Amosando publicacións coa etiqueta Curtis. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curtis. Amosar todas as publicacións

17/01/19

XIV PREMIO DE NARRACIÓN CURTA CONCELLO DE CURTIS


     Un ano máis o concello de Curtis convoca unha nova edición do certame literario. A información completa sobre as modalidades e premios pódese consultar  no seguinte enlace.
    Animádevos a participar!
 

25/10/11

VIII Premio de Narración Curta do Concello de Curtis "HAPPY CURTIS , cóntanos o día máis feliz da túa vida"

BASES:

1. Convócase o VIII Premio de Narración Curta do Concello de Curtis "HAPPY CURTIS , cóntanos o día máis feliz da túa vida".

2. Os traballos presentados deberán estar escritos en lingua galega.

3. Os textos deberán ser orixinais, inéditos, e non premiados en ningún outro certame.

4. Deberán enviarse escritos en formato word e cunha extensión comprendida entre os 3000 e os 5000 carácteres (espazos incluídos).

5. Enviaranse á seguinte dirección de correo electrónico: happycurtis@concellodecurtis.org. Achegarase no arquivo unha última folla que conteña unha copia do DNI, enderezo, teléfono de contacto, e a categoría á que pertence.

6. A data límite de entrega é o 30/11/2011.

7. Establécense dúas categorías:

1.1A. Dos 12 ós 18 anos.

2.1B. Dos 19 anos en diante

e dous premios en metálico para cada categoría:

1.Categoría A:
Primeiro premio de 200 euros
Segundo premio de 100 euros

Categoría B:
Primeiro premio de 350 euros
Segundo premio de 150 euros

8. En calquera das categorías o premio poderá quedar deserto se o xurado considera que os presentados non acadan un mínimo de calidade.

9. Os traballos que non cumpran as presentes bases quedarán fóra de concurso.

10. O xurado estará composto por membros de recoñecido prestixio dentro do mundo da cultura, a lingua e as letras.

11. Os traballos premiados pasan a ser propiedade do Concello de Curtis, que se reserva o dereito de publicación a través dos medios que considere oportunos e sen afán de lucro.

12. A presentación das obras supón a aceptación destas bases.

Para calquera dúbida, escribir ó correo electrónico do certame: happycurtis@concellodecurtis.org ou chamar ó 651046603.

29/11/10

Curtis, Xavier Rguez. Baixeiras

Quero escribir o nome: Café-Expres. Está en Curtis. 
Curtis...Alá polo ano 1971 visitei tal vila en compaña dos artistas Lourdes Dans e Xusto Moreda. Pouco despois, voltei de novo, pero, por desgraza, para algo ben diferente: o enterro de Lourdes, aquela gran muller, magnífica esmaltista, irmá da pintora María Antonia. Lourdes, coma Xusto, eran, sobre todo, dous amantes da vida, capaces de transmitir entusiasmo por todo o que era auténtico, sinxelo, natural. Un paseo polo campo de Curtis, unha tortilla preparada por Xusto, uns grelos apañados por Lourdes, unha empanada da vila comprada polo seu consello, un almorzo con manteiga das de entón e, finalmente, unha visita á feira representaban para min, e para calquera persoa que coma min amase a vida, todo un agasallo. Lembro que non nos decidiramos a erguirnos para a feira dos queixos por se celebrar ás “cinco da mañá”........O queixo de Curtis: punto e á parte.

Comer no Exprés vén sendo algo así como irromper na intimidade dun encontro de familia. Pero cunha diferenta: un nunca se sente culpábel .Entra, transmite o seu desexo de xantar, pide un vaso no mostrador, acompaña cuns callos, ou cunha excelente tortilla de pescada....,e , cando lle prace, entra no comedor, ou mellor, nos comedores, pois hai dous, un que debe de ser de cando se inaugurou a casa, alá polo 38, e outro moderno. Entón séntese onde se sente, é afabelmente –sen empacho, de forma natural- recibido por unha voz suave e modesta- pero profesional- que lle recita as viandas familiares: polbo, arroz con mexillóns, arroz con riles, carne asada...Pero, cando chegan,¡que polbo, que carne, que patacas...! ¡Canta verdade hai nesta cociña que, a un prezo xeneroso, nos ofrecen os irmáns Vázquez Estraviz e dona Pilar Estraviz ao pé da vella estación de Curtis!.....

                                                                                                        Diario de comidas

27/10/10

Actualidade

Diego Calvo (Delegado Territorial) dá por "cerrada" a polémica pola supresión do ciclo de Electricidade   La Voz de Galicia 27/10/2010


Os pais dos alumnos afectados: "Necesitamos apoios e non discursos políticos"   El Mundo 26/10/2010

23/10/10

Actualidade do conflito do IES

El alcalde de Curtis denuncia irregularidades en la supresión del ciclo   La Opinión 23/10/2010

O conflito do instituto de Curtis adquire tinguiduras políticas   La Voz de Galicia 23/10/2010
 
A austeridade en Curtis - Carlos Aymerich   Xornal.com

Sen comentarios

Javier Caínzos (alcalde de Curtis) solicita a alumnos, pais, profesores e dirección do IES de Curtis que cumpran con responsabilidade e dilixencia o seu labor para que «non volvamos sufrir situacións deste tipo»

La Voz de Galicia 22/10/2010

Por Carlos Aymerich. Portavoz parlamentar do BNG

“Seus fillos son uns fracasados, persoas irrecuperábeis para esta sociedade, pensan vostedes que podemos gastar recursos públicos neles cando desaproveitaron as oportunidades que se lles deron?” Quen así se despacha, diante de pais e profesores que lle reclaman a abertura do primeiro curso do ciclo medio de FP de electricidade no IESP de Curtis para o que hai alumnos matriculados, é o señor Mira Lema, director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Os aludidos son rapaces e rapazas cuxa única culpa é querer estudar e formarse e facelo na súa comarca e profesores con vontade de traballar, cuxo único pecado foi o de animar aos rapaces a se matricular no centro. “Secuestradores de alumnos”, na versión do bizarro director xeral. Desde o pasado luns un grupo de pais e nais do Instituto de Curtis están pechados no centro. E seguirán até que a Consellaría abra o ciclo de electricidade. A situación no IESP de Curtis reflicte ben a verdadeira face da austeridade do PP. Unha falsa austeridade agravada nuns orzamentos para 2011 carentes de estratexia para combater a crise, que aplican un recorte brutal ao gasto social e que teiman no reparto inxusto da carga tributaria: renúnciase a actuar sobre o tramo autonómico do IRPF para incrementar os tipos aplicábeis aos rendimentos máis altos ao tempo que se introduce un novo imposto sobre a auga que van pagar mesmo os que se abastecen de pozos particulares ou traídas comunitarias. Recortan 1.177 millóns de euros a respecto de 2010. E o reparto destre recorte ilustra as prioridades de Feijóo: o 40% do recorte, 476 millóns de euros, perpétrase nas políticas sociais. Haberá 183 millóns menos en Sanidade, 157 menos en Educación, 65 menos en Vivenda, 38 menos en Servizos Sociais e 32 menos en Emprego malia prever a propia Xunta que o paro medrará en Galiza un 2% en 2011. Máis 20.000 desempregados máis a sumar aos 40.000 que Feijoóo xa producíu desde a súa chegada ao Goberno. Outro 23% do axuste, 269 millóns, afecta ás políticas económicas e sectoriais: 126 millóns menos para o Medio Rural, 55 menos para Desenvolvemento Empresarial, 26 menos para Turismo, 24 menos para Pesca, 19 menos para Industria e 10 menos para Comercio a sumar aos 20,5 millóns (un 2% do recorte total) que a Xunta do PP minora en I+D+i e aos 56 millóns (un 5% do tesoirazo) que se lle resta a Lingua e Cultura.
Á vista destes dados caben poucas dúbidas de que o pulso que pais, nais, alumnos e profesores están librando en Curtis coa Xunta do PP vai alén dun ciclo formativo. Faise en nome dos trescentos profesores que a Xunta suprimíu este ano no ensino secundario, dos coidadores e pedagogos que faltan, dos alumnos amoreados nas aulas por riba do ratio legal, da supresión de ciclos, itinerarios e optativas. Faise, pois, en nome da defensa do ensino e dos servizos públicos en xeral. Por iso a Xunta do PP non vai ceder facilmente. Por iso os pais e nais de Curtis precisan de todo o noso apoio porque a súa batalla líbrana en nome de todos.
Ligazon ao texto no Xornal
Na Voz de Galicia


 Na imaxen Fátima Sanchez, Sara Rendal , Rita García, ex alumnas do centro na XVII Semana Cutural nos falaron de Inmortales y perfectos
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas