecturas…


O compromiso de todos nós a coidar do material axudará ao bo funcionamento da actividade.

Por certo, no taboleiro exterior da biblioteca e aquí, no blog, podedes consultar o contido de cada mochila.

Esperamos que sexan do voso agrado!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas